COPA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA -FASE PREVIA-

FASE PREVIA (PARTIDO HISTÓRICO)

FURIA – VILATUXE

MARTES 26 DE FEBREIRO, ÁS NOVE E MEDIA DA NOITE, NO CAMPO DA CAMPAÑA.

A primeira vez na historia, dende o ano 1996, que o Furia se enfronte ó equipo “arrieiro” de Vilatuxe.

Resultado de imaxes para feira dos carballiños vilatuxe

San Lourenzo de Vilatuxe é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Conta aproximadamente con 664 habitantes distribuídos en dezasete aldeas.

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/thumb/b/b0/Igrexa_de_San_Lourenzo_de_Vilatuxe%2C_Lal%C3%ADn.JPG/300px-Igrexa_de_San_Lourenzo_de_Vilatuxe%2C_Lal%C3%ADn.JPG

San Lourenzo de Vilatuxe, arciprestado de Deza – Trasdeza, dioceses de Lugo.                                                                                                                                                        Está situada na parte leste da Serra do Candán, concretamente entre Forcarei e Lalín, na ruta do camiño dos arrieiros que se dirixían a Santiago procedentes do Ribeiro, por iso a súa economía estaba baseada nos mercados, nas pousadas e na fabricación de queixos e manteigas.

A Serra do Candán estendese polos concellos de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo. Entre as súas cimas destacan o Alto de San Bieito, O Coco, Seixos Brancos, Chamor e o Alto de San Sebastián. Tratase dunha serra de baixa altitude xa que tan só un monte supera os 100 metros.

Imaxe relacionada

Unha imaxe ó “chou” da Serra do Candán.

Houbo unha importante feira, a feira dos Carballiños, que desapareceu nos anos corenta. En 2010 retomouse esta feira celebrándose anualmente o segundo domingo de maio, recuperáronse antigas tradicións e hai mercado de artesáns e feira ao xeito tradicional.

Resultado de imaxes para feira dos carballiños vilatuxe

Esta feira é unha das mais importantes da comarca ambientada nos anos 60. As veciñas, veciños e visitantes deberán acudir ós Carballiños vestidos de época.

  

Cantar da Feira dos Carballiños.

Imaxe relacionada

O Vilatuxe F.C. está participando no grupo 5 da segunda autonómica; está clasificado no posto 17 con 19 puntos.

A COPA DEPUTACIÓN É NOSA…ALA FURIA!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *