TERCEIRA GALEGA

OLEIROS (3º CLS. 40 PTOS.)

FURIA (4º CLS. 40 PTOS.)

DOMINGO 24, ÁS CINCO DA TARDE, NO CAMPO DA TRINIDÁ  DE OLEIROS.

                                                                                                          San Martiño de Oleiros é a única das nove parroquias que compoñen o concello de Riveira que non dá co mar.

Aparte do fútbol, San Martiño de Oleiros é sobradamente coñecido por levantarse no seu territorio un dos monumentos funerarios megalíticos mais importantes de Galicia: “O Dolmen de Axeitos”.

Dolmen-de-Axeitos

O Dolmen de Axeitos tamén é coñecido polo nome de “A Pedra do Mouro”.

No Barbanza, para falar de agocharse ou de mirar para outro lado, úsase moito o término “foi dar unha volta pola Pedra do Mouro”. Perderse pola Pedra do Mouro e moi similar a “irse polos cerros de Úbeda”.

Resultado de imaxes para ubeda

Casa do concello de Úbeda (Xaén) -patrimonio da humanidade-, que conta con 24.655 habitantes aproximadamente.

Mais, que pasa con “irse polos cerros de Úbeda”?

Batalla de las Navas de Tolosa, por Francisco van Halen.jpg

Batalla de Las Navas de Tolosa, óleo de Van Halen exposto no pazo do Senado (Madrid).

Poucos anos despois da importante batalla das Navas de Tolosa e tan só a unhas ducias de quilómetros máis ó sur de España, tivo lugar outro enfrontamento en Úbeda entre os cristiáns e os almohades. Exactamente en 1233 loitaron ambos exércitos e, ademais de morrer centos de persoas, tivo lugar un curioso feito que pasaría á historia en forma de frase popular.

Xusto antes de comenzar o combate, un dos altos mandos do rei Fernando III, o Santo, Álvar Fáñez, coñecido como “o Mozo” desapareceu sen que ninguén supera onde fora. Horas máis tarde, unha vez conquistada a cidade e pasado o perigo da loita “o Mozo” reapareceu e ó preguntarlle o rei onde carallo se metera durante a contenda contestou que se perdera nos cerros de Úbeda.

Fernando III de Castilla 02.jpg

O rei Fernando III de Castela, representado no Tumbo A ou Índice dos Privilexios Reais de Santiago de Compostela.

Fernando III, alcumado “o Santo”, foi fillo do rei Alfonso IX de León e da raíña Berenguela I de Castela. Durante o seu reinado reunificáronse definitivamente os reinos de León e Castela e foron conquistadas a os musulmáns as cidades de Xaén, Córdoba, Sevilla e Murcia, entre outras. Faleceu en 1252 e foi sucedido polo seu  fillo, Alfonso X o Sabio. En 1671 foi canonizado polo Papa Clemente X e os sus restos mortais, que se conservan incorruptos, venéranse na catedral de Sevilla.

A polos tres puntos…ALA FURIA!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *