TERCEIRA GALEGA

DODRO (8º CLAS. 34 PTOS.)

FURIA (5º CLAS. 43 PTOS.)

DOMINGO 14, ÁS CINCO DA TARDE, NO CAMPO MUNICIPAL DE CHENLO (TARRÍO – LAÍÑO – DODRO).

No concello de Dodro, aparte do equipo de fútbol, existen unha serie de figuras de renome transfronteirizo.

Eusebio Lorenzo Baleirón.JPG

Pintada nas paredes do C.P.I. Eusebio Lorenzo Baleirón que representa ó escritor de Dodro.

Hoxe falaremos de Eusebio Lorenzo Baleirón. Eusebio Lorenzo Baleirón, nado en San Xulián de Laíño (Dodro) o 25 de xaneiro de 1962 e finado o 14 de decembro de 1986 tamén en Dodro, foi un escritor galego. Era irmán do tamén escritor Manuel Lorenzo Baleirón.

No décimo aniversario da súa morte editouse a súa obra poética completa: Gramática do silencio. Obra poética. Así mesmo, en 2000 saíu á luz Antología Poética, unha antoloxía bilingüe (galego-español) baixo o coidado de Ánxeles Penas.

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/44/%C3%81nxeles_Penas_%28AELG%29-1.jpg/220px-%C3%81nxeles_Penas_%28AELG%29-1.jpg

Ánxeles Penas García, nada en Teixeiro (Curtis) o 5 de maio de 1943, é unha poeta galega, primeiro en castelán e, desde 1982, en galego.

En 2017 foi candidato a ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas correspondente ao ano 2018, canda Ricardo Carballo Calero, Plácido Castro, Antón Fraguas e María Victoria Moreno, que é a que foi finalmente escollida.

Imaxe relacionada

C.P.I. Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón.

Premio Eusebio Lorenzo Baleirón

O Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón foi instituído en 1988 polo concello de Dodro co obxectivo de contribuír á reafirmación da lírica galega e na honra ó poeta Eusebio Lorenzo Baleirón. As coleccións dos gañadores publícanse, dende 1992, na Colección de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón de Ediciós do Castro.

Dodro é un bo exemplo para comprobar a evolución da poboación do rural galego. Aquí vos deixamos un gráfico moi explicito:

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/timeline/abe855de31f30ff06fb1bc4fa8224d60.png

Dodro tamén é coñecido dende este lado do río Ulla como “A Banda do Mar”; e, os de Dodro, por conseguinte, son “Os da Banda do Mar”.

a polos tres puntos…ALA FURIA!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *