NOTA NECROLÓXICA

Hoxe faleceu Manuel López Santiago “Nolito o Chato” (Vilar – Cordeiro – Valga, 22 – V – 1961 <> 16 – IV – 2019).

Socio do Furia dende a súa fundación, membro da peña celtista valguesa “O Furúnculo no Escroto”, amigo dos seus amigos, amante das illas Canarias, gran xogador de truco e fervente devoto da Candelaria. Un bo tipo.

O acto fúnebre celebrarase este mércores 17, ás cinco da tarde, na igrexa parroquial de Santa Columba de Louro – Cordeiro.

No próximo encontro Furia – Palmeira, gardarase un solemne minuto de silencio na honra da súa memoria. D. E. P.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *