DOMINGO 28, ÁS CINCO DA TARDE, NO CAMPO MUNICIPAL RAMÓN DIÉGUEZ DE PONTE CESURES.
Se gañamos, xogaremos a promoción de ascenso. Esperámoste cos brazos abertos.
Da Palmeira de Riveira xa temos falado aquí moitas veces. Da pesca, das festas, dos emigrantes en New Jersey onde se fundou a Sociedad Hijos de Palmeira no ano 1929. Ó parecer, o club de fútbol fundouse no ano 1945.
No Brasil tamén hai outra Palmeira. Está asentada no estado de Paraná, ó sur do país e conta con 32.121 habitantes aproximadamente.
Igrexa da Nosa Señora da Concepción (Palmeira – Brasil)
ANIVERSARIO 1979-2019
Este ano celebrase o corenta aniversario da película “A vida de Brian”, dos ingleses Monty Python. Unha auténtica obra de arte.
Trata a historia dun xudío que nace o mesmo día que Xesucristo e xa de adulto é varias veces confundido con el.
A película despois da súa estrea no Reino Unido, non chegou a verse en Irlanda e Noruega, onde incluso se prohibiu a súa emisión. Durante a estrea en Suecia, había carteis que dicían: “Esta película é tan divertida ata a prohibiron en Noruega”.
A pesares do tempo transcorrido, segue a manter toda a potencia da actualidade. Unha marabilla.
deixámosvos con unhas escenas caralludas:
a polos tres puntos….ALA FURIA!!
One thought on “TERCEIRA GALEGA”
En 1998, despois dunha longa loita, o Furia consegue que o Comite de Disciplina Deportiva de Galicia permitise o acceso a mulleres en todalas competicions organizadas pola Federacion Galega de Futbol .
En 1998, despois dunha longa loita, o Furia consegue que o Comite de Disciplina Deportiva de Galicia permitise o acceso a mulleres en todalas competicions organizadas pola Federacion Galega de Futbol .