TERCEIRA GALEGA

FURIA (4º CLAS. 46 PTOS.)

PALMEIRA (5º CLAS. 45 PTOS.)

ENTRADA ÚNICA TRES (3) EUROS

DOMINGO 28, ÁS CINCO DA TARDE, NO CAMPO MUNICIPAL RAMÓN DIÉGUEZ DE PONTE CESURES.

Se gañamos, xogaremos a promoción de ascenso. Esperámoste cos brazos abertos.

Da  Palmeira de Riveira xa temos falado aquí moitas veces. Da pesca, das festas, dos emigrantes en New Jersey onde se fundou a Sociedad Hijos de Palmeira no ano 1929. Ó parecer, o club de fútbol fundouse no ano 1945.

No Brasil tamén hai outra Palmeira. Está asentada no estado de Paraná, ó sur do país e conta con  32.121 habitantes aproximadamente.

Igreja Matriz Nossa Senhora da Conceição.jpg

Igrexa da Nosa Señora da Concepción (Palmeira – Brasil)

ANIVERSARIO 1979-2019

Este ano celebrase o corenta aniversario da película “A vida de Brian”, dos ingleses Monty Python. Unha auténtica obra de arte.

Trata a historia dun xudío que nace o mesmo día que Xesucristo e xa de adulto é varias veces confundido con el.

A película despois da súa estrea no Reino Unido, non chegou a verse en Irlanda e Noruega, onde incluso se prohibiu a súa emisión. Durante a estrea en Suecia, había carteis que dicían: “Esta película é tan divertida ata a prohibiron en Noruega”.

A pesares do tempo transcorrido, segue a manter toda a potencia da actualidade. Unha marabilla.

deixámosvos con  unhas escenas caralludas:

a polos tres puntos….ALA FURIA!! Emoticon bailando divertido

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

One thought on “TERCEIRA GALEGA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Connect with Facebook