TERCEIRA GALEGA “ÚLTIMO PARTIDO DA LIGA REGULAR” -XA ESTAMOS CLASIFICADOS PARA A PROMOCIÓN DE ASCENSO-

CARREIRA – FURIA

DOMINGO 5 DE MAIO, ÁS CINCO DA TARDE, NO CAMPO DA GUÍA DE CARREIRA (RIVEIRA).

SE GAÑAMOS QUEDAREMOS DE TERCEIROS; NO PEOR DOS CASOS QUEDARIAMOS CUARTOS DEPENDENDO DO QUE FAGA O OLEIROS CONTRA O CRUÍDO NA TRINIDÁ DE OLEIROS.

Xa temos falado aquí mais veces da parroquia dos irmáns Fran e José Ramón González Pérez, pero un pouco de historia non lle sobra a ninguén.

San Paio de Carreira é unha parroquia do concello de Riveira, na comarca do Barbanza. Ten unha superficie de 9,5 km². No ano 2007 tiña 2.211 habitantes (1.072 homes e 1.139 mulleres), 37 máis có ano anterior.

Forma parte do Arciprestado de Postmarcos de Abaixo, da Arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre os anos 1820 e 1835 a parroquia foi constituída como Concello Constitucional, integrándose no de Riveira logo da reforma administrativa do ano 1833, vixente na actualidade.

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5f/Capela_da_Guia.jpg/300px-Capela_da_Guia.jpg

Capela da Nosa Señora da Guía

En Carreira, coma en outros moitos sitios, non todo é fútbol. O 17 de maio organizan unha a carreira popular, a número 16.

XVI Carreira Popular Virxe da Guía.
“A carreira de Carreira”
Carreira solidaria a favor de Cáritas Parroquial
Data: Venres, 17 de Maio do 2019.
Hora: A partir das 11:00 h.
Lugar: San Paio de Carreira (Riveira).
Distancias: de 80 a 10.000 m.
Organiza: Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e
Concello de Riveira.
Inscrición: Límite 200 adultos/200 escolares.

Mais nós ó noso. Estamos clasificados para a  promoción de ascenso -outra vez- e, para o Furia e para todo o que representa, é unha tremenda mostra de orgullo, felicidade e do traballo ben feito. A pesar dos atrancos constantes a os que estamos acostumados, o Furia “resiste e gaña”.

No nome da xente, socios, afección, propios e estraños, a directiva do Furia quere agradecer a gran labor levada a cabo polo corpo técnico do club -posiblemente o mellor corpo técnico do mundo- e dos xogadores, sen eles nada sería igual:

Pablo Martínez

https://scontent.fmad3-7.fna.fbcdn.net/v/t31.0-8/20645505_10207821677540393_1089794552504879798_o.jpg?_nc_cat=103&_nc_ht=scontent.fmad3-7.fna&oh=96796ad058347ee7111491e13c1314c3&oe=5D32D45B

Miguel Busto con Laura, Nerea, Paula e Aine

Marcos Jamardo “Polo”

Como estamos na primavera, imos a compartir esta emblemática canción de orixe mexicana interpretada pola inigualable Joan Báez: “De colores”. Veña, a cantar!!

a polos tres puntos…Ala Furia!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *