TERCEIRA GALEGA

FURIA – CRUÍDO DE LOUSAME

DOMINGO 13, ÁS CINCO DA TARDE, NO CAMPO DE CAMPAÑA.

ENTRADA ÚNICA TRES (3) EUROS

http://www.escudosdefutbolyequipaciones.com/images_esc3/ESPA/GALICIA/escudos_jpg/escudo-a.d.%20cruido.jpg

Seguimos en standby*. O concello de Valga aínda non nos contestou á nosa solicitude presentada no rexistro municipal o pasado 19 de setembro.

Antigamente, os nosos mariñeiros referíanse ca palabra “standby” ó feito de estar en espera preto de porto da resposta da autoridade correspondente.

Resultado de imaxes para barco en standby

Barco en espera ou “standby”.

Hoxe en día, o termo standby úsase para diversas situacións, entre elas a doméstica.

Denomínase “standby” (en galego “en espera”) ó consumo adormecido de diferentes aparatos electrónicos, tales como televisión, reprodutores de audio ou vídeo, aire acondicionado, algúns modelos de frigoríficos, algunhas vitrocerámicas, alimentadores/cargadores, PC, etc. En stand by, o aparato encontrase conectado á espera de recibir ordes, polo que consume enerxía eléctrica. Tamén é coñecido  como consumo vampiro.​             Un informe de Rede Eléctrica (REE) do ano 2010, calcula que en Galicia un 2 % do consumo dunha vivenda prodúcese por aparatos electrónicos conectados en stand by. Recomendase que para aforrar enerxía, avarías, diñeiro e evitar contaminación se desconecten os aparatos electrónicos de maneira que cando non se vaian a utilizar queden totalmente desconectados da rede eléctrica.

Imaxe relacionada

A POLOS TRES PUNTOS…ALA FURIA!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *