TERCEIRA AUTONÓMICA

FURIA – PORTO DO SON

DOMINGO 8, ÁS CINCO DA TARDE, NO CAMPO DE FÚTBOL DE CAMPAÑA.

ENTRADA ÚNICA TRES (3) EUROS

Resultado de imaxes para: PORTO DO SON CF

PRIMEIRA VOLTA:

PORTO DO SON – 5 / FURIA – 1

CLASIFICACIÓN ACTUAL:

PORTO DO SON, 4º CON 32 PTOS. (49 – 33)

FURIA, 11º CON 16 PTOS. (21 – 33)

O CHOCOLATE DO LORO

Conta don Pancracio Celdrán no seu libro “Hablar con corrección”, que o chocolate do loro úsase para designar aquela situación na que tratan de equilibrar a economía doméstica prescindindo unicamente de pequenos gastos, sin entrar nos grandes. Extendendo este significado, temos que a expresión vén a dicir que para arranxar un gran problema, a miúdo económico,  atácanse os aspectos nimios, con pouca relevancia, e déixanse os importantes.

Tamén explica don Pancracio a orixe do dito.
No Madrid do século XVIII, e noutras vilas importantes, un agasallo non era tal se non había unha cunca de chocolate como parte do mesmo. O produto era caro e así, habitualmente os indianos, facían alarde das súas riquezas. Algún de estes indianos trouxeron un loro da súa época en América, que mostraban orgullosos no salón da súa casa. O loro, dentro da súa luxosa gaiola, tiña un recipiente con chocolate para que picoteara, a pesar do custo do manxar.

Resultado de imaxes para: indiano

O indiano Íñigo Noriega

Cando algún de estes adiñeirados que había ofrecido chocolate a todo cristo, incluso ó seu loro, comenzaba a decaer economicamente, privaba ó pobre animal do capricho. Pero seguía ofrecendo chocolate ós invitados ás suás festas, xa que de outro modo quedaría de manifesto a súa penuria.
E este é a orixe do dito, que parece bastante obvio e literal.

Quitarlle o chocolate ó loro supón pouco aforro comparado co gasto que conleva ofrecer cuncas cheas ós invitados. Como sempre, preocupados pola aparencia. ¡Que certa é esa imaxe do pobre fidalgo que non habendo comido, sae á rúa cun palillo entre os dentes para que o resto crea que está farto!https://nataliaralvarez.files.wordpress.com/2013/02/la-casa-roja-0f51a0.jpg

Casa típica de indiano

a polos tres puntos…ala Furia!!

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Connect with Facebook