TERCEIRA GALEGA

FURIA – OLEIROS

DOMINGO 27, ÁS CINCO DA TARDE, NO CAMPO DE FÚTBOL DE CAMPAÑA.

ENTRADA ÚNICA TRES EUROS

Foto de Atl Oleiros Oleiros.

Foto de Parroquia de San Martiño de Oleiros.

San Martiño é o patrón de Oleiros (Riveira)

Hoxe está de cumpreanos ROSANA Arbelo Gopar (Arrecife, Lanzarote, Illas Canarias; 24 de outubro de 1963). PARABÉNS ROSANA!!

a polos tres puntos…ALA FURIA!!

TERCEIRA GALEGA

SH PALMEIRA – FURIA

DOMINGO 20, ÁS 17.00 HORAS, NO CAMPO DE VENTÍN (PALMEIRA – RIVEIRA)

Foto de Club De Fútbol Sociedad Hijos De Palmeira.

Está asentándose o outono é comenzan a escasear as festas; se ben, estes días estamos celebrando As San Lucas de Mondoñedo: as mais antigas de Galicia.

Resultado de imaxes para as san lucas mondoñedo

A orixe das festas de As San Lucas atribuíse ao bispo Martín, que as iniciara para celebrar a consagración da catedral en 1246.
Mais hai datos que demostran que o seu inicio remontase a 1156, ano no que Alfonso VII concedera unha festa de oito días.
As feiras de As San Lucas, que nos seus tempos, chegaron a durar quince días, son fundamentalmente de gando montaraz.

Resultado de imaxes para alfonso VII Alfonso VII de León

Afonso Raimúndez, o Emperador, nado en Caldas de Reis o 1 de marzo de 1105 e falecido en Fresneda o 21 de agosto de 1157, foi rei de Galiza, León e Castela, o primeiro da dinastía de Borgoña. Foi fillo de dona Urraca e do seu primeiro marido, o conde Raimundo de Borgoña.

Que emocionante a baixada do 2015…

Viva Mondoñedo e vivan As San Lucas!!

a polos tres puntos e Ala Furia!!🐴

TERCEIRA GALEGA

FURIA – CRUÍDO DE LOUSAME

DOMINGO 13, ÁS CINCO DA TARDE, NO CAMPO DE CAMPAÑA.

ENTRADA ÚNICA TRES (3) EUROS

http://www.escudosdefutbolyequipaciones.com/images_esc3/ESPA/GALICIA/escudos_jpg/escudo-a.d.%20cruido.jpg

Seguimos en standby*. O concello de Valga aínda non nos contestou á nosa solicitude presentada no rexistro municipal o pasado 19 de setembro.

Antigamente, os nosos mariñeiros referíanse ca palabra “standby” ó feito de estar en espera preto de porto da resposta da autoridade correspondente.

Resultado de imaxes para barco en standby

Barco en espera ou “standby”.

Hoxe en día, o termo standby úsase para diversas situacións, entre elas a doméstica.

Denomínase “standby” (en galego “en espera”) ó consumo adormecido de diferentes aparatos electrónicos, tales como televisión, reprodutores de audio ou vídeo, aire acondicionado, algúns modelos de frigoríficos, algunhas vitrocerámicas, alimentadores/cargadores, PC, etc. En stand by, o aparato encontrase conectado á espera de recibir ordes, polo que consume enerxía eléctrica. Tamén é coñecido  como consumo vampiro.​             Un informe de Rede Eléctrica (REE) do ano 2010, calcula que en Galicia un 2 % do consumo dunha vivenda prodúcese por aparatos electrónicos conectados en stand by. Recomendase que para aforrar enerxía, avarías, diñeiro e evitar contaminación se desconecten os aparatos electrónicos de maneira que cando non se vaian a utilizar queden totalmente desconectados da rede eléctrica.

Imaxe relacionada

A POLOS TRES PUNTOS…ALA FURIA!!

O DÍA DE SAN FROILÁN TODAS CON ANA

Ana Peleteiro estará na final de triple salto do mundial de Doha. Será televisada este sábado, a través de Teledeporte (Tve), a partir das sete e media da tarde (hora galega). 🙋‍♀️

Ana clasificouse co oitavo mellor salto (14,23 m) entre as doce finalistas.

Foto de Furia AC.

ÁNIMO ANA, A XENTE DO FURIA ESTÁ CONTIGO!! 🤙