TERCEIRA GALEGA

CURES – FURIA

DOMINGO 6 DE OUTUBRO, ÁS CINCO DA TARDE, NO CAMPO MONUMENTAL DE POMAR DO RÍO (CURES).

https://scontent-mad1-1.xx.fbcdn.net/v/t1.0-9/923040_134838626701958_658469519_n.jpg?_nc_cat=102&_nc_oc=AQlvkeJwOxfJieXPit_kDpkId2pPX2NnQcpP3l5DVudWi4rVSX3DbD9gJB23D-wTd-0&_nc_ht=scontent-mad1-1.xx&oh=441894e475c4d0375b555ca64db62ba8&oe=5E2DE25D

Santo André de Cures, -non confundamos con Cures dos Sabinos, Curi ou simplemente Cures que é unha antiga cidade  sabina citada por Cicerón, Virxilio, Estácio, Estrabón e Plutarco, probablemente fundada polos sabinos que era a súa cidade mais importante. Os seus restos  encóntranse no concello de Fara in Sabina, provincia de Rieti (Lazio – Italia)-, ou -cunha poboación francesa co mesmo nome de Cures, situada na rexión dos Países do Loira, departamento de Sarthe, no distrito de Mamers e cantón de Conlie-, é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Boiro, na comarca da Barbanza. No ano 2013 tiña 535 habitantes (265 homes e 270 mulleres); está situada na aba sur do monte Iroite. Nela está o Escuadrón de Vixilancia Aérea 10.

Fervenza dos Guerreiros, Cadarnoxo, Cures, Boiro.jpg

Fervenza dos Guerreiros, Cadarnoxo (Cures).

Aquí quedades ca procesión do patrón de Cures no ano 2016, ca actuación do Grupo de Gaitas Arume de Boiro e a realización e publicación de Paco do Martelo.

Viva o Santo André de Cures e viva Paco do Martelo!!

                                                         

a polos tres puntos…ala Furia!!

XA ESTAMOS DE VOLTA

PRIMEIRO PARTIDO DA LIGA 19/20

FURIA – CARREIRA

DOMINGO 29 DE SETEMBRO, ÁS SEIS E MEDIA DA TARDE, NO CAMPO DE CAMPAÑA.

https://scontent-mad1-1.xx.fbcdn.net/v/t1.0-9/71053138_2360956290684726_5615049395918602240_n.jpg?_nc_cat=108&_nc_oc=AQnuz0S6zzRtWXvchM7z8gbJ69blO3QwD5k7byVNcL9MfMqeBXihIp_Ldt0a5JHGb-w&_nc_ht=scontent-mad1-1.xx&oh=61df5e8f0a62a86672b487a8d35b0831&oe=5E335030

ENTRADA ÚNICA TRES (3) EUROS

COMENZOU O OUTONO

O outono comenzou o luns 23 de setembro, véspera da Mercé, ás 9h 50m hora oficial galega, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional – Ministerio de Fomento). Esta estación durará 89 días e 20 horas, e terminará o venres 22 de decembro, día do lotería, co comenzo do inverno.

Durante todo o outono Marte será visible ó amencer. Tras a posta de Sol veranse Venus, Saturno e Xúpiter.

O día 11 de novembro, San Martiño, producirase un tránsito de Mercurio por diante do Sol que será visible en América, África e Europa. Este tránsito será visible desde España. O anterior tránsito de Mercurio tivo lugar o 9 de maio de 2016 e o próximo terá lugar o 13 de novembro de 2032..

Resultado de imaxes para foto de mercurio planeta

Imaxe de Mercurio, o planeta mais próximo ó sol.

Trátase dun planeta peculiar porque o seu plano de órbita está desviado case cinco graos do plano de órbita dos demais planetas (a eclíptica), e porque xira moi rápido ó redor do Sol. Os seus anos, o tempo que tarda o planeta en completar unha volta ó redor do Sol, apenas duran 88 días terrestres. Nambergantes, os seus días son moi largos: cada un dura 59 días terrestres.

Vémonos o domingo no campo de Campaña con José Luís Perales e a súa fermosa “Canción de otoño”:

ALA FURIA!!

MORREU CAMILO BLANES CORTÉS “CAMILO SESTO”

Camilo Blanes Cortés, máis coñecido artisticamente como Camilo Sesto, nado en Alcoi (Alicante) o 16 de setembro de 1946 e finado o 8 de setembro de 2019 en Pozuelo de Alarcón (Madrid). Un fenómeno.

Todas e todos as que formamos a masa social do Furia sentimos con moita pena este pasamento.

Camilo Sesto tamén foi, é e será do Furia. D.E.P.