FESTA FIN DE TEMPORADA
Posteado enResultados | No Comments »
O NÚMERO “5053″ FOI O PREMIADO, VENDEULLO O XOGADOR BENXAMÍN “XABI MARTÍNEZ”, DE SETECOROS, Ó SEU AVÓ. O PREMIO FOI ENTREGADO EN PERSOA POR UN DIRECTIVO DO FURIA ESTE DOMINGO. GRACIAS POR PARTICIPAR. PRONTO COLGAREMOS AS FOTOS DA MARABILLOSA FESTA.
Posteado enResultados | No Comments »
AFECCIONADOS (COPA DO SAR- 1/4 DE FINAL-VOLTA): BERTAMIRÁNS-FURIA: 4-0
Alineacións:
Bertamiráns: Alfonso, Xacobe, Pepe, Xosé, Rocha,Héctor, Alberte, Eloi, Tomás, Rúa, Toñito—-Pablo, Joshua, Mouriño e Manolo.
Furia: Peixe (1), Paja (2), Patxi (2), Juanjo (2), Micky (2), Nevero (2), Lilu (3), Manolito (2), Ferro (1), Perreta (3), Álvaro (3)—–Santi (1) e Rañó (2).
Colexiados:
Árbitro: Marcos Quintela.
Asistente 1: David Quintela.
Asistente 2: Enrique Blanco.
Para ser o partido que era, onde todo estaba practicamente decidido; non o fixo nada ben. Demasiada “pancadilla”.
Incidencias: Pouco público pero moi correcto.
Acabouse o que se daba. O noso equipo rematou a súa andaina pola copa do Sar, dando unha imaxe magnífica. A pesar do que reflexou o marcador final, o Furia non mereceu nin moito menos perder o encontro. Plantou cara en todo momento, facendo un despregue físico encomiable. Puido incluso adiantarse por dúas veces no marcador, pero non foi así e despois en dous córners, e en dúas xogadas de “chiripa” o Bertamiráns marcou dous goles. Aí terminou a pouca emoción que había. O resto do encontro foi ben xogado polo Furia que como xa queda dito, non mereceu a derrota. Agora toca divertirse na festa de fin de temporada, coller vacacións, cargar ás pilas e pensar na temporada que ven.
BENXAMÍNS: FURIA-BERTAMIRÁNS B (0-4)
Alineacións:
Furia: Jonathan (2), Xabi (1), Leandro (1), Anxo (2), Franco (1), Brais (3) e Toni (1).
Bertamiráns B: Álex, Paco, Xabi, Dani, Pipe, Martín, Paulo, Pablo, Nico, Santi, Iván e Mario.
Colexiado:
Ricardo Silva. Un pouco pesado.
Incidencias:
Temperatura agradable e asistencia a xusta: nin pouca nin moita.
O Furia non puido co Bertamiráns, que foi superior. Puidemos meter algún gol, pero aínda así podemos considerar o resultado xusto. Gran temporada dos “pekes” que conseguiron loitar dignamente tódolos encontros. Si seguen así conseguirán pouco a pouco mellorar moito e chegar a ser grandes xogadores. Como resumo da temporada:
-PORTEIRO MENOS GOLEADO:
O gran JONATHAN.
-XOGADOR MÁIS REGULAR:
ANXO MUÑIZ.
-XOGADORA REVELACIÓN:
NEREA.
- GOLEADORES:
. 1 GOL………………………………………………..PEPE.
. 2 GOLES……………………………………………NEREA.
. 10 GOLES………………………………………….LEANDRO.
.35 GOLES E SUPERPICHICHI (Non solo desta categoría senón que é o máximo goleador de tódalas categorías do clube………………………………..SUPEEEEEEERRRRRRRRR ANXO.
ASEMBLEA XERAL ANUAL DE SOCI@S:
Recordar a tódol@s soci@s do clube que este vindeiro venres, na Casa de Cultura de Campaña, terá lugar a Asemblea Xeral de Soci@s do Furia Athletic Club. A primeira convocatoria será ás 21: 30, e senón a segunda será ás 22:oo. Asistide para que así poidamos decidir o futuro do clube entre tod@s.
FESTA FIN DE TEMPORADA:
Como xa sabedes, este sábado no Campo de Festas de Campaña terá lugar a tradicional Festa de fin de temporada. Temos que estar alí ás 2 e media da tarde (este ano é unha comida, non unha cea). Comeremos ben e bailaremos ó son da inigualable música verbenera do DÚO MÁSTER.
Posteado enResultados | No Comments »
Na Casa de Cultura de Campaña ás 21.30 horas, en primeira convocatoria, e ás 22.00 en segunda. Non faltar. Seguiremos informando.
Posteado enResultados | No Comments »
BENXAMÍNS : Pontecesures (5) – FURIA (1)
Campo de Porto. Menos de media entrada. Público moi correcto. Demasiada calor.
Alineacións :
Cesures : Xacobe, Álvaro, Fernando, Borja, Iker, Manu, Aarón, Michael, David, Lois e Ismael.
FURIA : Jonathan (2), Xabi (1), Nerea (1), Leandro (1), Franco (1), Anxo (2), Brais (1), Pepe (1), Xabi D. (1) e Toni (1).
Colexiado : Bruno Iglesias ( Lalín ). 62 euros que lle voaron ó Cesures. Non hai dereito.
Partido moi disputado baixo un sol machacador. Pasamos mais sede que monos no deserto do Serengeti (Tanzania ). Fomos para o descanso con 4-0 para o Cesures. Na segunda metade un penalti cometido sobre Anxo, lanzado por Leandro, púxonos 4-1 e moita ilusión. No tempo engadido, o Cesures, marcaría o 5-1 final.
O último encontro da temporada será o venres 11, hora 17.00, no Campo de Campaña contra o Bertamiráns B.
AFECCIONADOS (1/8 FINAL COPA DO SAR-IDA): FURIA-BERTAMIRÁNS (0-3)
Alineacións:
Furia: Peixe (1), Paja (1), Patxi (1), Juanjo (2), Micky (2), Nevero (2), Lilu (1), Manolito (1), Tito (1), Perreta (1), Álvaro (1)—Toñito (1), Ferro (1), Rañó (1) e Roni (1).
Bertamiráns: Xosé Vicente, Xacobe, Oscar, Kike, Borja, Xosé María, Tomás, Román, Fernando, Alejandro, Antonio—-Alfonso, Alberto, Xosé Antonio e Rúa.
Colexiados:
. Árbitro Principal: Gonzalo Goyanes López.
. Árbitro Asistente 1: Félix Queija Pérez.
. Árbitro Asistente 2: David Rodríguez Varela.
Con arbitraxes como esta non habería problemas nos campos. Inconmensurables os tres. Nótase que teñen unha calidade tremenda e un futuro enorme neste mundiño.
Incidencias: Gran cantidade de público nos graderíos da “Bombonera” de Baño. Sobre unhas trescentas persoas, que ademais tiveron un comportamento exquisito. E gran ambiente tamén na cantina, onde destacou a labor encomiable do cantinero.
A pesar de recibilos no ambiente “infernal da Bombonera”, como di o refrán: ” o que sabe, sabe….disía o que comía os mocos”. E por suposto o Bertamiráns demostrou sobradamente o porqué este ano se convirteu en novo equipo de preferente. Así e todo o noso equipo plantou cara en todo momento e puido facer algún gol, que solo a mala sorte evitou. Agora o próximo domingo en Bertamiráns, solo queda que lle recemos á Virxe dos Milagros de Requián para que faga unha das súas, e a pelexar á heroica. Non todo está perdido; aínda que sabemos que é moi dificil. O partido do vindeiro fin de semana será ás 6 da tarde.
Equipo do Furia o pasado domingo fronte ó Bertamiráns.
De pé (de esquerda a dereita): Mac -adestrador-, Juanjo, Ferro, Santi, Paja, Manolito, Lilu, Tito, Álvaro, Peixe e Cassano -lesionadiño-.
Aniñados (de esquerda a dereita): Rañó, Patxi, Roni, Nevero, Toñito, Micky, Perreta e Toño Carou -delegado e presidente-.
FESTA DO FURIA : SÁBADO 19 DE XUÑO, Ó MEDIODÍA, CAMPO DE FESTAS DE CAMPAÑA.
Socios 20.00 euros e non socios 25.00. Data tope : Martes 15. Bonos nos sitios de costume. Seguiremos informando. Gracias.
Posteado enResultados | No Comments »
Simpatizantes do Furia Athletic na Catedral de Santiago, escoltados polos compañeiros de traballo de Santi “O Cabo” e do noso amigo Zapatones, mentres o resto da “peña” facía cola para entrar pola Porta Santa.
Posteado enResultados | No Comments »
BENXAMÍNS : FURIA (3) – CORDEIRO (6)
Campo de Campaña. Menos público do esperado.
Colexiado : Ricardo Silva. Mal. Anuloulle un gol ó Furia e concedeulle dous ó Cordeiro en fora de xogo.
Alienacións :
Cordeiro : Alex, García, Iván, Ismael, Longo, Xoán, Braian, Raúl, Lois, Hugo, Quevin e Manolo.
Furia : Joni (2), Xabi M. (2), Nerea (2), Leandro (2), Franco (2), Anxo (3), Brais (2), Toni (2) e Xabi D. (2).
O Furia, que chegou ó descanso con 2-3 en contra, non puido nin co árbitro nin co empuxe dos técnicos visitantes que, en varias fases do partido, chegaron a invadir a area técnica do banquiño do Furia. Uns erros arbitrais e a falta de puntería dos nosos fixo que o marcador rematara co 3-6 final. Goles de Nerea (1) e Anxo (2). Unha magoa.
Volvemos a xogar este xoves en Porto contra o Cesures. Será as 18.30 horas. Sorte.
XUVENÍS : 1/8 DE FINAL DA COPA DO SAR (VOLTA ). FÁTIMA (3) – FURIA (0)
Campo do Castiñeiriño. Bastante ambiente nas gradas, nunha mañá estupenda pois, por exemplo, para tomar unhas cañas.
Colexiado : Roberto Bentrón “Pepín”. Non amosou ningunha tarxeta. Partido de luva branca.
Alienacións :
Fátima : Berto, Rodri, Raúl, Rubén, J. J., Xabi, Serxio, Brais, Manolo, Alex e Álvaro…….Adrián, Vigo e Iago.
Furia : Carlos (1), Quique (1), Pepe (1), Miguel (1), Pipe (1), Adriansinho (1), Dani (1), Pascolo (1), Diego Fernando (1), Brais (1) e Paco (1)……Carlos Potel (1).
Ata aquí chegou a aventura copeira dos xuvenís do Furia que, cun equipo cheo de circunstancias no total da eliminatoria, foi eliminado sen maiores problemas polo Fátima (9-0). Foi bonito mentres durou. Agora solo queda ir á andar a Santiago, despois a “Festa de Fin de Temporada” e, para o ano, xa veremos. Ata logo Lucas!!!!!!!
1/8 DE FINAL DA COPA DO SAR (VOLTA) : CARCACÍA (1) – FURIA (1)
Campo de Mirarrios.Moita calor. Bastante mais de 3/4 de entrada. Traballando moi ben a cantina. De seguir así pronto lle darán un alto. Reseñar que, no descanso do partido, houbo un espectáculo engadido cun can futboleiro que mereceu a pena. A rifa de campo, un xamón, tocoulle ó noso “Bili” que o repartiu ó remate do partido con moito “saleiro”.
Colexiados : Agustín Hernández, auxiliado por David Quintela e Carlos Vilaverde. Moi dialógante, non tivo maiores problemas. Amosou tres amarelas ó Carcacía e tres ó Furia.
Alienacións :
Carcacía : Poli, Edu, Pepe, Pablo, Nando, Manolo, Iván, Roberto, Poleiro, Costi e Rubén……..Pepe e Ares.
Furia : Peixe (1), Paja (1), Rañó (1), Miki (2), Juanjo (2), Santi (1), Adrián F. (1), Manu (3), Toño (1), Perreta (1) e Álvaro (2)………..Tito (1), Flores (1) e Patxi (1).
Comentario : ¡¡¡ Xa estamos en cuartos !!! Non foi o mellor partido dos chavales de “Mac” pero é que o Carcacía non é moco de pavo. Pelexou moito o conxunto padronés pero o Furia foi quen de adiantarse no marcador gracias a un penalti sinalado a Álvaro, tirouno Manolito e poñía no electrónico o 0-1 (8′). No minuto 30, un balón bombeado sobre a portería do Furia escapoulle a Peixe, marcando practicamente en propia porta. Incrible. Así imos ó descanso. No segundo tempo o Carcacía saíu a por todas, como os de Terry, pero foi o Furia o que puido sentenciar por medio de Perreta e de Flores, que fallaron de xeito inverosímil, o que mantivo vivo ó equipo local ata o final do partido. Agora toca un dos favoritos ó titulo : Bertamiráns, novo equipo de Preferente. No fútbol non hai nada escrito, que lle pregunten ó ” Madrí “, e ilusión sobra, imos polo menos intentalo. Volveremos á xogar no Campo Vello de Baño o domingo 6, ás 19.00 horas. Moitas gracias a tod@s. A Copa é nosa. ¡¡¡Hala Furia!!!.
PEREGRINACIÓN A SANTIAGO : Xa temos o cupo cuberto. Gracias. Supoñemos que haberá fotos. Gracias outra vez.
Posteado enResultados | No Comments »
BENXAMÍNS : DUBRA (6) – FURIA (0)
Campo da Telleira. Moi boa entrada a pesar da calor. Traballou moi ben a cantina. Aquí non perden o tempo.
Colexiado : Serxio Silva. Sen problemas. Nótase que é da escola de Rubén Maquieira, novo colexiado de “primeira rexional “. Parabéns de toda a masa social do Furia, que non é pouca. Hai canteira.
Alienacións :
Dubra : Eloi, Lucas, Gonzalo, Xurxo, Marcos, Ismael, Pepe, Mariño, Xabi, César, Raúl e Rodri.
Furia : Jonathan (3), Xabi (1), Nerea (1), Leandro (1), Franco (1), Anxo (1), Toni (1), Brais (1) e Pepe (1).
Tres goles en cada tempo determinaron con claridade a diferencia de equipos, como xa demostra a tabula clasificadora. Os nosos xogan este sábado, as 12.00, en Campaña contra o Cordeiro.
XUVENÍS ( COPA DO SAR ) : FURIA (0) – FÁTIMA (6)
Campo de Campaña. Moita calor. Pedimos “papas ” para que nos regaran o campo, a persoa responsable non quería tendo que “recordarlle ” que a mañá regarao o Cordeiro. Bastante xente do Castiñeiriño. O resto foi a practicar “windsurf”.
Colexiado : Raíces Souto. Correcto. Non houbo tarxetas.
Alienacións :
Furia : Adrián (2), Quique (1), David (1), Borja (1), Pipe (1), Adriansinho (1), Potel (0), Po (1), Diego (0), Brais (1) e Paco (1)……..Dani (1) e Serxio (1).
Fátima : Roberto, Rodrigo, Raúl, Iago, Rubén, Alex, Adrián, Manolo, Álvaro, Serxio e Xoán….Brais, Manu, Adrián e Xabi.
Non hai nada que obxectar. Demasiadas baixas para recibir ó Fátima xa que moitos dos xogadores tiñan que participar co primeiro equipo o domingo contra o Carcacía. A pesar de isto o Furia foi moi inferior ós do Castiñeirño como demostra o marcador final. Tres “caracois” en cada parte e todos contentos. O partido de volta, puro tramite, xogarase o sábado 29, as 10.00, no Manuel Paz. Chao copa, chao.
COPA DO SAR (1/8 DE FINAL ) : FURIA (2) – CARCACÍA (1)
Campo ” Vello de Baño ” (non nos deixaron o de herba ). Case se esgotan as entradas ó ser dia do club. Moita xente de Carcacía que non pararon de animar. Marabillosa deportividade entre as afeccións. Moi boa recadación a pesar de que á directiva non fixo público os datos. Será polos de Facenda ?. Tarde de moito sol, como nos “toros “.
Gran deportividade entre as dúas afeccións, aínda que o intento de facer un gran mosaico verdiblanco foi un rotundo fracaso. Para a próxima vez levaremos un plano
Colexiados : Vicente Fiel, auxiliado por dous campións : Rives Pena e Eusebio Rodríguez. Moi rápido cas tarxetas,amosou sete amarelas para o Furia e unha vermella e dúas amarelas para o Carcacía, e moi lento seguindo o xogo. Non ten remedio, este non cambia mais.
Alienacións :
FURIA : Peixe (2), Rañó (2), Juanjo (2), Nena (3), Miki (3), Santi A. (2), Paja (2), Manu (3), A. Ferro (2), Toño (2) e Álvaro (3)………Flores (2) e Ronaldinho (3).
CARCACÍA : Poli, Edu, Roberto, Quique, Fernando, Manolo, Xoan, Xoel, Rubén, Costilleta e Mel……Anxo e Xurxo.
O Furia segue de “mataxigantes” e ven demostrando, da man do seu adestrador Mac, que debería estar noutra categoría superior. O primeiro gol foi obra de Manu, no minuto sete, a raíz dun saque de esquina. Empatou, 20 minutos despois, Xurxo para o Carcacía cun espléndido remate de cabeza noutro saque de córner. No minuto 36, o colexiado sinala penalti claro a favor do Carcacía que se encarga de lanzar Mel ó estilo “Panenka “, saíndo o balón por encima da portería. Posiblemente, esta xogada, fose determinante para o desenrolo final do encontro. Na segunda metade o Furia insiste con moita forza na meta contraría pero sen éxito. No minuto 48 o árbitro expulsa, por agarrar a Álvaro, a Quique e, no 80, a Xurxo con dobre amoestación por dúas duras entradas, quedando o Carcacía con dous homes menos, situación que aproveitou o adestrador local para meter toda a artillería ofensiva, logrando o obxectivo co gol de Álvaro no minuto 88 deixando todo aberto para o partido de volta. O encontro será o domingo 30, 18.00 horas, no campo de Carcacía. …E venca !!!
Posteado enResultados | No Comments »