RIFA-AXUDA FESTA DO FURIA (19-VI-2010)

21 de Xuño de 2010 por furiaac

O NÚMERO “5053″ FOI O PREMIADO, VENDEULLO O XOGADOR BENXAMÍN “XABI MARTÍNEZ”, DE SETECOROS, Ó SEU AVÓ. O PREMIO FOI ENTREGADO EN PERSOA POR UN DIRECTIVO DO FURIA ESTE DOMINGO. GRACIAS POR PARTICIPAR. PRONTO COLGAREMOS AS FOTOS DA MARABILLOSA FESTA.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 10.0/10 (2 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

ÚLTIMA XORNADA: VENRES 11 E SÁBADO 12 DE XUÑO (Comenzan os mundiais de Sudáfrica)

14 de Xuño de 2010 por furiaac

AFECCIONADOS (COPA DO SAR- 1/4 DE FINAL-VOLTA): BERTAMIRÁNS-FURIA: 4-0

Alineacións:

Bertamiráns: Alfonso, Xacobe, Pepe, Xosé,  Rocha,Héctor, Alberte, Eloi, Tomás, Rúa, Toñito—-Pablo, Joshua, Mouriño e Manolo.

Furia: Peixe (1), Paja (2), Patxi (2), Juanjo (2), Micky (2), Nevero (2), Lilu (3), Manolito (2), Ferro (1), Perreta (3), Álvaro (3)—–Santi (1) e Rañó (2).

Colexiados:

Árbitro: Marcos Quintela.

Asistente 1: David Quintela.

Asistente 2: Enrique Blanco.

Para ser o partido que era, onde todo estaba practicamente decidido; non o fixo nada ben. Demasiada “pancadilla”.

Incidencias: Pouco público pero moi correcto.

Acabouse o que se daba. O noso equipo rematou a súa andaina pola copa do Sar, dando unha imaxe magnífica. A pesar do que reflexou o marcador final, o Furia non mereceu nin moito menos perder o encontro. Plantou cara en todo momento, facendo un despregue físico encomiable. Puido incluso adiantarse por dúas veces no marcador, pero non foi así e despois en dous córners, e en dúas xogadas de “chiripa” o Bertamiráns marcou dous goles. Aí terminou a pouca emoción que había. O resto do encontro foi ben xogado polo Furia que como xa queda dito, non mereceu a derrota. Agora toca divertirse na festa de fin de temporada, coller vacacións, cargar ás pilas e pensar na temporada que ven.

BENXAMÍNS: FURIA-BERTAMIRÁNS B (0-4)

Alineacións:

Furia: Jonathan (2), Xabi (1), Leandro (1), Anxo (2),  Franco (1), Brais (3) e Toni (1).

Bertamiráns B: Álex, Paco, Xabi, Dani, Pipe, Martín, Paulo, Pablo, Nico, Santi, Iván e Mario.

Colexiado:

Ricardo Silva. Un pouco pesado.

Incidencias:

Temperatura agradable e asistencia a xusta: nin pouca nin moita.

O Furia non puido co Bertamiráns, que foi superior. Puidemos meter algún gol, pero aínda así podemos considerar o resultado xusto. Gran temporada dos “pekes” que conseguiron loitar dignamente tódolos encontros. Si seguen así conseguirán pouco a pouco mellorar moito e chegar a ser grandes xogadores. Como resumo da temporada:

-PORTEIRO MENOS GOLEADO:

O gran JONATHAN.

-XOGADOR MÁIS REGULAR:

ANXO MUÑIZ.

-XOGADORA REVELACIÓN:

NEREA.

- GOLEADORES:

. 1 GOL………………………………………………..PEPE.

. 2 GOLES……………………………………………NEREA.

. 10 GOLES………………………………………….LEANDRO.

.35 GOLES E SUPERPICHICHI (Non solo desta categoría senón que é o máximo goleador de tódalas categorías do clube………………………………..SUPEEEEEEERRRRRRRRR  ANXO.

ASEMBLEA XERAL ANUAL DE SOCI@S:

Recordar a tódol@s  soci@s do clube que este vindeiro venres, na Casa de Cultura de Campaña, terá lugar a Asemblea Xeral de Soci@s do Furia Athletic Club. A primeira convocatoria será ás 21: 30, e senón a segunda será ás 22:oo. Asistide para que así poidamos decidir o futuro do clube entre tod@s.

FESTA FIN DE TEMPORADA:

Como xa sabedes, este sábado no Campo de Festas de Campaña terá lugar a tradicional Festa de fin de temporada. Temos que estar alí ás 2 e media da tarde (este ano é unha comida, non unha cea). Comeremos ben e bailaremos ó son da inigualable música verbenera do DÚO MÁSTER.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 9.8/10 (4 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

ASAMBLEA XERAL DE SOCI@S (VENRES 18 DE XUÑO 2010)

9 de Xuño de 2010 por furiaac

Na Casa de Cultura de Campaña ás 21.30 horas, en primeira convocatoria, e ás 22.00 en segunda. Non faltar. Seguiremos informando.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 9.6/10 (7 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 3 E 6 DE XUÑO (REMATE DAS FESTAS DO BOI EN ALLARIZ )

8 de Xuño de 2010 por furiaac

BENXAMÍNS : Pontecesures (5) – FURIA (1)

Campo de Porto. Menos de media entrada. Público moi correcto. Demasiada calor.

Alineacións :

Cesures : Xacobe, Álvaro, Fernando, Borja, Iker, Manu, Aarón, Michael, David, Lois e Ismael.

FURIA : Jonathan (2), Xabi (1), Nerea (1), Leandro (1), Franco (1), Anxo (2), Brais (1), Pepe (1), Xabi D. (1) e Toni (1).

Colexiado : Bruno Iglesias  ( Lalín ). 62 euros que lle voaron ó Cesures. Non hai dereito.

Partido moi disputado baixo un sol machacador. Pasamos mais sede que monos no deserto do Serengeti  (Tanzania ). Fomos para o descanso con 4-0 para o Cesures. Na segunda metade un penalti cometido sobre Anxo, lanzado por Leandro, púxonos 4-1 e moita ilusión. No tempo engadido, o Cesures, marcaría o 5-1 final.

O último encontro da temporada será o venres 11, hora 17.00, no Campo de Campaña contra o Bertamiráns B.

AFECCIONADOS (1/8 FINAL COPA DO SAR-IDA): FURIA-BERTAMIRÁNS (0-3)

Alineacións:

Furia: Peixe (1), Paja (1), Patxi (1), Juanjo (2), Micky (2), Nevero (2), Lilu (1), Manolito (1), Tito (1), Perreta (1), Álvaro (1)—Toñito (1), Ferro (1), Rañó (1) e Roni (1).

Bertamiráns: Xosé Vicente, Xacobe, Oscar, Kike, Borja, Xosé María, Tomás, Román, Fernando, Alejandro, Antonio—-Alfonso, Alberto, Xosé Antonio e Rúa.

Colexiados:

. Árbitro Principal: Gonzalo Goyanes López.

. Árbitro Asistente 1: Félix Queija Pérez.

. Árbitro Asistente 2: David Rodríguez Varela.

Con arbitraxes como esta non habería problemas nos campos. Inconmensurables os tres. Nótase que teñen unha calidade tremenda e un futuro enorme neste mundiño.

Incidencias: Gran cantidade de público nos graderíos da “Bombonera” de Baño. Sobre unhas trescentas persoas, que ademais tiveron un comportamento exquisito. E gran ambiente tamén na cantina, onde destacou a labor encomiable do cantinero.

A pesar de recibilos no ambiente “infernal da Bombonera”,  como di o refrán: ” o que sabe, sabe….disía o que comía os mocos”. E por suposto o Bertamiráns demostrou sobradamente o porqué este ano se convirteu en novo equipo de preferente. Así e todo o noso equipo plantou cara en todo momento e puido facer algún gol, que solo a mala sorte evitou. Agora o próximo domingo en Bertamiráns, solo queda que lle recemos á Virxe dos Milagros de Requián para que faga unha das súas, e a pelexar á heroica. Non todo está perdido; aínda que sabemos que é moi dificil. O partido do vindeiro fin de semana será ás 6 da tarde.

Equipo do Furia o pasado domingo fronte ó Bertamiráns.

De pé (de esquerda a dereita): Mac -adestrador-, Juanjo, Ferro, Santi, Paja, Manolito, Lilu, Tito, Álvaro, Peixe e Cassano -lesionadiño-.

Aniñados (de esquerda a dereita): Rañó, Patxi, Roni, Nevero, Toñito, Micky, Perreta e Toño Carou -delegado e presidente-.

FESTA DO FURIA : SÁBADO 19 DE XUÑO, Ó MEDIODÍA, CAMPO DE FESTAS DE CAMPAÑA.

Socios 20.00 euros e non socios 25.00. Data tope : Martes 15. Bonos nos sitios de costume. Seguiremos informando. Gracias.


VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 8.7/10 (7 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

Peregrinación a Compostela

7 de Xuño de 2010 por furiaac

Simpatizantes do Furia Athletic na Catedral de Santiago, escoltados polos compañeiros de traballo de Santi “O Cabo” e do noso amigo Zapatones, mentres o resto da “peña” facía cola para entrar pola Porta Santa.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 8.6/10 (7 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 29 E 30 DE MAIO (COMENZAN AS FESTAS DO BOI EN ALLARIZ )

1 de Xuño de 2010 por furiaac

BENXAMÍNS : FURIA (3) – CORDEIRO (6)

Campo de Campaña. Menos público do esperado.

Colexiado : Ricardo Silva. Mal. Anuloulle un gol ó Furia e concedeulle dous ó Cordeiro en fora de xogo.

Alienacións :

Cordeiro : Alex, García, Iván, Ismael, Longo, Xoán, Braian, Raúl, Lois, Hugo, Quevin e Manolo.

Furia : Joni (2), Xabi M. (2), Nerea (2), Leandro (2), Franco (2), Anxo (3), Brais (2), Toni (2) e Xabi D. (2).

O Furia, que chegou ó descanso con 2-3 en contra, non puido nin co árbitro nin co empuxe dos técnicos visitantes que, en varias fases do partido,  chegaron a invadir a area técnica do banquiño do Furia. Uns erros arbitrais e a falta de puntería dos nosos fixo que o marcador rematara co 3-6 final. Goles de Nerea (1) e Anxo (2). Unha magoa.

Volvemos a xogar este xoves en Porto contra o Cesures. Será as 18.30 horas. Sorte.

XUVENÍS : 1/8 DE FINAL DA COPA DO SAR (VOLTA ). FÁTIMA (3) – FURIA (0)

Campo do Castiñeiriño. Bastante ambiente nas gradas,  nunha mañá estupenda pois, por exemplo, para tomar unhas cañas.

Colexiado : Roberto Bentrón “Pepín”. Non amosou ningunha tarxeta. Partido de luva branca.

Alienacións :

Fátima : Berto, Rodri, Raúl, Rubén, J. J., Xabi, Serxio, Brais, Manolo, Alex e Álvaro…….Adrián, Vigo e Iago.

Furia : Carlos (1), Quique (1), Pepe (1), Miguel (1), Pipe (1), Adriansinho (1), Dani (1), Pascolo (1), Diego Fernando (1), Brais (1) e Paco (1)……Carlos Potel (1).

Ata aquí chegou a aventura copeira dos xuvenís do Furia  que, cun equipo cheo de circunstancias no total da eliminatoria, foi eliminado sen maiores problemas polo Fátima (9-0). Foi bonito mentres durou. Agora solo queda ir á andar a Santiago, despois a “Festa de Fin de Temporada” e, para o ano, xa veremos. Ata logo Lucas!!!!!!!

1/8 DE FINAL DA COPA DO SAR (VOLTA) : CARCACÍA (1) – FURIA (1)

Campo de Mirarrios.Moita calor. Bastante mais de 3/4 de entrada. Traballando moi ben a cantina. De seguir así pronto lle darán un alto. Reseñar que, no descanso do partido, houbo un espectáculo engadido cun can futboleiro que mereceu a pena. A rifa de campo, un xamón, tocoulle ó noso “Bili” que o repartiu ó remate do partido con moito “saleiro”.

Colexiados : Agustín Hernández, auxiliado por David Quintela e Carlos Vilaverde. Moi dialógante, non tivo maiores problemas. Amosou tres amarelas ó Carcacía  e tres ó Furia.

Alienacións :

Carcacía : Poli, Edu, Pepe, Pablo, Nando, Manolo, Iván, Roberto, Poleiro, Costi e Rubén……..Pepe e Ares.

Furia : Peixe (1), Paja (1), Rañó (1), Miki (2), Juanjo (2), Santi (1), Adrián F. (1), Manu (3), Toño (1), Perreta (1) e Álvaro (2)………..Tito (1), Flores (1) e Patxi (1).

Comentario : ¡¡¡ Xa estamos en cuartos !!! Non foi o mellor partido dos chavales de “Mac” pero é que o Carcacía non é moco de pavo. Pelexou moito o conxunto padronés pero o Furia foi quen de adiantarse no marcador gracias a un penalti sinalado a Álvaro, tirouno Manolito e poñía no electrónico o 0-1 (8′). No minuto 30, un balón bombeado sobre a portería do Furia escapoulle  a Peixe, marcando practicamente en propia porta. Incrible. Así imos ó descanso. No segundo tempo o Carcacía saíu a por todas, como os de Terry, pero foi o Furia o que puido sentenciar por medio de Perreta e de Flores, que fallaron de xeito inverosímil, o que mantivo vivo ó equipo local  ata o final do partido. Agora toca un dos favoritos ó titulo : Bertamiráns, novo equipo de Preferente. No fútbol non hai nada escrito, que lle pregunten ó ” Madrí “, e ilusión sobra, imos polo menos intentalo. Volveremos á xogar no Campo Vello de Baño o domingo 6, ás 19.00 horas. Moitas gracias a tod@s. A Copa é nosa. ¡¡¡Hala Furia!!!.

PEREGRINACIÓN A SANTIAGO : Xa temos o cupo cuberto. Gracias. Supoñemos que haberá fotos. Gracias outra vez.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 8.8/10 (11 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 22 E 23 DE MAIO (FESTAS DE SANTA RITA EN VILAGARCÍA )

25 de Maio de 2010 por furiaac

BENXAMÍNS : DUBRA (6) – FURIA (0)

Campo da Telleira. Moi boa entrada a pesar da calor. Traballou moi ben a cantina. Aquí non perden o tempo.

Colexiado : Serxio Silva. Sen problemas. Nótase que é da escola de Rubén Maquieira, novo colexiado de “primeira rexional “. Parabéns de toda a masa social do Furia, que non é pouca. Hai canteira.

Alienacións :

Dubra : Eloi, Lucas, Gonzalo, Xurxo, Marcos, Ismael, Pepe, Mariño, Xabi, César, Raúl e Rodri.

Furia : Jonathan (3), Xabi (1), Nerea (1), Leandro (1), Franco (1), Anxo (1), Toni (1),  Brais (1) e Pepe (1).

Tres goles en cada tempo determinaron con claridade a diferencia de equipos, como xa demostra a tabula clasificadora. Os nosos xogan este sábado, as 12.00, en Campaña contra o Cordeiro.

XUVENÍS  ( COPA DO SAR ) : FURIA (0) – FÁTIMA (6)

Campo de Campaña. Moita calor. Pedimos “papas ” para que nos regaran o campo, a persoa responsable non quería tendo que “recordarlle ” que a mañá regarao o Cordeiro. Bastante xente do Castiñeiriño. O resto foi a practicar “windsurf”.

Colexiado : Raíces Souto. Correcto. Non houbo tarxetas.

Alienacións :

Furia : Adrián (2), Quique (1), David (1), Borja (1), Pipe (1), Adriansinho (1), Potel (0), Po (1), Diego (0), Brais (1) e Paco (1)……..Dani (1) e Serxio (1).

Fátima : Roberto, Rodrigo, Raúl, Iago, Rubén, Alex, Adrián, Manolo, Álvaro, Serxio e Xoán….Brais, Manu, Adrián e Xabi.

Non hai nada que obxectar. Demasiadas baixas para recibir ó Fátima xa que moitos dos xogadores tiñan que participar co primeiro equipo o domingo  contra o Carcacía. A pesar de isto o Furia foi moi inferior ós do Castiñeirño como demostra o marcador final. Tres “caracois” en cada parte e todos contentos. O partido de volta, puro tramite, xogarase  o sábado 29, as 10.00, no Manuel Paz. Chao copa, chao.

COPA DO SAR (1/8 DE FINAL ) : FURIA (2) – CARCACÍA (1)

Campo ” Vello de Baño ” (non nos deixaron o de herba ). Case se esgotan as entradas ó ser dia do club. Moita xente de Carcacía que non pararon de animar. Marabillosa deportividade entre as afeccións. Moi boa recadación a pesar de que á  directiva non fixo público os datos. Será polos de Facenda ?. Tarde de moito sol, como nos “toros “.

Gran deportividade entre as dúas afeccións, aínda que o intento de facer un gran mosaico verdiblanco foi un rotundo fracaso. Para a próxima vez levaremos un plano

Colexiados : Vicente Fiel, auxiliado por dous campións : Rives Pena e Eusebio Rodríguez. Moi rápido cas tarxetas,amosou sete amarelas para o Furia e unha vermella e dúas amarelas  para o Carcacía, e moi lento seguindo o xogo. Non ten remedio, este non cambia mais.

Alienacións :

FURIA : Peixe (2), Rañó (2), Juanjo (2), Nena (3), Miki (3), Santi A. (2), Paja (2), Manu (3), A. Ferro (2), Toño (2) e Álvaro (3)………Flores (2) e Ronaldinho (3).

CARCACÍA : Poli, Edu, Roberto, Quique, Fernando, Manolo, Xoan, Xoel, Rubén, Costilleta e Mel……Anxo e Xurxo.

O Furia segue de “mataxigantes” e ven demostrando, da man do seu adestrador Mac, que debería estar noutra categoría superior. O primeiro gol foi obra de Manu, no minuto sete, a raíz dun saque de esquina. Empatou, 20 minutos despois, Xurxo para o Carcacía cun espléndido remate de cabeza noutro saque de córner. No minuto 36, o colexiado sinala penalti claro a favor do Carcacía que se encarga de lanzar Mel ó estilo “Panenka “, saíndo o balón por encima da portería. Posiblemente, esta xogada, fose determinante para o desenrolo final do encontro. Na segunda metade o Furia insiste con moita forza na meta contraría pero sen éxito. No minuto 48 o árbitro expulsa, por agarrar a Álvaro, a Quique e, no 80, a Xurxo  con dobre amoestación por dúas duras entradas, quedando o Carcacía con dous homes menos, situación que aproveitou o adestrador local para meter toda a artillería ofensiva, logrando o obxectivo co gol de Álvaro no minuto 88 deixando todo aberto para o partido de volta. O encontro será o domingo 30, 18.00 horas, no campo de Carcacía. …E venca !!!

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 8.3/10 (6 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADA DO 17 DE MAIO (DIA DAS LETRAS GALEGAS)

18 de Maio de 2010 por furiaac

COPA DO SAR ( PARTIDO DE VOLTA ) : ESCRAVITUDE (1) – FURIA (2)

Campo do Doce. Totalmente cheo, con moitísimos seareiros do Furia. Tarde de moita calor. O Escravitude non informou do total da recadación, pero había de chegarlle ben. Eles os cartos, e nos a eliminatoria. Tampouco se pode pedir todo.

Sobre estas liñas, Ronaldinho celebrando a victoria coa afección do Furia, que desfrutou dunha gran tarde na Escravitude.

Colexiado : Rivas Lafuente, auxiliado por Santi Rivas e Miluco López. Moi bo arbitraxe, desbordando chulería polos catro costados. Incluso se permitiu algún intercambio verbal cun aficionado do Furia  con frases como : ” Vaite pa casa pallaso “, ” espérote nos vestiarios “, ” vés a berrar aquí o que non che deixan na casa ” ou, posiblemente unha das mellores da historia, ” saca a “pirola” (membro viril) da boca para falar comigo que non che entendo o que dis “. Resumindo, boa actitude a pesar de que puido amoestar a algún xogador local acabou expulsando ,ó final do tempo regulamentario, a Perreta deixando ó Furia, toda a prorroga, cun  xogador de menos.

Aliñacións :

Escravitude : Pepe, Estevo, Quique, Manu, Anxo, Gago, Pedro, Guillán, Vicente, Gonzalo, Xabi….Abel, David, Andrés e Mingos.

Furia AC : Peixe (10), Roni (3), Juanjo (3), Nena (3), Miki (3) , Santi “Nevero” (3), Paja (3), Manu (3), Liluu (3), Perreta (3 Álvaro (3)…..Rañó (3), Po (3) e Pipe (3).

Crónica : Tiña que ser, xa non había que esperar tanto, o Furia foi superior nos dous partidos, a pesar das baixas cas que contou na eliminatoria : Moncho, Tito, Cassano, Patxi, Nena, Pincho, Clá, Flores, Toñito…, tendo que aliñar a varios xuvenís que non desentoaron en ningún momento. No partido de Campaña xogamos, os  35 minutos finais, con dez pola expulsión de Liluu, e onte  xogamos toda a prórroga con dez pola expulsión de Perreta, cando o árbitro debería expulsar tamén o do Escravitude. Partido sobrado do Furia que se puxo con 0-1  ó cuarto de hora , gol de Perreta. Mediada a primeira parte, Álvaro nun marabilloso contraataque que deixou pasmado o técnico local Petaca, facía xustiza no electrónico co 0-2 para o descanso. Cando xa estabamos recollendo  para celebrar o triunfo, no minuto 91, marcou o gol do empate o Escravitude, o que fixo que foramos á prorroga, iso si, nos cun de menos. No tempo extra o Escravitude volteouse na nosa área, e incluso puido marcar ó final, pero unha gran intervención de Peixe impediuno. Solución final : Penaltis. Peixe parou dous, outro votárono fora (2 goles ); Nena e Po fallaron, pero Juanjo, Paja e Manu non perdoaron (3 goles ) o que fixo posible que o Furia, adestrado con moito entusiasmo por Mac, pase a oitavos de final con todo merecemento.

Agora recibiremos ó Carcacía o domingo as 19.00 horas  no  CAMPO VELLO DE BAÑO, ó non prosperar as negociacións co Concello de Valga, pola cesión do Campo Municipal  de Baño (herba), campo que, como sabedes, é utilizado normalmente por catro amigos de Catoira, aínda que este domingo pasado utilizouno o Cordeiro de cadetes para o seu partido co Silleda da Copa do Sar. Alá eles e elas ca súa conciencia. Será “Dia do Club”. Entrada única a “tres euros”. Seguiremos informando. ¡¡Hala Furia !! ¡¡A Copa é nosa!! ……E venca !!! Xa podedes ver o “vídeo ” dos penaltis realizado por Noelia de Perreta. Grazas Noelia.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 9.7/10 (7 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 13 (FÁTIMA) E 15 (SAN ISIDRO) DE MAIO

16 de Maio de 2010 por furiaac

BENXAMÍNS : Furia (0) – Bertamiráns (10)

Campo de Campaña. Ambiente “carrapucheiro” . Marcharon moi contentas as nais.

Colexiado : Rubén Maquieira. Impresionante arbitraxe.

Alienacións :

Furia : Jonathan (1), Xabi M. (1), Nerea (1), Leandro (1), Franco (1), Anxo (1), Toni (1), Pepe (19, Xabi D. (1) e Brais (1).

Bertamiráns : Álvaro, Xurxo, Aless, Pablo, Quique, Lestón, Manu, Antón, Lareo, Carlos, Alberte e Salgado.

Primeira parte primorosa por parte do Furia que se foi ó descanso con 0-2. Na segunda metade, a ansia dos nosos xogadores por meter gol, fixo que o Bertamiráns chegase con facilidade á nosa portería meténdonos unha boa tunda que quedou reflexada no marcador final. O próximo encontro será en Dubra, posiblemente o sábado 22 as 11.00 da maña.

XUVENÍS (COPA DO SAR) : MILLADOIRO (3) – FURIA (3)

ESTADIO MUNICIPAL DE AMES (BERTAMIRÁNS ). Unha maña preciosa para comer o pulpo, por exemplo, na Ascensión.

Colexiado : Eusebio Rodríguez. Bastante tarxeteiro. Sen maiores problemas, tendo que expulsar ó xogador nº 10

do Milladoiro por usar un vocabulario impropio.

Alienacións :

Milladoiro : Paco, Borja, Marcos, Rubén, Suso, Xil, Iago, Xosué, Waldir, Adrián e Darío……Marcos.

Furia : Christian (3), David (1), Pepe (1), Pipe (3), Borja (2), Adriansinho (1), Adrián F. (2), Po (2), Paco (1), Brais (2) e Diego (3)……Potel (1) e Serxio (1).

A pesar das baixas cas que contaba o equipo  de Marcos “Polo”, Carliños (sancionado), Quique (sancionado), Gas (por durmiñón), puido sacar a eliminatoria adinte sen maiores problemas, xa que aproveitou moi ben ó porteiro dos cadetes “Christian” e o momento feliz que está atravesando Diego Fernando (falan da súa fichaxe polo Estradense), para desbaratar o prantexamento  do Milladoiro. Os coles foron anotados por : Pipe, Paco e Potel. Nos oitavos de final espéranos o Fátima, sendo o partido de ida o sábado 22, en Campaña, as 18.00. E venca!!!!

COPA DO SAR : FURIA (1) – ESCRAVITUDE (2)

Campo de Campaña. Boa temperatura e bo ambiente. Sacamos para pagarlle ós trencillas.

Colexiado : Vázquez Dieste, auxiliado por Piñeiro Prol e Muñíz Lago. Tres pes para un banco. Montáronos un “guirigai” no gol do Furia digno de Fellini, expulsando ó autor do gol “Liluu”, cando faltaba media hora, o cal nos impideu poder remontar o partido. Seguro que Petaca estará contento.

Alienacións :

Furia : Peixe (2), Pincho (1), Rañó (3), Juanjo (3), Miki (2), Nevero (2) ,Paja (0), Manu (3), Toño (1), Perreta (1) e Álvaro (0)…….Liluu (2) e Roni (1).

Escravitude : Pepe, Estevo, Quique, Manu, Anxo, Gago, Xoán, Toni, Vicente, Gonzalo E Xabi……Pedro e Domingo.

Posiblemente o resultado debería de ser tablas pero, un mal comezo do Furia ,permitiu que o Escravitude se puxera co 0-2 en dúas xogadas illadas na primeira parte. A segunda metade foi outra historia; o Furia   aspirou a darlle a volta  ó marcador e case o consegue pero, a actuación dos colexiados o impediu coa expulsión de Liluu, autor do gol do Furia.

O encontro de volta será este luns 17 (DIA DAS LETRAS GALEGAS) as 18.00 na Escravitude. Ánimo e a por eles. ¡¡¡A copa e nosa !!!

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 10.0/10 (4 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 8 E 9 DE MAIO (O MES DAS FLORES )

11 de Maio de 2010 por furiaac

COPA DO SAR : FURIA – ESCRAVITUDE. IDA, SÁBADO 16 AS 18.00, CAMPO DE CAMPAÑA. VOLTA,LUNS 17 AS 18.00, CAMPO DA ESCRAVITUDE.

BENXAMÍNS : BERTAMIRÁNS “B” (7) – FURIA (3)

Campo Municipal de Bertamiráns. Algo mais de 48 persoas. Boa temperatura.

Aliñacións:

Bertamiráns “B” : Esteban, Alex, Jonathan, Samuel, Adrián, Aaron, David, Bili, Alex V. e Serxio.

Furia : Jonathan (1), Xabi (1), Nerea (1), Leandro (1), Franco (2), Anxo (3),Pepe (1), Xabi D. (1) e Brais (1).

Colexiado : Roberto Bentrón “Pepín”. Moi ben situado,  non tivo maiores problemas para sacar adiante este partido.

Puido o Furia sacar un mellor resultado pero nos últimos 10 minutos o Bertamiráns apretou con toda a artillería e fixo inútil os dous goles de Anxo e o de Pepe. Outra vez será. Este xoves 13, as 18.00, xogamos en Campaña contra o primeiro clasificado o Bertamiráns “A”.

XUVENÍS (COPA DO SAR) : FURIA (1) – MILLADOIRO (0).

Campo Municipal de Campaña. Tarde de cans. Catro amigos nas gradas e outros catro, por dicir algo, nos banquiños.

Colexiado : Vicente Fiel. Moi mal. Converteuse no único protagonista do encontro, como case sempre, ó expulsar ó porteiro Charles White, pos que non saibades inglés : Carlos Blanco,  con vermella directa por unha interpretación libre dun discurso oral cun rival e, con dúas amarelas, a Quique Rosio .Resumindo, escarallounos o equipo para o partido de volta.

Aliñacións :

Furia : Carlos (3), Quique (2), Pepe (0), Pipe (2),David (2), Adriansinho (1), A. Ferro (0), Po (0), Paco (3), Brais 81) e Diego Fernando (3)……..Pascolo (Non puntúa ó retirarse lesionado nunha xogada  fortuíta), Borja (1), Potel (1) e Gas (1).

Milladoiro : Paco, Borja, Marcos, Rubén, Suso, Xabi, Ismael, Alberte, Waldir, Adrián e Darío…Non houbo cambios.

Partido moi planeado por Marcos Jamardo “Polo” que foi capaz de intuír a táctica do adestrador do Milladoiro Jorge Parada como si se tratase dunha partida de xadrez. Así foi como, nun marabilloso contragolpe, Diego Fernando marcou o único tanto do partido. Na parte final do encontro, Vicente Fiel, sinalou un penalti a favor do Milladoiro, ca consiguiente expulsión de Quique, parando o lanzamento o fenomenal “Carliños”. O peor : O árbitro e a lesión do bravo xogador Pascolo. ¡¡¡Ánimo “Pascolo”!!! O mellor : o resultado, que ben pode valer a eliminatoria. O encontro de volta será o sábado 15, as 12.00, no campo de Bertamiráns. ¡¡¡ Sorte!!!

CADETES (COPA DO SAR) : FURIA (0) – BASTAVALES (2)

Campo Municipal de Campaña. Mañá desapracible con frío, choiva e vento, poñéndonos todos, os que eramos, como pitos. Non creemos que os que  presenciaron o encontro no campo de herba (Cordeiro-Silleda) se mollasen. Cun par de ovos. Si señor!!!

Colexiado : Rives Pena. Moi meticuloso e con aires de Muñíz Fernández. Fíxolla gorda o Athletic  de Bilbao.

Aliñacións:

Furia : Christian (1), Antón (1), Manu (2), Adrián (2), Miguel (1), Alex (3), Xosé (1), Dani (1), Samuel (1), Lucas (0) e Santos (1)…..Fran (1), Alvaro (1) e Rial (1).

Bastavales : Raúl, Carlos, Iago, Darío, David, Xaquín, Estevo, Alex, Adrián, Gabri, Antón e Diego….Balboa, Fontáns, Amigo e Ferreiro.

Xa se acabou. O torneo de Copa do Sar, cadetes, que fora impulsada no seu dia polo FURIA, quedouse sen o promotor da mesma ó quedar apeado, as primeiras de cambio, merecidamente polo Bastavales que fixo da súa pegada unha arma letal.O peor : A lesión de Alex Barreiro. Ánimo Alex!!!. O mellor : Que somos uns rapaces estupendos. Sorte para o Bastavales  na seguinte volta, pero…xa se verá.

Salvo algún amigable a temporada rematou oficialmente hoxe. Procurar seguir atentos a páxina.

PEREGRINACIÓN A SANTIAGO (5 DE XUÑO ) :

Debido a tremenda cantidade de xente que hai anotada, tan solo queda recordarvos que, a data tope para apuntarse é o domingo 30 de maio. Temos que avisar na Catedral, no restaurante e a Renfe. Mais información cando a haxa. Je, je…

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 9.8/10 (6 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 1 E 2 DE MAIO (FESTAS EN SAN MIGUEL DE VALGA)

3 de Maio de 2010 por furiaac

AFECCIONADOS (COPA DO SAR) : FURIA (3) – ROIS (1)

Aliñacións:

Furia : Peixe (2), Pincho (1), Rañó (1), Nevero (2), Nena (2), Miki (2), Ferro (1), Manolito (2), Liluu (3), Xabi (2), e Álvaro (2)….. Paja (2), Flores (1), Ronnie (2) e Perreta (2). Adestrador: MAC (2,5)

Rois: Huckelberrinho, Rodri, Xosé, Carlos, Toni, Cami, Rafa, Paco, Pepe, Iván e Morales…. Suso e Mendez

Colexiado: Martínez Millán, auxiliado por Alberto Figueira e Alex Álvarez. Non armou follón, por pouco.

Incidencias: Bastante público. Case trescentos € de recadación, sen contar dereitos de televisión.

Superioridade manifesta do Furia, que puido meterlle unha peta ó frouxo equipo do Rois, o cal se portou cunha deportividade maravillosa. Os goles foron anotados por Alvarito (2) e por Adrián Ferro. Partido moi como no que compre salientar boas e malas novas. As boas son que volveron a xogar Miki e Ronaldinho despois do seu exilio, e a mala noticia e a lesión de Xabi Cotón, que salvo recuperación milagrosa se perderá a final de copa.

Próximo partido no Campo de Campaña contra o Esclavitude.  O sábado 15 as 18,00 horas partido de ida. O luns 17, as 18,00 horas, será o de volta no campo da Escravitude.

Xabi Cotón, antes da súa lesión

Radiografía do pé de Casano. Radiografía cedida polo Hospital provincial de ConxoTódolos dereitos reservados

A rotura prodúxose no metacarsiano metatarsiano. Agardamos unha pronta recuperación

BENXAMÍNS: FURIA-SAN MAMEDE (0-9)

Aliñacións:

Furia: Jonathan (1), Xabi (1), Nerea (1), Leandro (2), Brais (1), Xose (1), Franco (1), Pepe (1) e Xabier (1)

San Mamede: Fabián, Adrian, Marcos, Brais, Damián, Darío, Alex, Iago, Nico, Damián Noia

Colexiado: Rubén Xoel. Na súa liña

Incidencias: Había festa en San Miguel. Os nosos rapaces desfrutaron da orquestra ata altas horas e iso notouse no rendemento dos xogadores. Outra vez será!

Próxima xornada: Sábado 8 en Bertamiráns.

COPA DO SAR

Categoría xuvenil: Sábado 8 ás 18:00 no campo de Campaña contra o Milladoiro

Categoría cadete: Domingo 9 . Campo de Campaña contra o Bastavales. Horario : 11,00.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 10.0/10 (1 vote cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADA DO 24 DE ABRIL (VISPERA DO 36º ANIVERSARIO DA REVOLUCIÓN PORTUGUESA)

25 de Abril de 2010 por furiaac

AFICIONADOS (AMISTOSO) : CD UNIÓN (2) – FURIA (2)

Campo de Vilas (Asados). Moi boas instalacións, non como as nosas que por non ter non temos nin cantina. Tarde chuviosa e temperatura agradable. ¿ Público? o xusto.

Colexiado : Valentín Mora. Discutible; sinalou un penalti a favor do Unión, cando a falta foi fóra da area, o que lle sirveu para empatar o partido no último minuto. Despois do encontro disputouse o desempate ó truco entre os tres mellores xogadores de cada directiva, Furia : Polo (2), Santi o Cabo (2) e Bili (3). Unión : Carmelo (1), Toño o da Renault (0) e Iñaki o Cañero (1), gañando, como era de esperar, o Furia por dous trintas a un.

Alienacións :

Unión : Peoe, Rodri, Simón, Miguel, Brais, Manolo, Adrián, Victor, Denai, Paco e Serxio……Cristian, Xoán e Dani.

Furia : Peixe (2), Pincho (2), Juanjo (2), Nevero (2), Nena (2), Miki (2), Ferro (2), Xabi (2), Toño (2), Perreta (2) e Álvaro (2)…..Pipe (1), Rañó (1), Paja (1), Brais (1), Liluu (2) e Pepe (1).

Moi bo partido o disputado hoxe polo Furia ante o novo equipo de primeira como é o Unión que, en ningún momento foi superior ó Furia que, posiblemente, fora merecedor da vitoria. Os goles do Furia foron obra de Toñito (0-1) e de Liluu (1-2). O fútbol sigue e o domingo 2 hai a primeira volta da Copa do Sar, será as 5 da tarde en Campaña frente ó sempre incomodo Rois a partido único.

Benxamíns : Descansaron. Próximo partido o sábado 1, en Campaña, contra o San Mamede as 16.30 horas.

Peregrinación a Santiago : Sábado 5 de xuño. Saída as 6.00 horas do campo de festas de Campaña.

O prezo será de 12.00 euros por persoa con dereito a : agasallo conmemorativo, xantar e retorno en tren. Data tope para anotarse o 30 de maio. Recomendamos roupa e calzado cómodo. Coche oficial de apoio. Seguiremos informando.

Festa do Furia : O sábado 19 de xuño ó mediodía. No campo de festas de Campaña. Seguiremos informando.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 9.7/10 (3 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADA DO 17 DE ABRIL

19 de Abril de 2010 por furiaac

AFECCIONADOS :

Estadísticas da liga.

RESUMO DA TEMPORADA:

Non saberíamos como calificala, pero posiblemente de irregular. Seguramente xunto co Dodro e co Val do Ulla, foron os equipos que mellor fútbol practicaron; pero solo este último acadou o seu obxetivo, que non era outro que o ascenso. Pero, outro ano será. Todos deron o máximo e fixeron unha moi boa temporada. Agora a esperar á copa e a vindeira temporada… e xa se verá. En canto ós máis destacados:

Porteiro menos goleado:

PEIXE.

Xogador máis regular:

MANOLITO.

Xogador revelación:

XABI COTÓN.

Goleadores:

1 Gol…..SANTI, MONCHO E PÓ (xuvenil)

2 Goles….. PINCHO, TOÑO, LILU E RUBÉN (xuvenil)

3 Goles….. PAJA.

4 Goles….. FLORES E XABI.

6 Goles….. MANOLITO.

8 Goles….. PERRETA E FERRO (xuvenil)

11 Goles….. TITO.

13 Goles e Pichichi da campaña do Furia 2009-2010…………SUPER…ALVARITO.

Partido amistoso.

O próximo sábado 24, no Campo Novo de Asados, partido preparatorio para a Copa do Sar, entre os equipos do Unión, recente campión de segunda rexional (parabéns), e o Furia. A hora será as 17,30. Sorte.

XUVENÍS: RESUMO DA TEMPORADA.

Ó igual que o equipo maior, hubo de todo como “en botica”: alternaron partidos moi bos, pero tamén encontros desastrosos. Esperábase algo máis, aínda que na súa defensa, hai que falar das moitas baixas que sufriu o equipo durante toda a temporada, sobre todo por culpa de lesións moi longas. De tódolos xeitos deron a cara, como sempre. En resumo:

Porteiro menos goleado:

CARLITOS MAMBÍS.

Xogador máis regular:

PIPE.

Xogador revelación:

PEPE.

Goleadores:

1 Gol…..XOAN CARLOS, CARLITOS MAMBÍS, QUIQUE, BRAIS E BRAIS KURIC (cadete).

2 Goles…..SERXIO, MALEKINHO E CARLOS POTEL.

3 Goles…..ADRIANSINHO E PASCOLO.

4 Goles…..PEPE E PIPE.

5 Goles….. PÓ.

6 Goles e compartindo “pichichatotres machotes como………RUBÉN, FERRO E o sorprendente DIEGO FERNÁNDEZ.

CATEGORÍA ALEVÍN : Cacheiras (1) – Furia (2)

Campo de A Cañoteira. Menos de media entrada. Non chovía.

Colexiado : Roberto Díaz. Cartón amarelo a Samuel por quitar a camiseta. Perfecto.

Aliñacións :

Cacheiras : Alex, Carlos, Andrés, Gonzalo, Adrián, Pablo, Mauro e Eduardo.

Furia : Borja (3), Salva (3), Xoán (2), Paja (1), Brais (3), Serxio (1), Samuel (2), Manu (3) e Ricardiño (2).

Bo colofón para finalizar a liga dos chavales de Xabi Cotón “Cassano” acadando, con este resultado, un meritorio quinto posto. Golazo de Brais para abrir a lata e o segundo de Samuel. Seguiremos informando do que poida afectar a esta categoría. Gracias a todos.

Resumo da temporada:

Posiblemente a categoría que máis alegrías dou ó clube, que refrendaron cunha excelente quinta posición. Quizais si non tiveran tan mala sorte, posiblemente puideran estar moito máis arriba. Gran temporada e gran dirección técnica de Cassano e tamén do segundo Pelotes.

Porteiro  menos goleado:

BORJA SECO.

Xogador máis regular:

SAMUEL CASTIÑEIRAS.

Xogador revelación:

MANU MENIÑO.

Goleadores:

1 Gol…..SALVADOR.

2 Goles….. BRAIS.

3 Goles…..ALEX PAJA E MANU MENIÑO.

11 Goles….. ANXO (benxamín)

12 Goles….. SERXIO RICO.

18 Goles e máximo artilleiro e pichichi da categoría…..SUPER SAMUEL CASTIÑEIRAS. Noraboa.

CATEGORÍA BENXAMÍN : Furia (5) – Val do Ulla (6).

Campo de Campaña. Moito público local que non deixou de animar ó Furia, sobre todo cando se puxo por diante con  catro a dous.

Colexiado : Roberto Bentrón “Pepín”. Moi protestado polo Furia a raíz de sinalar un penalti inexistente a favor do Val do Ulla.

Alineacións :

Furia : Jonathan (2), Xabi (2), Nera (3),Leandro (3), Toni (2), Xabier (1), Brais (1), Pepe (1), Franco (2) e Anxo (3).

V. do Ulla : Dani, Xabi, Fran, Borja, Navia, Alex, Marcos, Pablo, Brais, Pedro e Oscar.

Derroche de fútbol ofensivo do cal o peor parado foi o Furia. Despois de ter o partido controlado nos últimos cinco minutos o Val do UlLa doulle a volta ó marcador. Os goles do Furia foron obra de Leandro (2) e Anxo (3). Para sábado descansamos.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 10.0/10 (2 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 8 E 10 DE ABRIL.

12 de Abril de 2010 por furiaac

AFECCIONADOS: FIN DE LIGA

A vindeira xornada é á espera da copa (cuxos emparellamentos xa están nesta páxina), faremos un resumo e un amplo análise do que foi a temporada.

XUVENÍS: FIN DE LIGA

Ó igual que cos maiores, a próxima semana, faremos un estudo polo miudo de como foron as cousas no torneo da regularidade.

CADETES: FIN DE LIGA.

ALEVÍNS: FURIA-ESCLAVITUDE (10-3)

Alineacións:

Furia: Borja (2), Salva (2), Xoan Manuel (3), Paja (2), Brais (3), Serxio (2), Samuel (2), Manu (2), Ricardo (2) e Anxo (3)

Esclavitude: David, Alonso, Benito, Álvaro, Darío, Rubén, Aaron, Antonio, Cristian e Nerea.

Colexiado: Rubén Maquieira Otero. O mellor colexiado que pasou polo campo de Campaña. Moi bo tecnicamente e con moito futuro, pero un pouco “empanadilla”.

Incidencias: Campo de Campaña, nun día maravilloso; con menos de 120 afeccionados. Media entrada.

Xa o viñan merecendo e buscando nas últimas xornadas. Ante o último clasificado, fixeron ben as cousas, e golearon ós chavales do Esclavitude. Os tantos foron anotados por Brais, Serxio (3), Samuel (2), Manu e Anxo (3). O vindeiro sábado en Cacheiras, ás 11 da mañá. Moita sorte.

BENXAMÍNS: FURIA-FLAVIA (2-12)

Alineacións:

Furia: Jonathan (0), Xabi (0), Nerea (0), Leandro (0), Toni (0), Brais (0), Pepe (0), Nico (0) e Anxo (2)

Flavia: Aaron, Miguel, Rubén, Abel, Manuel, Alberto, Pablo, Álex, Alonso, Antón e Suso.

Colexiado: Ricardo Silva Pérez. Sen problemas.

Incidencias: Bastante público, nun bo día para plantar un tallón de sebolo.

Superioridade manifesta do Flavia, pero que tamén hai que ter en conta que seguramente foi o peor encontro da temporada dos nosos pequech@s. Na primeira metade aínda aguantaron bastante ben (2-4), pero na reanudación xa foi unha desfeita. Os goles do noso equipo anotados como non por Anxo e Leandro. Este próximo sábado volven a xogar na casa, ás 3 e media fronte ó Val do Ulla.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 10.0/10 (2 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

SORTEO DA COPA DO SAR CADETE,XUVENIL E AFECIONADOS.

9 de Abril de 2010 por furiaac

AFECIONADOS : FURIA / ROIS (2 DE MAIO ) PARTIDO ÚNICO – CAMPO DE CAMPAÑA.

XUVENÍS : FURIA / MILLADOIRO (8 DE MAIO ) IDA. CAMPO DE CAMPAÑA.

CADETES :FURIA / BASTAVALES (9 DE MAIO ) PARTIDO ÚNICO – CAMPO DE CAMPAÑA.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 10.0/10 (3 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

« Previous Entries Next Entries »

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan