TERCEIRA GALEGA

FURIA – 3 (Diego, 1 – 0; Josiño, 2 – 0; Agustín, 3 – 0)

PALMEIRA – 1

Antes do comenzo do partido gardouse un solemne minuto de silencio polo pasamento do noso socio e compañeiro Manuel López “Nolito o Chato”, e polos nosos veciños María González e Alberto Chaves. DESCANSEN EN PAZ.

Foto de Furia AC.

ALA FURIA!! Emoticon trabajo estudio u

TERCEIRA GALEGA

FURIA (4º CLAS. 46 PTOS.)

PALMEIRA (5º CLAS. 45 PTOS.)

ENTRADA ÚNICA TRES (3) EUROS

DOMINGO 28, ÁS CINCO DA TARDE, NO CAMPO MUNICIPAL RAMÓN DIÉGUEZ DE PONTE CESURES.

Se gañamos, xogaremos a promoción de ascenso. Esperámoste cos brazos abertos.

Da  Palmeira de Riveira xa temos falado aquí moitas veces. Da pesca, das festas, dos emigrantes en New Jersey onde se fundou a Sociedad Hijos de Palmeira no ano 1929. Ó parecer, o club de fútbol fundouse no ano 1945.

No Brasil tamén hai outra Palmeira. Está asentada no estado de Paraná, ó sur do país e conta con  32.121 habitantes aproximadamente.

Igreja Matriz Nossa Senhora da Conceição.jpg

Igrexa da Nosa Señora da Concepción (Palmeira – Brasil)

ANIVERSARIO 1979-2019

Este ano celebrase o corenta aniversario da película “A vida de Brian”, dos ingleses Monty Python. Unha auténtica obra de arte.

Trata a historia dun xudío que nace o mesmo día que Xesucristo e xa de adulto é varias veces confundido con el.

A película despois da súa estrea no Reino Unido, non chegou a verse en Irlanda e Noruega, onde incluso se prohibiu a súa emisión. Durante a estrea en Suecia, había carteis que dicían: “Esta película é tan divertida ata a prohibiron en Noruega”.

A pesares do tempo transcorrido, segue a manter toda a potencia da actualidade. Unha marabilla.

deixámosvos con  unhas escenas caralludas:

a polos tres puntos….ALA FURIA!! Emoticon bailando divertido

NOTA NECROLÓXICA

Hoxe faleceu Manuel López Santiago “Nolito o Chato” (Vilar – Cordeiro – Valga, 22 – V – 1961 <> 16 – IV – 2019).

Socio do Furia dende a súa fundación, membro da peña celtista valguesa “O Furúnculo no Escroto”, amigo dos seus amigos, amante das illas Canarias, gran xogador de truco e fervente devoto da Candelaria. Un bo tipo.

O acto fúnebre celebrarase este mércores 17, ás cinco da tarde, na igrexa parroquial de Santa Columba de Louro – Cordeiro.

No próximo encontro Furia – Palmeira, gardarase un solemne minuto de silencio na honra da súa memoria. D. E. P.

TERCEIRA GALEGA

DODRO (8º CLAS. 34 PTOS.)

FURIA (5º CLAS. 43 PTOS.)

DOMINGO 14, ÁS CINCO DA TARDE, NO CAMPO MUNICIPAL DE CHENLO (TARRÍO – LAÍÑO – DODRO).

No concello de Dodro, aparte do equipo de fútbol, existen unha serie de figuras de renome transfronteirizo.

Eusebio Lorenzo Baleirón.JPG

Pintada nas paredes do C.P.I. Eusebio Lorenzo Baleirón que representa ó escritor de Dodro.

Hoxe falaremos de Eusebio Lorenzo Baleirón. Eusebio Lorenzo Baleirón, nado en San Xulián de Laíño (Dodro) o 25 de xaneiro de 1962 e finado o 14 de decembro de 1986 tamén en Dodro, foi un escritor galego. Era irmán do tamén escritor Manuel Lorenzo Baleirón.

No décimo aniversario da súa morte editouse a súa obra poética completa: Gramática do silencio. Obra poética. Así mesmo, en 2000 saíu á luz Antología Poética, unha antoloxía bilingüe (galego-español) baixo o coidado de Ánxeles Penas.

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/44/%C3%81nxeles_Penas_%28AELG%29-1.jpg/220px-%C3%81nxeles_Penas_%28AELG%29-1.jpg

Ánxeles Penas García, nada en Teixeiro (Curtis) o 5 de maio de 1943, é unha poeta galega, primeiro en castelán e, desde 1982, en galego.

En 2017 foi candidato a ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas correspondente ao ano 2018, canda Ricardo Carballo Calero, Plácido Castro, Antón Fraguas e María Victoria Moreno, que é a que foi finalmente escollida.

Imaxe relacionada

C.P.I. Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón.

Premio Eusebio Lorenzo Baleirón

O Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón foi instituído en 1988 polo concello de Dodro co obxectivo de contribuír á reafirmación da lírica galega e na honra ó poeta Eusebio Lorenzo Baleirón. As coleccións dos gañadores publícanse, dende 1992, na Colección de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón de Ediciós do Castro.

Dodro é un bo exemplo para comprobar a evolución da poboación do rural galego. Aquí vos deixamos un gráfico moi explicito:

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/timeline/abe855de31f30ff06fb1bc4fa8224d60.png

Dodro tamén é coñecido dende este lado do río Ulla como “A Banda do Mar”; e, os de Dodro, por conseguinte, son “Os da Banda do Mar”.

a polos tres puntos…ALA FURIA!!

TERCEIRA GALEGA

FURIA (5º CLAS. 40 PTOS.)

ARTES (1º CLAS. 52 PTOS.)

DOMINGO 7, ÁS CINCO DA TARDE, NO MUNICIPAL RAMÓN DIÉGUEZ DE PONTE CESURES.

ENTRADA ÚNICA TRES (3) EUROS

https://scontent.fmad3-5.fna.fbcdn.net/v/t1.0-9/1619139_334954123351705_3040437037564079630_n.jpg?_nc_cat=104&_nc_ht=scontent.fmad3-5.fna&oh=46c256a92bcf7ee4e4c697038cd712b4&oe=5D0AD060

VISÍTANOS O LÍDER!!

QUÉDANNOS CATRO BALAS PERO SON DE CAÑÓN!!

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/thumb/f/f9/Artes%2C_Ribeira.jpg/300px-Artes%2C_Ribeira.jpg San Xian de Artes

San Xián de Artes é unha parroquia situada no suroeste da península do Barbanza, administrativamente depende do concello de Riveira. Conta con aproximadamente 798 habitantes.

Delimitación

A delimitación parroquial comprende os seguintes marcos e pedras, segundo o amolloamento do documento eclesiástico de 1717: Pedrecelos, A Gandarela, Pedra Rubia das Cortellas, Pedra do Souto Xestoso, Pedra da Sobreira, Pedra Esquita, Pedra do Lobo, Marmoriais de Santo Alberte, Rial da Figueira, Laxe da Carga, Fonte Moscosa, Río de Sirves e Pozo Negro.

En fontes eclesiásticas do 1500 aparece recollida a recadación na parroquia dese ano, uns 3.833 marabedís:

San Giao d’Artaes tres myll e ochoçientos e treynta e tres mrs.

Hoxe tampouco podemos deixar a oportunidade que nos brinda esta páxina para felicitar a unha exxogadora do Furia Laura Martínez “Laura Chapas” e ó seu compañeiro de batallas e tamén exxogador do Furia Alberto Busto “Patxi Salinas”polo seu novo status: acaban de ser papás de Xián!!

https://external.fmad3-7.fna.fbcdn.net/safe_image.php?d=AQCBFhG6hKckDYQI&w=540&h=282&url=https%3A%2F%2Fwww.diariodepontevedra.es%2Fmedia%2Fdiariodepontevedra%2Fimages%2F2019%2F04%2F02%2F2019040210344823506.jpg&cfs=1&upscale=1&fallback=news_d_placeholder_publisher&_nc_hash=AQAb1zuAJ-ag7rVK

Foto Diario de Pontevedra.

PARABÉNS DE TODA A XENTE DO FURIA!!

a polos tres puntos e Ala Furia!!

TERCEIRA GALEGA

DOMINGO 31, ÁS CINCO DA TARDE, NO CAMPO COMUNAL DA LOMBA (TARAGOÑA).

ARAÑO – FURIA

Foto de S.D ARAÑO.

Santa Baia do Araño é unha das seis parroquias que compoñen o concello de Rianxo. É a única, xunto ca de Asados,  que non está bañada pola ría.

Hoxe o Araño conta con aproximadamente 1465 habitantes esparexidos por 25 aldeas, das que cabe destacar a singularidade de Cerqueiras, O Campelo e O Vilar.

A SD Araño xogaba antigamente nun campo natural subindo cara a Muralla; agora xoga no campo de plástico Taragoña.

Resultado de imaxes para HORREO DO ARAÑO

HÓRREO DA RECTORAL DE SANTA BAIA DO ARAÑO, O MAIS GRANDE DE GALICIA CON 36.75 METROS DE LONGO, 2.40 DE ALTO, 2.70 DE ALTO É UNHA CAPACIDADE DE 170 METROS CÚBICOS.  A SÚA CONSTRUCCIÓN DATA DO SÉCULO XVII. NON DISPÓN DE PÉS DE APOIO.

https://fotosderianxo.files.wordpress.com/2011/08/igrexa1.jpg?w=490

IGREXA E CEMITERIO DE SANTA BAIA DO ARAÑO.

Resultado de imaxes para CAPELA DOS MILAGROS DO ARAÑO

CAPELA DOS MILAGRES DO ARAÑO. A SÚA FESTIVIDADE CELÉBRASE O PRIMEIRO DOMINGO DE AGOSTO.

Foto de Festas Do Araño.

CURIOSO CARTEL ANUNCIADOR DAS FESTAS DO ARAÑO. SONCHE BEN PAVEROS OS DA ASOCIACIÓN “A CARBALLEIRA DE BAIA”.

A POLOS TRES PUNTOS…ALA FURIA!! Emoticon artefactos varios