TERCEIRA GALEGA “DÍA DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO”

DOMINGO 24, HORA 17.05, CAMPO R. DIÉGUEZ (PORTO – PONTE CESURES)

ENTRADA ÚNICA TRES (3) EUROS

FURIA – CROCHA

O arciprestado de Santo Isidro de Posmarcos é unha parroquia do norte do concello de A Poboa do Caramiñal. A Crocha de Levante e a Crocha de Poñente son dúas das trinta e nove aldeas que a compoñen. A poboación a día de hoxe anda á beira dos 2026 habitantes.

Resultado de imaxes para Santo Isidro de Posmarcos

Igrexa de Santo Isidro de Posmarcos.

Mais o 24 de febreiro, aparte do importante partido de fútbol, é un día moi especial para nós as galegas e os galegos: o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885). Un extraordinario ser humano.

Rosalía Castro de Murguía por Luis Sellier.jpg Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro (Casa da Matanza – Iria Flavia – Padrón), organiza por tan nobre causa unhas actividades participativas que van dende o xoves 21 ata o domingo 24.

Aquí vos deixamos o número de contacto por se xurde algún “aquel”:   981 811 204

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa “marabillosa-marabillosa” obra Cantares gallegos.

Adios rios, adios fontes,
Adios regatos pequenos,
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
Terra donde m’ eu criey,
Ortiña que quero tanto,
Figueiriñas que prantey.

Prados, ríos, arboredas,
Pinares que move o vento,
Paxariños piadores,
Casiña dó meu contento,

Muíño d’ os castañares,
Noites craras de luar,
Campaniñas trimbadoras
Dá igrexiña dó lugar,

Amoriñas d’ ás silveiras
Qu’ eu lle dab’ ó meu amor,
Camiñiños antr’ ó millo,
Adios, para sempr’ adios!

Adios groria! Adios contento!
Deixo á casa onde nacín,
Deixo á aldea que conoço,
Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,
Deixo á veiga pólo mar,
Deixo, en fin, canto ben quero…
¡Quen pudera non deixar!…

Mais son prob’ e mal pecado.
A miña terra n’ é miña,
Qu’ hastra lle dán de prestado
A veira por que camiña
O que naceu desdichado.

Téñovos pois que deixar.
Hortiña que tanto amei,
Fogueiriña dó meu lar,
Arboriños que prantei,
Fontiña do cabañar.

Adios, adios, que me vou,
herbiñas do camposanto,
Donde meu pai s’ enterrou,
Herbiñas que biquey tanto,
Terriña que nos criou.

Adios tamén, queridiña!….
Adios por sempre quizais!…
Dígoch’ este adios chorando
Desd’ a veiriña do mar.
Non m’ olvides, queridiña,
Si morro de soidás….
Tantas légoas mar adentro….
¡Miña casiña! meu lar!

Rosalía de Castro tamén é do Furia!!

domingo a polos tres puntos…ALA FURIA!!

TERCEIRA GALEGA

CRUÍDO (3º CLASIF., 31 PTOS.)

FURIA (2º CLASIF., 33 PTOS.)

DOMINGO 17, ÁS 16.30, NO CAMPO MUNICIPAL DA SILVA, PARROQUIA DE LOUSAME (CONCELLO DE LOUSAME).

Aquí vos deixamos a localización por satélite:

http://www.novafutbol.com/GoogleMaps.php?direccion=%20Lousame%20Coru%C3%B1a,%20La

http://www.futgal.es/pnfg/pimg/Clubes/00100_0000001329_Cruido.jpgA Asociación Deportiva Cruído é un equipo de fútbol da aldea de Cruído (ou Croído) da parroquia de San Xoán de Lousame, capital do concello.

Resultado de imaxes para concello de lousame

O concello de Lousame conformouse como tal en 1836, cando tiña 3.514 habitantes. Foi anexionada a parroquia de San Martiño de Fruíme (que pertencía ao concello de Boiro) e a de San Xoán de Camboño (Porto do Son). Amais, a parroquia de Santa María de Roo, que pertencía á xurisdición de San Xusto, pasou ao concello de Noia.

Durante a segunda metade do século XIX chegou a haber 5 fábricas de papel en Lousame na riveira de varios ríos. A máis importante foi a de Diego Fontán, na riveira do río Vilacova.

http://www.concellodelousame.gal/images/estaticas/fontan.jpg

Estado actual da fábrica de papel de Brandía.

A casa consistorial está na aldea de Portobravo desde a década de 1950, se ben ata entón estivera no lugar de Cruído. Nesa época acadouse o período de máxima poboación (6.555 habitantes) debido ao auxe das explotacións mineiras de Finx.

É o único concello do Barbanza que non é bañado polo mar. Hoxe conta aproximadamente con 3.400 veciños.

Igrexa de San Xusto.

Resultado de imaxes para mosterio de sobrado dos monxes Mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Na Idade Media fundouse o mosteiro de Toxos Outos, na beira dereita do río de San Xusto. No tombo de san Xusto, do século XII, aparece reflectida moita documentación da época medieval. No século XVII o mosteiro foi anexionado ao de Sobrado dos Monxes (cistercienses), converténdose en priorado do mesmo. A orde do Císter é unha orde relixiosa fundada en Citeaux (Borgoña – Francia)por Roberto de Molesmes no ano 1098. Foron coñecidos na idade media como os monxes brancos, pola cor do seu hábito, en oposición aos monxes negros, que eran os beneditinos. Xa coa desamortización de Mendizábal desintegrouse por completo, converténdose na igrexa parroquial de San Xusto de Toxos Outos e perdendo a autonomía xurisdicional que tivera na Idade Media.

http://www.concellodelousame.gal/images/estaticas/minas.jpg

Lousame: Minas de San Fins, Mosteiro de Toxos Outos, as festas do San Roquiño de Tallara, Papeleiras da Riveira, Monte A Muralla…. e tamén a parroquia de San Mariño de Fruíme.

E vós diredes, San Mariño de Fruíme? Pois si.

Nesta parroquia estivo o sacerdote e escritor Diego Antonio Cernadas de Castro (1702–1777), coñecido como “o cura de Fruíme”.

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/O_cura_de_Fru%C3%ADme.jpg/250px-O_cura_de_Fru%C3%ADme.jpg Diego Antonio Cernadas

Diego Antonio Cernadas y Castro, máis coñecido como O Cura de Fruíme, bautizado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1702 e finado en Fruíme (Lousame) o 30 de marzo de 1777, foi un sacerdote e escritor galego en lingua galega e lingua castelá.

Foi fillo de Antonio Zernadas, escribán da Universidade de Santiago de Composela, e de María de Castro. Coma o seu pai, adoitaba escribir o seu primeiro apelido con zeta (Zernadas). Foi bautizado na Igrexa de San Frutuoso de Santiago. Estudou latín cos xesuítas, foi ordenado sacerdote e acadou o grao de bacharel en Teoloxía pola USC o 31 de xaneiro de 1729. Tomou posesión do curato (cura de almas) de Fruíme con 28 anos, manténdose na parroquia ata a súa morte.

Escribiu obras en prosa e en verso en defensa de Galicia e das inxustizas en xeral. Foi arcipreste de Posmarcos de Arriba, gañou un premio poético en Murcia, e fomentou na parroquia o cultivo do millo. Escribiu obras de teatro sinxelas, coas que ensinaba a ler á veciñanza e explicaba algúns dos misterios da relixión.

Escultura do Cura de Fruíme.

Os seus restos, atopados en 1958, consérvanse na capela das Dores da igrexa parroquial de San Martiño de Fruíme, baixo unha lápida cunha loanza dos veciños. Na súa honra leva o seu nome o CPI de Lousame, construído en 1977 no lugar da Silva.

O concello de Lousame segue reivindicando unhas “Letras Galegas” para o Cura de Fruíme, un tipo con “eles” ben postos.

O 17 de maio de 2018, a Igrexa de Fruíme (Lousame) volveu ser un clamor por cuarto ano consecutivo na reivindicación da dedicación dun Día das Letras Galegas á figura de Diego Antonio Zernadas de Castro, máis coñecido como “o cura de Fruíme”. “Hoxe estamos aquí celebrando un acto reivindicativo de que a Zernadas de Castro se lle tiña que ter dedicado este Día das Letras Galegas algún ano, e xa dende hai moito tempo”, indicou a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde.

http://www.concellodelousame.gal/images/novas/2018/mayo/HomenaxeZernadas.jpg Homenaxe floral ante o busto de Diego Antonio dos veciños e veciñas de San Xoán de Camboño, San Martiño de Lesende, San Xoán de Lousame, San Pedro de Tállara, San Xusto de Toxos Outos, Santa Eulalia de Vila Cova e de San Mariño de Fruíme.

a polos tres puntos…ALA FURIA!!

TERCEIRA GALEGA

FURIA – X. AGUIÑO

DOMINGO 10, ÁS 16.45, NO CAMPO RAMÓN DIÉGUEZ DE PORTO (PONTE CESURES)

ENTRADA ÚNICA: TRES (3) EUROS.

Un pouco de Aguiño.

Nosa Señora do Carme de Aguiño é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ribeira, na punta do Barbanza xusto enfronte á marabillosa illa de Sálvora. No ano 2013 tiña 2.934 habitantes.

Ata 1959 pertencía a parroquia de Carreira. Nese mesmo ano comezou a construírse a igrexa parroquial, deseñada por Antonio Tenreiro Bonachón e sendo o primeiro templo da era moderna con inscricións en galego. Foi consagrada o 14 de xullo de 1967 polo cardeal Quiroga Palacios, dando ese día a súa primeira misa en galego. O templo presenta unha disposición moi funcional, sendo máis ancha que longa. Nel caben 500 persoas.

En Aguiño sonche moi festeiros. Non hai mais que ver as Festas do Carme ou a do Percebe.

Resultado de imaxes para o carmen de aguiño

Resultado de imaxes para o percebe de aguiño

Falando dos percebes de Aguiño, quen no se lembra do Prestige?

O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis.

Resultado de imaxes para o prestige Resultado de imaxes para o prestige

O barco esparceu o seu veleno negro a través daquela deriva mortal e o chapapote inundou en poucos días centos de quilómetros de costa. A tozuda insistencia do Goberno -en minimizar os danos – “Todo apunta a que el combustible que contiene el petrolero Prestige hundido se va a solidificar en el fondo del mar y no va a haber ningún vertido más”, chegou a dicir Mariano Rajoy, entón vicepresidente primeiro do Goberno-, chocou estrepitosamente ca realidade, que cada día deixaba en ridículo ós portavoces gobernamentais.

Mariano Rajoy, anos mais tarde, acabaría sendo presidente do Goberno. Manda carallo!!

a polos tres puntos…ALA FURIA!! Emoticon autos transporte

TERCEIRA GALEGA

SP. LAMPÓN  (6º CLASIFICADO, 25 PUNTOS).

FURIA (2º CLASIFICADO, 30 PUNTOS).

DOMINGO 3, HORA 16.30, CAMPO COMUNAL DA MINA (ROZADELAS – LAMPÓN – BOIRO).

Resultado de imaxes para SPORTING LAMPON  O Sporting Lampón é un equipo de fútbol da parroquia boirense de Santiago de Lampón, aínda que a súa base principal figura na aldea mariñeira de Escarabote.

Resultado de imaxes para escarabote boiro Porto de Escarabote.

O nome de Escarabote procede do escarapote (Scorpaena scrofa), un tipo de peixe similar á faneca brava que habitaba os areais da contorna, de corpo forte e cabeza chea de espiñas.

Escarapote.

O Sporting Lampón é un histórico da Liga do Sar: 50 anos (1969/2019)

Aínda que  nos rexistros oficiais sitúan o nacemento oficial do Sporting Lampón en xuño de 1972, o certo é que  a súa historia remontase ó ano 1969, cando xa competía co mesmo nome en torneos locais.

Imaxe relacionada  Santiago de Lampón.

domingo a polos tres puntos…Ala Furia!!

TERCEIRA GALEGA -SEGUNDA VOLTA-

DOMINGO 27, HORA 16.30, CAMPO MUNICIPAL R. DIÉGUEZ (PORTO – PONTE CESURES).

FURIA – CURES

ENTRADA ÚNICA TRES EUROS

Cures? Imos aló.

Santo André de Cures é unha parroquia situada ó norte do concello de Boiro, na comarca da Barbanza. Conta aproximadamente con 518 habitantes.

Resultado de imaxes para cures boiro Santo André de Cures, Arziprestazgo de Postmarcos de Abaixo.

Ó norte deste fermoso territorio está o monte Iroite, altura máxima da serra do Barbanza, entre as rías de Muros e Noia e Arousa. Ten unha altura de 687 metros e o seu cume o comparten os concellos de Porto do Son, Boiro e Lousame. Nela está o Escuadrón de Vixilancia Aérea 10.

En Cures tamén outro sitios de interese como son o dolmen A Casota do Páramo ou a Fervenza dos Guerreiros

Ficheiro:Dolmen Casota do Páramo, Cures, Boiro.jpgDolmen “A Casota do Páramo”.

Fervenza dos Guerreiros, Cadarnoxo, Cures, Boiro.jpgFervenza dos Guerreiros de Cadarnoxo.

O día do patrón é o 30 de novembro. En Cures celebrase de xeito tradicional: foguetería, procesións, misas, rosarios, sesión vermú, alboradas e verbenas, moita verbenas. Sen ir moi lonxe, as festas do Santo André do ano pasado remataron cunha extraordinaria actuación da Banda de Música Municipal de BOIRO dirixida maxistralmente por Martín Baleirón.

Aquí vos deixamos co resumo das actuacións 17/18:

a polos tres puntos e ALA FURIA!!