INFANTÍS (12ª XORNADA)

INFANTÍS (12ª XORNADA)

Sálvora «B» – 1 (Pablo) / Furia – 1 (Samu)

Campo da Fieiteira; bastante ambiente en partido disputado o martes 6.

Colexiado : Fran Piñeiro, de Boiro. Encantador.

Alineacións :

SÁLVORA : Adrián, Carlos, Rubén, Daniel, Fernando, David, Nestor, Pablo, Cristian, Vidal e Ismael …….. Serxio, Campaña, Tomás, Brais e Xoel.

FURIA : Xabi, Rubén G., David, Manu, Paja, Rubén D., Pablo, Marcos, Héctor, Samu e Álex Vidal…….. Ionis, Ioni, Toni e Brais.

Partido moi ben traballado polos discípulos de Tito que, de estar un pouco atinados, o resultado houbera sido outro.

Sábado 17, hora 12, Campo de Campaña : Furia – Escravitude.

SUSPENDIDO O PARTIDO FURIA – CARCACÍA

SUSPENDIDO O PARTIDO FURIA – CARCACÍA

Ante o pasamento na noite de onte de Francisco González Rodríguez «Paco o Rato» pai do xogador do primeiro equipo do Furia Diego González Sánchez «Diego Melenas» , a directiva deste club decidiu suspender o partido de hoxe unha vez informadas tódalas partes implicadas : Federación, Árbitros e, por suposto, o Carcacía SD.

A directiva do Furia agradece a boa disposición de tódolos afectados.

A directiva do Furia manifesta o seu pesar por esta fatídico óbito e non nos queda outra que agradecer as inmensas mostras de pesar que nos están a chegar e amosar o noso apoio a toda a súa familia.Descanse en paz.

 

AVISO LOTERÍA DA DENA E DO NENO 2012

AVISO LOTERÍA DA DENA E DO NENO 2012

Quedan anuladas, por extravío, as participacións que van dende o número de serie 120 ó 140 (inclusivos) do

                                     07982

O que se fai público para xeral coñecemento.

HORARIOS, CAMPOS E PARTIDOS

HORARIOS, CAMPOS E PARTIDOS

INFANTÍS

Sálvora / Furia; Martes 7, Hora 16.30, Campo da Fieiteira.

 

BENXAMÍNS

Pontecesures / Furia; venres 9, hora 18, Pavillón de Dodro.

 

Abanqueiro «B» / Furia; sábado 10, hora 11.15, Campo da

Charca.

 

PREBENXAMÍNS

Cacheiras / Furia; sábado 10, hora 12, Campo da Cañoteira.

 

XUVENÍS

Sábado 10; descanso.

 

SEGUNDA AUT 8-) NÓMICA

Furia / Carcacía; domingo 11, hora 16, Campo de Campaña.

 

 

 

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

SEGUNDA AUTONÓMICA

Taragoña – 4 / Furia – 0

Campo da Lomba; non collía un alfiler. O Taragoña aparte de quedarse cos puntos tamén se quedou cunha boa recaudación.

Colexiado : Vicente Fiel, de Boiro. Como da familia, sen maiores problemas. Amosou dous cartóns amarelos por cada equipo.

Alineacións :

TARAGOÑA : Xoán, Rafa, Gonzalo, Meira, Otero, Valentín, Diego, Toni, Alberto, Adrián e Serxio …… Antón, Parrulo, Collazo e Pedro.

FURIA : Xosé, Salva, Manuel, Xoán, Maleko, Tito, de Nai, Manolo, Lilu, Diego e Álvaro ……..  Moncho «Pistolas», Adrián Ferro, Marcos, Miguel e Pipe.

O peor partido do Furia no que vai de temporada. O Taragoña foi merecedor dos tres puntos facendo un fútbol moi práctico,  desbordando en todo  momento o sistema defensivo do equipo visitante. O ataque do Furia case non existiu se ben hai que resinar un disparo de Roberto á cruceta na primeira metade e na segunda un de Moncho «Pistolas» que enviou o porteiro local a saque de esquina.

Goles : Alberto, Serxio, Antón e Parrulo.

Contabamos con sacar algo positivo na visita a Rianxo e viñemos de moi mala leite. A liga sigue e no próximo partido hai que ganar.

O domingo 11, as catro da tarde, temos un bo encontro en

Campaña : Furia – Carcacía.

TODOS A CAMPAÑA …….. HALA FURIA  !!!!

XUVENÍS

XUVENÍS

Furia – 0 / Cruces – 4

Campo de Campaña; tarde desapracible. Unha ducia de espectadores. Gardouse un minuto de silencio polo pasamento da avoa do adestrador local Carlos Sanjurjo.

Colexiado : Pepe Raíces «fillo», de Santiago. Sen problemas.

Alineacións :

FURIA : Bille, Tempe, David, Miguel, Quique, Xosé, Ionis, Paco, Alberto, Luís David e Pablo ……. Curros e Danieliño.

CRUCES : Lourenzo, Alberte, Dani, David, Felipe, Diego, Álex, Bruno, Daniel, César e Dan  …… Ramos.

Catro chegadas e catro goles como catro caracois. Dous en cada parte e os da Vila de Cruces todos contentos para a súa casa. Debutaron Luís David e Danieliño.

Goles : Daniel, 2; César e Dan.

Para a semana descansamos que boa falta nos fai.

XORNADA DO TRES DE DECEMBRO

XORNADA DO TRES DE DECEMBRO

PREBENXAMÍNS, BENXAMÍNS E INFANTÍS

Encontros disputados no Campo de Campaña na mañá do sábado ante númeroso público. Seguimos sen poder montar cantina.

REBENXAMÍNS :

Furia – 9 / Rois «B» – 2

Colexiado : Xaquín Ventoso, de Boiro. Moi ben.

Alineacións :

FURIA : Mario. Manolo, Xosé, Aaron, Anxo, Roberto, Carlos, Iker, David, Salva, Samuel, Ainhoa e Álex «Runi».

ROIS «B» : Lois, Hugo, Martín, Nicolás, Xulián, Víctor, Álex, Marcos, Souto, Iago, Brais e Pardal.

Primeira xornada de liga para desfrute dos avós, avoas, nais, pais, irmáns, primos e, por suposto, dos nenos.

Goles do Furia : Salva,5; Runi,3 e Mario.

Goles do Rois «B» : Víctor e Álex.

Próximo encontro : Cacheiras – Furia; sábado 10, hora 12, Campo da Cañoteira.

 

BENXAMÍNS :

Furia – 3 / Abanqueiro – 8

Colexiado : Claudio Castro, de Boiro. De tacón.

Alineacións :

FURIA : Matías, Edgar, Isaac, Martín Calvo, Martín Freiría, Iessica, Pablo, Álex, Laura, Xosé e Leandro.

ABANQUEIRO : Lois, Álex, Álvaro, Pepe, Manolo, Alberte, Adrián, Suso e Mario.

Moi boa primeira metade metade dos nosos. Na segunda. moi boa para o Abanqueiro.

Goles do Furia : Leandro,3.

Goles do Abanqueiro : Suso,2; Alberte,4; Manolo e Álvaro.

Próximo encontro : Abanqueiro «B» – Furia; sábado 10, hora 11.15, Campo da Charca.

 

INFANTÍS :

Furia – 2 / Crocha – 4

Colexiado : Claudio Castro, de Boiro. Moi ben.

Alineacións :

FURIA : Xabi, Rubén, David, Manu, Paja, Brais, Álex, Marcos, Héctor, Samuel e Pablo …….. Ionis, Ioni e Toni.

CROCHA : Carlos, Andrés, Manolo, Borja, Dani, Manu, Asier, Félix, Ánxo, Carlos e Diego ……. Cristian e Manuel.

Tardou un pouco en espabilar o equipo de Tito que despois de ir perdendo por 0 a 4 case iguala o marcador.

Goles do Furia : Pablo Mato e Ionis Baleirón

Goles do Crocha : Diego,4

Próxima xornada : Sálvora «B» – Furia; martes 6, hora 16.30, Campo da Fieiteira – Riveira.

TRADICIONAL CEA-BAILE DE NADAL

TRADICIONAL CEA-BAILE DE NADAL

8-) Será o sábado 17 de decembro no Hotel Scala de Iria. Xogadores, técnicos, directivos, socios, simpatizantes e seguidores en xeral están convidados a este evento. O día tope para anotarse e abonar o importe é o domingo 11 na «Casa Vella».

Recomendable : Non levar pantalóns brancos nin a típica camisa azul con garabata vermella e, por suposto, os zapatos que sexan mais ben altos.

Mais información : 659 89 35 89

Bebamos e comamos con moderación e HALA FURIA !!!!!

PRÓXIMOS EMCONTROS :

PRÓXIMOS EMCONTROS :

PREBENXAMÍNS

FÚTBOL – SALA DODRO:

Rois «A» – Furia; venres 2, hora 18.30, Pavillón de Dodro.

 

FÚTBOL – 8 (PRIMEIRA XORNADA 11/12) :

Furia – Rois «B» ; sábado 3, hora 11, Campo Sureste de

Campaña.

 

BENXAMÍNS

Furia – Abanqueiro; sábado 3, hora 11, Campo Noreste de

Campaña.

 

INFANTÍS

Furia – Crocha; sábado 3, hora 12, Campo Nordeste de

Campaña.

 

XUVENÍS

Furia – Cruces; sábado 3, hora 16, Campo Sueste de Campaña.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA ;-)

Taragoña – Furia; domingo 4, hora 16.30, Campo da Lomba (o

normal, o de sempre, o de toda a vida).

 

HAI DE TODO, TEMOS DE TODO E HALA

FURIA !!!!!

SEGUNDA AUTONÓMICA

SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – 3 (de Nai, Juanjo e Manolito)

ESCLAVITUD – 3 (Jackie,2 e Víctor)

Campo de Campaña; temperatura moi agradable.

Colexiado : Martínez Millán, de Boiro : Mala persoa. Un árbitro con moita maldade. Complicouse demasiado ó non usar o mesmo criterio para os dous bandos prexudicando claramente  ó Furia. Amosou cinco amarelas ós xogadores do Furia e tres ó equipo de Cruces. Expulsou a Peixe no minuto 2 da segunda parte por entender que tocou o balón ca man fora da area e a Manolito por dúas amarelas. Os do Esclavitud, que repartiron do seu, non tiveron ningún expulsado. Unha vez concluído o encontro, xa no túnel de vestiarios, produciuse un pequeno rife-rafe onde se fixo necesaria a intervención da directiva local. Unha hora mais tarde apareceu a Garda Civil reclamada por este elemento, circunstancia que aproveitaron varios directivos do Furia, amparados por unha trintena de testemuñas, para presentar unha denuncia contra el. Este luns pola mañá, o noso servizo xurídico presentará unha denuncia formal contra dito individuo  no Cuartel da Garda Civil de Valga de xeito automático. Se nos no vemos antes, verémonos en Caldas. Unha pena.

Alineacións :

FURIA : Peixe, Salva, Patxi (Nene, 76′), Juanjo, Martín, Santi (Xosé, 47′), de Nai, Xabi (Lilu, 42′), Manolo, Diego (Pistolas, 67′) e Manolo.

ESCLAVITUD : Pablo (Félix, 45′), Merlu (Rubén, 65′), Pepe, Marcos, Anxo, Iván (Xurxo, 76′), Xoán (Santi, 73′), Xosé, Mingos (Alberto, 45′), Vicente e Víctor.

A crónica :

Unha primeira parte moi ben xogada por parte do Furia que pronto abriría o marcador por medio de Roberto dun disparo dende fora da area ó cal nada lle puido facer o bo de Pablo. Con un pouco mais de atino o Furia merecía ir con mais vantaxe ó descanso pero o marcador non se moveu mais, 1 a 0.

Comenza a segunda metade e no minuto 2 o colexiado expulsa a Peixe «por tocar o balón fora da area coa man esquerda» (situación que so ve o colexiado pois os xogadores visitantes seguiron a xogada sen maior interese) deixando o Furia inxustamente cun homes de menos.Martín retira a Santi entrando no seu lugar o porteiro Xosé. Saca a falta o Esclavitud enviando o balón contra a barreira conseguindo despexar o balón a defensa do Furia.

No minuto 10 aprox., Juanjo remata o balón de cabeza ó fondo da meta contraria poñendo o partido de cara para o Furia, a pesar de xogar cun home menos, con 2 a 0.

Mediada a segunda parte o Esclavitud conseguiu marcar dous goles, de xeito case consecutivo, por medio de Jackie con sendos golpeos de balón ca esquerda logo de rebotar en algún que outro defensa local. Empate a douses.

No minuto 35 volvería a marcar o Esclavitud logo de rematar Victor un rechace de Xosé dun disparo dende fora da area. 2 a 3.

Os aficionados locais non daban crédito do que estaba a pasar xa que o Furia era moi superior ó equipo padronés durante tódalas fases do encontro.

Os xogadores do Furia énchense de orgullo e van ó ataque en tromba colgando balóns, provocando un penalti sinalado por mans claras dun defensor que debeu ser expulsado e zafou cunha amarela. Manolito é o encargado do lanzamento poñendo o 3 a 3 definitivo.

Aínda houbo tempo para que Lilu enviara un centro-chut pola banda dereita pegando o balón no longueiro non entrando por moi pouco.

A última xogada do partido dispúxoa  o Esclavitud. Minuto 95, o porteiro saca moi rápido un balón de portería, fora da area pequena e en movemento sendo unha clara xogada ilegal. O árbitro non atende a razóns deixando seguir o xogo. Antes de chegar á area Manolito vese obrigado a derribar ó atacante sendo amoestado e expulsado. A tensión palpase no ambiente. A falta sácana moi mal pegando o balón contra a barreira. Foi unha pena que nos escaparan dous puntos pero, outra vez será.

Final do partido. Montase o protocolo para estes casos funcionando todo con normalidade ata o túnel de vestiarios onde, como xa dixemos, montouse un pequeno follón sen mais transcendencia pública.

O fútbol é así.

Próxima xornada : Taragoña – Furia; domingo 4, hora 16, Campo da Lomba.

 

……………………….. HALA FURIA !!!!!!