TERCEIRA GALEGA

FURIA – ROIS

DOMINGO 25, HORA 16.55, CAMPO MUNICIPAL RAMÓN DIÉGUEZ (PORTO – PONTE CESURES).

ENTRADA ÚNICA: TRES (3) EUROS.

Rois é un fermoso concello cheo de contrastes. 12 parroquias que se dividen en 90 quilometros², forman este territorio que está a perder poboación a pasos axigantados. No ano 2000 tiña 5216 habitantes (2.485 homes e 2.731 mulleres); no ano 2017 vivían no concello 4627 persoas (2.206 homes e 2.421 mulleres).

A capital está no lugar de Samil (parroquia de Santa María de Oín). A altitude máxima é de 657 m, no monte Treito, e a mínima de 6 m no río Sar, na parroquia de San Lourenzo de Seira.

Rois na literatura popular:

Véxote no Milladoiro, no Faramello, en Padrón, e astra pola Ponte Valga, véxote no corazón.

Igrexa de Ermedelo.jpg Igrexa parroquial de San Martiño de Ermedelo, terra natal dunha bisavoa dun dos fundadores do Furia.

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/45/Concello_de_Rois.JPG/320px-Concello_de_Rois.JPG Casa do Concello de Rois, de discutible gusto arquitectónico.

a polos tres puntos e Hala Furia!! Emoticon solsitos

 

 

TERCEIRA GALEGA

CARREIRA – FURIA: domingo 18, hora 17.30, Campo da Guía de Carreira – Riveira.

San Paio de Carreira é unha das nove parroquias que compoñen o concello de Riveira.

A parroquia forma parte do Arciprestado de Posmarcos de Abaixo, dioceses de Santiago de Compostela. Entre os anos 1820 e 1835, a parroquia fui constituída como Concello Constitucional, integrándose no de Ribeira despois da reforma administrativa do ano 1833, vixente na actualidade.

Praia do Vilar, unha das mais fermosas do mundo, forma parte do territorio parroquial de San Paio de Carreira.

VIVA O ENTROIDO!! VIVA O FURIA!! Emoticon bailando divertido