PROMOCIÓN DE ASCENSO “VOLTA”

FURIA – SANTISO

CAMPO DE FÚTBOL DE CAMPAÑA – VALGA

DOMINGO 26 / ÁS SEIS DA TARDE

RESULTADO DA IDA: 0 – 0 (NON QUEDA OUTRA QUE GAÑAR)

DOMINGO DE ELECCIÓNS. NON SE QUENCER DE VOTAR E A VER O QUE FACEDES; DESPOIS VEÑEN OS CARALLOS.

Hoxe non queda outra que animar a todo o mundo a apoiar ó Furia nunha data tan importante. Para eso, imos despedirnos cunha pegadiza rumba da inmortal Celia Cruz e A Fania All Stars nunha histórica actuación no estadio Statu Hai de Kinshasa (Zaire)… Quimbara!!

Resultado de imaxes para celia cruz

Úrsula Hilaria Celia Caridad Cruz Alfonso de la Santísima Trinidad, máis coñecida como Celia Cruz, nada na Habana o 21 de outubro de 1925 e finada en Fort Lee, Nova Jersey, o 16 de xullo de 2003.

Todo o mundo ó campo de Campaña!!

ALA FURIA!!Emoticon musica artistas

PROMOCIÓN DE ASCENSO Á SEGUNDA GALEGA

CUARTOS DE FINAL

SANTISO – FURIA

DOMINGO 19 DE MAIO. ÁS SEIS DA TARDE, NO CAMPO MUNICIPAL DO OUTEIRO (ARCEDIAGO – SANTISO).

Casa do Concello de Santiso.jpg
CASA DO CONCELLO DE SANTISO

Santiso limita ao norte con Melide, ao leste con Palas de Rei (Lugo), ao sur con Agolada e Vila de Cruces (Pontevedra) e ao oeste con Arzúa (A Coruña).
Está bañado polo río Ulla e polo seu principal afluente, o río Furelos, ademais dos regatos de Braña, Beseña e Boente.

O concello de Santiso está composto por 19 parroquias, sendo a mais relevante San Xoán de Arcediago onde se atopan as dependencias municipais.

Situacion Santiso.PNG

SITUACIÓN XEOGRÁFICA DE SANTISO

EVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA DE SANTISO

Resultado de imaxes para ud santiso

A UD Santiso quedou clasificado no quinto posto do grupo seis da terceira galega, unha liga de doce equipos xogada a tres voltas.

Xogou 33 partidos, gañou 20, empatou 3 e perdeu 10; ó final sumou 63 puntos nunha competición onde o campión foi o Cogal Rodeiro CF con 80 puntos.

Se o outro día facíamos referencia do corpo técnico, hoxe imos a publicar a xente que compón a xunta directiva do Furia. Sen eles nada funcionaría.

Juán Piñeiro

Ángel Cotón

Raúl Santalla

Xosé Manuel Martínez

Vanesa González

Xenaro Barreiro

Óscar Cotón

Suso Bouzón

Despois de tanta leria, deixámosvos con esta preciosa canción interpretada polo emblemático Engelbert Humperdinck: Spanish Eyes

ALA FURIA!!

 

TERCEIRA GALEGA

CARREIRA – 3

FURIA – 6 (Michel; p.p.; Adrián Ferro; Yupi, 3)

As nosas felicitacións para o CD ARTES como campión da liga e ó SP. LAMPÓN como segundo clasificado, novos equipos da SEGUNDA GALEGA.

Foto de C.D. Artes.

CD ARTES, CAMPIÓN DA TERCEIRA GALEGA (GRUPO IV)

https://scontent.fmad3-8.fna.fbcdn.net/v/t1.0-1/p160x160/10730770_1384757981817772_5987430768736243890_n.jpg?_nc_cat=108&_nc_ht=scontent.fmad3-8.fna&oh=bb33106c1934d3a735b9963a6aaa0717&oe=5D5F630D

SPORTING LAMPÓN, SUBCAMPIÓN DA TERCEIRA GALEGA (GRUPO IV)

XOGAMOS A PROMOCIÓN DE ASCENSO. O PARTIDO DE VOLTA SEMPRE NA CASA. ALA FURIA!!

Este luns celebrarase o sorteo da fase de ascenso na sede da Federación Galega de Fútbol en Santiago.

Imaxe relacionada

Sede da Real Federación Galega de Fútbol no Campo Municipal de San Lázaro en Santiago.

ALA FURIA!! Emoticon gestos jajaja zzz ok saludo

TERCEIRA GALEGA “ÚLTIMO PARTIDO DA LIGA REGULAR” -XA ESTAMOS CLASIFICADOS PARA A PROMOCIÓN DE ASCENSO-

CARREIRA – FURIA

DOMINGO 5 DE MAIO, ÁS CINCO DA TARDE, NO CAMPO DA GUÍA DE CARREIRA (RIVEIRA).

SE GAÑAMOS QUEDAREMOS DE TERCEIROS; NO PEOR DOS CASOS QUEDARIAMOS CUARTOS DEPENDENDO DO QUE FAGA O OLEIROS CONTRA O CRUÍDO NA TRINIDÁ DE OLEIROS.

Xa temos falado aquí mais veces da parroquia dos irmáns Fran e José Ramón González Pérez, pero un pouco de historia non lle sobra a ninguén.

San Paio de Carreira é unha parroquia do concello de Riveira, na comarca do Barbanza. Ten unha superficie de 9,5 km². No ano 2007 tiña 2.211 habitantes (1.072 homes e 1.139 mulleres), 37 máis có ano anterior.

Forma parte do Arciprestado de Postmarcos de Abaixo, da Arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre os anos 1820 e 1835 a parroquia foi constituída como Concello Constitucional, integrándose no de Riveira logo da reforma administrativa do ano 1833, vixente na actualidade.

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5f/Capela_da_Guia.jpg/300px-Capela_da_Guia.jpg

Capela da Nosa Señora da Guía

En Carreira, coma en outros moitos sitios, non todo é fútbol. O 17 de maio organizan unha a carreira popular, a número 16.

XVI Carreira Popular Virxe da Guía.
“A carreira de Carreira”
Carreira solidaria a favor de Cáritas Parroquial
Data: Venres, 17 de Maio do 2019.
Hora: A partir das 11:00 h.
Lugar: San Paio de Carreira (Riveira).
Distancias: de 80 a 10.000 m.
Organiza: Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e
Concello de Riveira.
Inscrición: Límite 200 adultos/200 escolares.

Mais nós ó noso. Estamos clasificados para a  promoción de ascenso -outra vez- e, para o Furia e para todo o que representa, é unha tremenda mostra de orgullo, felicidade e do traballo ben feito. A pesar dos atrancos constantes a os que estamos acostumados, o Furia “resiste e gaña”.

No nome da xente, socios, afección, propios e estraños, a directiva do Furia quere agradecer a gran labor levada a cabo polo corpo técnico do club -posiblemente o mellor corpo técnico do mundo- e dos xogadores, sen eles nada sería igual:

Pablo Martínez

https://scontent.fmad3-7.fna.fbcdn.net/v/t31.0-8/20645505_10207821677540393_1089794552504879798_o.jpg?_nc_cat=103&_nc_ht=scontent.fmad3-7.fna&oh=96796ad058347ee7111491e13c1314c3&oe=5D32D45B

Miguel Busto con Laura, Nerea, Paula e Aine

Marcos Jamardo “Polo”

Como estamos na primavera, imos a compartir esta emblemática canción de orixe mexicana interpretada pola inigualable Joan Báez: “De colores”. Veña, a cantar!!

a polos tres puntos…Ala Furia!!