DOMINGO 11 DE NOVEMBRO # ÁS CATRO E MEDIA DA TARDE
CAMPO MUNICIPAL RAMÓN DIÉGUEZ DE PONTE CESURES
ENTRADA ÚNICA TRES (3) EUROS
FURIA – PORTO DO SON
Martiño de Tours
Martiño de Tours, tamén coñecido como San Martiño Bispo e San Martiño Cabaleiro, nado en Sabaria, Panonia (hoxe Szombathely, Hungría) no ano 316 e finado en Candes (hoxe Candes-Saint-Martin), Francia, no ano 397. No ano 370 foi elexido bispo da cidade francesa de Tours.
Fillo dun tribuno militar romano, seguiu a carreira militar no exército romano, ocupación que abandonou con posterioridade para dedicarse á vida relixiosa.
Pero o San Martiño que mais nos afecta a nós é o da fermosa aldea de San Martiño da Rúa de Francos (Calo – Teo). Feira documentada dende o ano 1557, o que a converte nunha das mais antigas do Antigo Reino de Galicia.
SAN MARTIÑO DE FRANCOS 2018
Aínda quedarían no tinteiro moitos outros San Martiño: San Martiño de Ourense, San Martiño de Santiago, San Martiño de Vilasobroso (Mondariz), San Martiño do Grove, San Martiño de Moaña, San Martiño da Estrada, San Martiño de Ozón (Muxía), San Martiño de Foz, San Martiño de Meis, San Martiño de Viveiro….. Das 3.792 parroquias que hai en Galicia, 214 de elas son «San Martiño de…» e agrupan máis de 2.200 aldeas. Exceptuando a Santa María, a raíña das veneracións na comunidade, con máis de 700, San Martiño está no podio das máis populares, xunto con San Xoán e San Pedro, que forman parte do nome de 225 e 306 parroquias, respectivamente. En algunhas comarcas, son maioría os concellos que teñen algún núcleo dedicado ao santo, como é o caso da Costa da Morte, onde dos 16 concellos, solo 4 non celebran a San Martiño.
COMISIÓN DO SAN MARTIÑO DE FOZ.
CARTEL DO SAN MARTIÑO DE MOAÑA.
Xa vedes, hai para dar e tomar. VIVA SAN MARTIÑO!!
Domingo a polos tres puntos e ALA FURIA!! 
and 12 thousand Georgian manuscripts
“Julia’s Garland” (fr. Guirlande de Julie)
drafts of literary works
One of the most skilled calligraphers
Europe, and in Ancient Russia
consists of the book itself
Since the era of Charlemagne