TERCEIRA GALEGA
ARAÑO – 2 / FURIA – 0
ALA FURIA!!
LIIIº COPA DO SAR 👩🦳🙍♂️
LIII COPA DO SAR
TRINTAEDOUSAVOS DE FINAL
FURIA – SILLEDA
DOMINGO 29 DE DECEMBRO, ÁS CATRO DA TARDE, NO CAMPO MUNICIPAL RAMÓN DIÉGUEZ DE PONTE CESURES.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Silleda (8.700 habitantes), aparte da Semana Verde, dispón dun patrimonio digno dos deuses. O Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, A Chousa Nova, A Copa do Castro, As Brañas de Xestoso…mais ímonos quedar ca Fervenza do Toxa.
Fervenza do Toxa
A fervenza do Toxa é un salto de auga situado na parroquia de San Martiño de Pazos, no concello de Silleda, na provincia de Pontevedra. O río que provoca a fervenza é o río Toxa, o cal verte as súas augas por un desnivel de máis de 60 metros -a mais alta de Galicia-. A fervenza, xunto co mosteiro de Carboeiro, están situados nunha paraxe natural de gran valor paisaxístico na comarca do Deza, ligados aos cursos fluviais dos ríos Deza, Liñares, Ulla e Arnego.
San Lourenzo de Carboeiro
Agora é un dos mellores momentos para visitar estes paradisíacos lugares…e despois falan do cambio climático; eso si, o prezo da corrente eléctrica non baixa.
A COPA DO SAR É NOSA ALA FURIA!!
TERCEIRA GALEGA
ARAÑO – FURIA
DOMINGO 22, ÁS CINCO DA TARDE, NO CAMPO DE FÚTBOL COMUNAL DA LOMBA DE TARAGOÑA (RIANXO)
Hórreo do Araño. Atópase xunto á casa reitoral da parroquia o meirande hórreo de toda Galicia, en canto a lonxitude (36,75 metros a cámara e 37,05 m o celeiro -silo ou adega baixo terra-, con 2,40 m de anchura e 2,70 m de altura media) e capacidade (cámara 109,31 m³, celeiro 59,09 m³). Foi construído a mediados do século XVII.
Fai 43 anos da serie de televisión SANDOKÁN
O actor hindú Kabir Bedi era o protagonista.
As aventuras de Sandokán teñen lugar no Sureste de Asia (principalmente en Borneo, Malasia e na India) a mediados do século XIX (as novelas proporcionan datas precisas). Sandokán é un príncipe de Borneo que xurou vingarse dos británicos, que o despoxaron do seu trono e asasinaron á súa familia. Por elo adicase á piratería, co alcume de Tigre de Malasia, para o que conta ca fidelidade incondicional dunha tripulación composta tanto de malaios como de etnia dayak de Borneo.
Imaxe recente de dous dayakos “cazadores de cabezas”
Tiña unha cabeceira musical moi pegadiza; non seus tempos causou unha impresionante explosión de felicidade e alegría.
a polos tres puntos…Ala Furia!!
TERCEIRA GALEGA
FURIA – 0 / DODRO – 2
ALA FURIA!!
TERCEIRA GALEGA
FURIA – DODRO
DOMINGO 15, ÁS CATRO E CUARTO, NO CAMPO MUNICIPAL RAMÓN DIÉGUEZ DE PORTO (PONTE CESURES)
ENTRADA ÚNICA: TRES (3) EUROS
Estes pasados días falouse moito nos medios de comunicación do chamado PAZO DE DODRO pola súa “vinculación” por motivos arquitectónicos co PAZO DE MEIRÁS.
Pazo de Dodro
O Pazo de Dodro é unha construción civil situada na aldea de Vigo, na parroquia de Santa María, no concello de Dodro. Coñécese tamén co nome de Pazo de Vigo ou como Torre do marqués de Bendaña. Era propiedade do marqués de Bendaña. Na actualidade atópase en moi mal estado de conservación e practicamente só se pode apreciar a que foi a súa capela e algunha das estancias menores. É propiedade particular.
Pazo de Meirás (San Martiño – Sada)
Concluída a guerra civil, o gobernador da Coruña quixo ofrecerlle a Francisco Franco un agasallo da provincia; pensou no Pazo de Meirás, e para reconstruílo desmantelou o Pazo de Vigo pedra a pedra.Tralo acordo plenario do 4 de abril de 1938 a corporación municipal do concello de Dodro considerou necesario doar o pazo á causa do Caudillo, o acordo ofreceulle a Franco non só os alicerces arquitectónicos senón a propiedade completa. Levaron as pedras do pazo, as figuras da capela, os escudos, os gravados etc. Había en Dodro unha importante biblioteca que probablemente foi parar ó Pazo de Meirás.
A VIDA É ASÍ.
a polos tres puntos…ALA FURIA!!
TERCEIRA GALEGA
DOMINGO 8 DE DECEMBRO:
BRINCADEIRA
ALA FURIA!!
TERCEIRA GALEGA
CROCHA – 2 / FURIA – 1 (Xenxo, 1 – 1)
ALA FURIA!!
TERCEIRA GALEGA
CROCHA – FURIA
DOMINGO 1, ÁS CATRO DA TARDE, NO CAMPO MUNICIPAL DA ALTA (A POBOA).
Observe a lectora, ou lector, que o Campo municipal da Alta, de herba natural, é compartido polos dous clubs de A Poboa do Caramiñal: C. F. CROCHA e PUEBLA F. C., de xeito alternativo.
Se o Campo da Alta estivera moi escarallado, xogaríase no campo de Cadreche tamén de xeito alternativo, evidentemente. E non pasa nada.
No Concello de Valga existe unha discriminación manifesta para con un club e un trato de favor insuperable para co outro.
Casa do Concello da Poboa do Caramiñal
Agora ben, como xa vén aí o Nadal, as cousas poden tornar.
A xente é mais boa. Hai beléns, hai luces a esgallo, hai alegría, hai lotes do nadal, hai pinchos de nadal… hai de todo, pero, eso si, para unhas persoas mais que para outras.
Pero aínda estamos no Advento.
Na Igrexa católica latina o advento comeza o cuarto domingo antes de Nadal e tecnicamente remata o 23 de decembro a non ser que o 24 de novembro é domingo é o cuarto domingo de advento. O período de advento é de penitencia e os sacerdotes levan vestimentas púrpuras.
O Arcanxo Gabriel anuncia a María que concibirá e dará luz ao Fillo do Santísimo. Pintura sobre táboa realizada por Robert Campin, 1420-1440, Bruxelas.