XORNADAS DO 6 E 7 DE NOVEMBRO (DÍA DE SAN LEONARDO. FESTAS EN FINLANDIA E SUECIA)

AFECCIONADOS: RIBASAR-FURIA (0-3)

Alineacións:

Ribasar: Xurxo, Xosé, Xabier, Ismael, David, Óscar, Dani, Marcos, Andrade, Miguel, Salvador—Lois, Rafael, Ariz e Rubén.

Furia: Peixe (3), Rubén Ferro (3), Patxi (3), Juanjo (3), Manolito (3), Nevero (3), Malekinho (3), Xabi (3), Tito (3), Melenas (3), Álvaro (3)—-Lilu (2), Ferro (2), Marcos (2), Martín (2) e Parrulo (2).

Colexiado:

Xaquín Rivas Lafuente. Labor excelente, con autoridade e demostrando que éste  é un dos mellores da categoría; nun partido que semellaba complicado pero onde todos os xogadores colaboraron cunha gran deportividade.

Incidencias:

Moito público no campo de Os Chans. Aproximadamente unhas 150 persoas, que animaron moito ós seus respectivos equipos. A nosa afección fíxose notar e celebrou con moitas gañas os goles e o triunfo importante do equipo. Tamén destada a actuación da cheerleaders do Ribasar.

Olaia de Vilanova non se quixo perder este encontro

A crónica:

Podemos calificar o partido de case perfecto por parte do noso equipo. Facía tempo que non viamos ó equipo tan serio e con tantas gañas de agradar. Con esta actitude podemos soñar con facer algo importante esta temporada. Todos os xogadores que participaron, fixeron un partido enorme. Non podemos destacar a ninguén, porque todos estiveron como leóns. Na primeira metade o Furia presionou moito, e froito desto chegou o primeiro gol de Álvaro, xa ó borde do descanso. Na reanudación o Ribasar, achuchou e presionou máis en busca do empate, amosando porque é un dos candidatos a pelexar polos postos altos da categoría. Pero o Furia contraatacaba con moita perigosidade e defendíase con moita contundencia. Nun deses contragolpes chegou a sentencia por parte de Tito. E xa no desconto chegaba a obra mestra de melenas que marcaba un golazo de vaselina, que puxo en pé ós espectadores. De verdade, enorme. Cada día danlle máis argumentos á afección para que poida empezar a ter esperanzas de chegar a conseguir algo importante. Tanto é así, que para mostra un botón: coa victoria de onte o equipo bate o record de partidos invicto nunha temporada, e fai o mellor arranque ligueiro de toda a historia do clube. Co de onte xa son oito partidos invicto, rachando o anterior rexistro que data da temporada na que se consigueu o ascenso a 2ª Autonómica. Desexemos que sexa un bo augurio.  O vindeiro domingo, visita Campaña o Lestedo, ás 16:15. A seguir a boa liña.

O PARTIDO VISTO POR….

FLORES

Fixemos un gran partido e todos estiveron a un gran nivel. Ó mellor non fixemos un xogo tan bonito como outros partidos, pero supemos xogar como se tiña que facer. Foi un partido moi físico, onde os nosos superon facer o que era necesario para sacar adiante un partido tan importante. O Ribasar xogou moito en balóns largos, para os seus puntas; pero nós supemos contrarrestalo, cunha gran colocación e sendo moi letais arriba. Unha vitoria moi importante e que nos fai dar un paso moi importante de cara a seguir loitando. Temos que seguir así.

XUVENÍS: BASTAVALES-FURIA (2-0)

Alineacións:

Bastavales: Carlos, David, Xosé, Xesús, Ricardo, Manuel, Alejandro, Pena, Rubén, Labandeira, Antonio—Pablo, Alexis e Fran.

Furia: Adrián (2), Quique (2), David (2), Pablo (2), Kuric (1), Brais (1), Pepe (3), Pascolo (1), Adriansinho (2), Pipe (0), Santos (1)—-Carlos (1), Fran (1), Serxio (1) e Álex.

Colexiado:

Xosé Luis Rives Pena. Non tivo moito traballo, pero si se complicou un pouco cunha expulsión moi inxusta do noso xogador Brais. Polo demais ben.

Incidencias:

Partido disputado no Municipal de Brión, pola tarde-noite. De feito, o encontro estivo suspendido uns 20 minutos porque foise a iluminación artificial, e houbo que esperar a recuperala. Bastante público, que animou con gañas ó equipo local.

A crónica:

Nova derrota dos xuvenís, ante un rival que non demostrou ser superior. Pero os erros dos nosos e o pouco acerto diante da meta fixeron que outra vez  viñeran de valeiro. Un gol na primeira metade e outro contra o final da segunda, cando os nosos apretaban máis de cara a buscar a igualada, puxeron o 2 a cero final, co que rematou o encontro. Moi bo partido de Adrián na portería, que o fai asentarse nese posto. Teñen que seguir con gañas a temporada, e olvidarse da ansiedade do primeiro triunfo, porque senón a temporada pode ser un suplicio; e a categoría está para aprender e subir logo con garantías ó primeiro equipo. Ánimo. O vindeiro sábado, ás 4 da tarde, reciben ó sempre difícil Callobre.

INFANTÍS: BERTAMIRÁNS-FURIA (8-0)

Alineacións:

Bertamiráns:  Santiago, Alejandro, Xoan, Mario, Diego, Nicolás, Anxo, Hykhaylo, Rubén, Fernando, Adrián—-Manuel, Rozas, William, Arnall, Luis.

Furia: Dani (1), Nico (1), Rubén (1), Manu (1), Salvador (2), Álex (1), Xoan Manuel (1), Manu Meniño (1), Luis David (1), Samuel (2), Xosé Luis (1)—-Toni (1), Jonathan (1), Campos (1), Xabier (1) e Brais (1).

Colexiado:

Evaristo Cerbán del Río. Moi ben o bo amigo de Maquieira (Xa teñen comido xuntos na casa dos seus avós en Mazaricos).

Incidencias:

O público habitual nestes casos.

A crónica:

Non tiveron nada que facer os nosos chavales, diante dun Bertamiráns moi superior. A ver si na vindeira xornada hai máis sorte. Recibimos ó Ames, pola mañá, en horario sen confirmar.

BENXAMÍNS: DUBRA-FURIA (5-0)

Alineacións:

Dubra: Alberto, Lucas, Pablo, Rodrigo, Fabián, Simón, Raúl, César, Alejandro, Xabier e David.

Furia: Matías (1), Álex (1), Edgar (1), Laura (1), Isaac (1), Brais (1), Leandro (1), Yessica (1), Álex Serramito (1), Xosé (1), Fabián e Xabier.

Colexiado:

Eduardo Casal Taboada. Sen nengún problema. Ten unha letra moi bonita.

Incidencias:

Bastante público e moi animoso. Fixeron bastante gasto na cantina.

A Crónica:

Bo partido do noso equipo, que loitou ata o final con tódalas súas forzas. Puideron conseguir un mellor resultado, pero non tiveron moita fortuna. Pouco a pouco vese que lle van collendo ó aire. Seguirán mellorando seguro. Na vindeira fin de semana, chega o Bertamiráns C. Moita sorte, chaval@s.

XA PASAMOS DOS 30.000

Aínda que pareza incrible, siiiii! Xa temos alcanzado unha bonita cifra de visitas na páxina: 30.ooo. E esto non é moco de pavo. Os armadanzas desta iniciativa estamos moi orgullosos. Por iso, unha vez máis darvos ás grazas a tod@s pola vosa confianza e por seguir a actualidade do noso clube  a través desta páxina. Esperamos seguir facendo información que sexa do voso agrado, e esperamos as vosas suxerencias para seguir mellorando cada día máis. Agradecer ós máis fieis a súa fidelidade  e tamén os “foristas” e “comentaristas” por levar con moito humor este mundo do fútbol de aldea.Agradecer a tod@s aqueles que acceden de todo o estado español (temos visitas dende 60 pobos e cidades distintas), e tamén a todos os de fora (máis de 40 países diferentes, dos 5 continentes:Alemania, Francia, Macedonia, Irlanda, Indonesia, Marrocos, Estados Unidos, Eslovenia, Tailandia, Arxentina, Panamá, Guatemala, Colombia, Pakistán, Perú, Rusia, Suiza,…. Gracias a tod@s

Clube de Fans da páxina do Furia de vacacións en Slovenia

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

3 thoughts on “XORNADAS DO 6 E 7 DE NOVEMBRO (DÍA DE SAN LEONARDO. FESTAS EN FINLANDIA E SUECIA)

Deixa una resposta a furiaac Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Connect with Facebook