MANUEL MÍGUEZ LODEIROS, CURA PÁRROCO DE SANTA CRISTINA DE CAMPAÑA E ARCIPRESTE DE IRIA FLAVIA (28-IV-1936 / 24-XII-2021)

HOXE FINOU D. MANUEL MÍGUEZ LODEIROS ÓS 85 ANOS DE IDADE. NATURAL DA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE GONZAR (O PINO – A CORUÑA); DESEMPEÑOU DURANTE MAIS DE 50 ANOS A SÚA LABOR EVANXELIZADORA NA PARROQUIA DE SANTA CRISTINA DE CAMPAÑA ONDE ACABOU OS SEUS ÚLTIMOS DÍAS.

SOCIO “NÚMERO UN” DO FURIA, FOI UN DOS ARTÍFICES DE QUE O CLUB DE FÚTBOL DE CAMPAÑA PUIDESE SAÍR ADIANTE Ó PERMITIR E APOIAR AS REUNIÓNS NA CASETA DA IGREXA PARA FACER E FORMAR A PRIMEIRA XUNTA DIRECTIVA NO ANO 1996.

 

TERCEIRA GALEGA

SAR – FURIA

DOMINGO 15 DE MARZO, ÁS SEIS DA TARDE, NO CAMPO COMUNAL DE EXTRAMUNDI – PADRÓN

Resultado de imaxes para: campo de futbol de extramundi

Porta principal do Campo de Extramundi, un dos campos de fútbol mais inhóspitos de Galicia.

Resultado de imaxes para: iglesia de padron

Igrexa parroquial de Santiago de Padrón

A aldea de Extramundi está dividida en dúas partes: Extramundi de Abaixo e Extramundi de Arriba, que  xunto con Agronovo, A Pedreira, Lamas, e Vilar compoñen a parroquia de Santiago de Padrón.

En Extramundi, aparte do fútbol, entre outras cousas, tamén existe o ciclismo.

Resultado de imaxes para: extramundi padron

O ciclista de Extramundi, inaugurado en maio de 2003

A escultura fronte a Casa da Cultura de Extramundi da  fe de que esta aldea foi xerme de magníficos deportistas da bicicleta, iniciados nos anos 50 na Peña Ciclista Bernárdez, actual Club ciclista Padronés. É unha obra escultórica feita en bronce por Camilo de Seira. Foi inaugurada ca presencia de representantes locais de este deporte, coma Angueira, Vidal, Mario, Oliveira ou Blanco, ademais de moitas veciñas e veciños.

a polos tres puntos…Ala Furia!!