COPA DO SAR “SEGUNDA VOLTA”

ESCRAVITUDE – 1 / FURIA – 0

Campo do Doce; posiblemente fose o último partido que se xogue neste vetusto campo.

Colexiado : Carlos Vilaverde, de Santiago. Ben, moi atento e sen maiores problemas.

ALINEACIÓNS :

ESCRAVITUDE : Pablo, Carro, Casal, Angueira, Pena, Quintáns, Regueiro, Cardama, Aspiazu, Rei e Javi “Merluzo” ……. Antelo, Alberto, Marcos e Mingos.

FURIA : Peixe, Miguel, Patxi (Álex, 59′), Martín, Juanjo, Salva, Roberto, Xabi, Tito, Manolito e Manolo.

A CRÓNICA :

O Furia, que se presentou a xogar con outro equipo de circunstancias, non foi quen de superar o fútbol primitivo practicado polo equipo local.

O Escravitude anotou o único gol do encontro no minuto 5 logo do falta lateral cometida de xeito infantil por Patxi. Sacouna con moito xeito Javi “Merluzo” ó segundo pau rematando a gol a dianteira local sen oposición. A partir deste momento o fútbol na primeira metade desapareceu, a pesar de contar Manolo con dúas ocasións marabillosas. A primeira, estando o porteiro moi adiantado, lanzoulle un globo que acabou nas mans de Pablo mansamente. A segunda, outra vez Manolo que golpeou con atino un balón a bote pronto desviando a córner o gardameta local. O Escravitude non volvería a chegar en todo o partido á area do Furia limitándose fundamentalmente a mandar balóns a fora, o que se lle chama vulgarmente “a tarde dos recollepelotas”.

Remata a primeira parte co un a cero soporífero.

No segundo tempo o Furia, que so contaba co cambio do xuvenil Álex, saíu moi enchufado e foi a por todas. Faltas dende fora da area, innumerables saques de esquina, disparos dende fora da rea, disparos dende dentro da area, remates de cabeza …. nada non había maneira. Pudo maracr Álex o rematar un de tantos saques de esquina, pero parouna Pablo. Puido marcar outra vez Manolo, puido marcar de Nai, puido marcar Juanjo e así innumerables ocasións de gol sen poder materializar ningunha. Mentres tanto o Escravitude seguía co seu fútbol arcaico e primitivo de mandar balóns ó ceo ou, no seu defecto, fora das instalacións.

Nun dos últimos saques de esquina foise todo o Furia ó remate quedando solo Peixe de defensa no medio do campo, o balón sae despegado a posición de Peixe que cos destellos do sol
non tivo outro remedio que botarlle as mans ó perder o control da situación. O colexiado mostroulle o cartón vermello no minuto 89. Juanjo pasaría a porteiro e aínda houbo tempo para un par de ataques mais pero sen sorte.

Deste xeito quedamos apeados da copa, de dubidoso gusto na confección do sorteo, con moita deportividade, desexándolle sorte ós nosos verdugos.

Para o Furia rematou a temporada, calquera novidade que haxa será publicada ó momento.

…………………………  HALA FURIA      !!!!!!!!!!!!!