DICHOSO MES QUE EMPEZA CON SANTOS E REMATA CON SAN ANDRÉ

FURIA – 3 (Manu Isorna,1 – 2; Manu Carro, 2 – 2 e Manu Isorna, 3 – 2 )

ROIS – 2

Memorable remontada épica do Furia que no minuto 80 perdía 0 a 2.

 

Ante o numeroso público presente no Ramón Diéguez de Pontecesures, o Furia anticipouse ó nadal agasallando ós seus cun tramo final de partido mais propio dunha película de Alfred Hitchcock.

 

O Rois foise para o descanso cun marcador de 0 a 2; marcador que aguantou ata que Manu Isorna no 81 puxo o 1 a 2 de penalti. Logo marcaría Manu Carro o 2 a 2 de disparo dentro da area e remataría o festival outra vez Manu isorna, outra vez de penalti, co 3 a 2 definitivo.

 

Deron os seus froitos os cambios tácticos do adestrador do Furia Marcos Jamardo “Polo” que, anticipandose á lectura do curtido adestrador visitante Augusto Múñiz “Arrigo Sacchi”, lioulla parda  remontado o encontro de xeito memorable.

 

Moitos aplausos ó remate do encontro e para a seguinte xornada esperanos o Porto do Son.

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!!!! 😉

XORNADA DO 29 (SAN SADURNIÑO) E 30 (SAN ANDRÉ)

BENXAMÍNS

FURIA – CABO DA CRUZ; sábado 29, hora 11.30, campo de Campaña.

 

ALEVÍNS

BOIRO – FURIA; sábado 29, hora 11.00, campo de Vista Alegre – Boiro.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – ROIS; domingo 30, hora 16.15, campo municipal R. Diéguez de Pontecesures.

 

Rois é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta con 4.818 habitantes. O seu xentilicio é «roisense».

 

Está composto polas seguintes  parroquias :

 

Augasantas (San Vicente) | Buxán (San Xoán) | Costa (San Miguel) | Ermedelo (San Martiño) | Herbogo (San Pedro) | Leroño (Santa María) | Oín (Santa María) | Ribasar (Santa Mariña) | Rois (San Mamede) | Seira (San Lourenzo) | Sorribas (San Tomé) | Urdilde (Santa María).

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3f/Mapa_Rois.svg/800px-Mapa_Rois.svg.png

A historia do club nace na década dos 60 ca creación dun pequeno equipo parroquial, chamado o “Rápido de S. Lorenzo”. Anos máis tarde, coa disolución deste primeiro equipo, créase o S.D. Seira, eran os 80. Foi unha época de transición que entregou o testigo ó noso actual Club Deportivo Rois.

No verán do 1996 nace oficialmente o club. Como homenaxe ós nosos antecesores, o C.D. Rois garda as súas mesmas siñas de identidade, plasmadas nos seus cores, o vermello e negro do “Rápido de S. Lorenzo” (1ª equipación), e o verde da S.D. Seira (2ª equipación).

 

http://4.bp.blogspot.com/-dLQ0aWc7txE/T8k9lgRnEvI/AAAAAAAAAPc/_HjP2MhYp5c/s200/Rois.jpg

 

O escudo é unha replica da do concello de Rois, onde destaca claramente o carballo heráldico sobre unha pelota. O do concello, como se pode observar abaixo, ten un carballo sobre unha cuncha de vieira.

 

https://encrypted-tbn3.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcQnfzJxZQd2kaKhdv37byWtCDzjjlPk44TuhAfZkVNZ85nMmJ-Rpg

 

A POLOS TRES PUNTOS E HALA FURIA !!!!!

SEGUNDA AUTONÓMICA

ESCRAVITUDE – 2 / FURIA – 0

 

Ocasión de ouro que perdemos para puntuar e saír dunha vez por todas dos últimos postos da tabla. O Esclavitud aproveitou dous remates de córner, un en cada parte, para anotar os goles e saír un pouco do follón no que estaba metido (de haber ganado o Furia xa estarían por debaixo).

O domingo recibiremos ó Rois noutro partido dramático ….

 

A POLOS TRES PUNTOS E HALA FURIA !!!!!!!!!

XORNADA DO 22 E 23 DE NOVEMBRO

BENXAMÍNS

DODRO – FURIA; sábado 22, hora 11.15, campo de Chenlo – Laíño.

 

ALEVÍNS

FURIA – CRUÍDO; sábado 22, hora 11.30, campo de Campaña.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

ESCLAVITUD – FURIA

Domingo 23, hora 16.00, campo Novo do Doce – A Escravitude (Cruces)

A SD Esclavitud, en castellano ou español, é un equipo histórico de fútbol da comarca do Sar. Aínda que a “Esclavitud” é unha aldea da parroquia padronesa de Santa María de Cruces, esta préstalle o nome o club debido fundamentalmente á sona que ten o santuario alí erguido.

 

http://www.galiciaparaelmundo.com/files/fotos/recursos_concellos_premium/8/santuario_de_la_esclavitud.jpg

Anque a súa  construción data do s. XVIII, as  súas oríxes son moi anteriores. Según a tradición, no 1582, o párroco de Cruces encargou unha talla de unha Virxe que instalou sobre unha fonte que había no lugar. No 1732 un enfermo bebeu da súa agua, pediu axuda á Virxe e, ós tres días estaba curado. Este feito provocou a chegada de moitos devotos que, cas súas donacións, fixeron posible a construción do santuario, obra do arquitecto José San Martín. No exterior claman a atención as súas dúas torres e a escalinata de acceso; no interior destacan os retablos do altar maior e  outro no que, con imaxes e  pinturas murais, cóntanse os feitos que deron orixe ó santuario.

A festa mais destacada neste lugar é a do Rosario, que se celebra o sete de outubro.

 

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e9/Igrexa_de_San_Mar%C3%ADa_de_Cruces%2C_Padr%C3%B3n.jpg/1024px-Igrexa_de_San_Mar%C3%ADa_de_Cruces%2C_Padr%C3%B3n.jpg

 

Igrexa da parroquia de Santa María de Cruces a cal está composta polas seguintes aldeas :

A Abelina | A Angueira de Suso | O Areal | A Baiuca | Bascuas | Cruces | A Escravitude | O Loureiro | Os Muíños | O Pedroso do Norte | O Pedroso do Vendaval | A Picaraña | Prada | Queiruga | Tarrío | Vigo | O Vilar.

 

https://fbcdn-sphotos-b-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xfa1/v/t1.0-9/270385_166283820105249_6044169_n.jpg?oh=f205bb3db78287807ec2867f1b543265&oe=54D92EFF&__gda__=1423469367_aca08cf76cf3cc8eff12723e91aae9a3

Escudo da SD Esclavitud (Escravitude), onde se pode apreciar perfectamente, entre outras, un “clavo de Cristo”.

Pois cun pouco de santos, cun par de misiñas e con moitas ganas iremos este domingo a polos tres puntos ……… HALA FURIA !!!!!!!!!!

 

ARRANXADO O PROBLEMA DO www.furiaac.com

SEGUNDA AUTONÓMICA

 

FURIA – 1 (Manu Isorna – p – ) / OLEIROS – 0

 

Primeira vitoria na casa do que vai de temporada nunha tarde fea, chuviosa e gris ante a numerosa afición local que non parou en ningún momento de animar ós nosos para  que os tres puntos quedaran na casiña, como así foi.

O peor foron as lesións de Rubén Marín e de Diego “Maleko”, este aínda pendente dunha resonancia para este xoves. Ánimo ós dous.

Tamén perdemos un balón …… a ver se hai sorte e aparece.

 

Moitas gracias afición, domingo mais  e HALA FURIA !!!!!!

 

 

 

PRÓXIMA XORNADA

BENXAMÍNS

FURIA – ABANQUEIRO “B”; SÁBADO 15, HORA 11.30, CAMPO DE CAMPAÑA.

 

ALEVÍNS

ROIS “B” – FURIA; SÁBADO 15, HORA 12.45, CAMPO DE SEIRA – ROIS.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – OLEIROS; DOMINGO 16, HORA 16.15, CAMPO MUNICIPAL R. DIÉGUEZ  – PORTO (PONTECESURES).

 

San Martiño de Oleiros é unha das nove parroquias que compoñen o concello de Ribeira. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.101 habitantes (555 mulleres e 546 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 1.141 habitantes.

 

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/thumb/d/d4/Oleiros%2C_Ribeira.jpg/300px-Oleiros%2C_Ribeira.jpg A igrexa parroquial é de estilo neoclásico, construída en 1769 e ampliada a mediados do século XIX. Conta cun valioso cáliz do século XVIII.

 

Nesta parroquia figuran dúas construcións emblemáticas :

 

 http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/27/Dolmen_axeitos.JPG/1024px-Dolmen_axeitos.JPG o Dolmen de Axeitos, coñecido tamén por Pedra do Mouro e o Hospital do Barbanaza.

 

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1d/Hospital_do_Barbanza.Oleiros.Ribeira.Galicia_1.jpg/1024px-Hospital_do_Barbanza.Oleiros.Ribeira.Galicia_1.jpg

 

Escudo do Atlético Oleiros coroado pola actual representación da coroa real española, a cal  non existe como obxecto físico, e unha banda vermella sobre fondo branco que forman as cores principais de este histórico club de fútbol do outro lado da Curota.

 

TEMOS QUE IR A POLOS TRES PUNTOS E HALA FURIA !!!

SEGUNDA AUTONÓMICA

PRAÍÑA S. C. – 1 / FURIA – 2 (Nacho, 0 – 1 e Maleko, 0 – 2 )

 

Partido xogado perfectamente tanto táctica como técnicamente o que fixo que ó final os tres puntos viñeran para este lado do Ulla.

Xa estamos a tiro de pedra e domingo mais.

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!!!!!!!