TERCEIRA GALEGA

OLEIROS (3º CLS. 40 PTOS.)

FURIA (4º CLS. 40 PTOS.)

DOMINGO 24, ÁS CINCO DA TARDE, NO CAMPO DA TRINIDÁ  DE OLEIROS.

                                                                                                          San Martiño de Oleiros é a única das nove parroquias que compoñen o concello de Riveira que non dá co mar.

Aparte do fútbol, San Martiño de Oleiros é sobradamente coñecido por levantarse no seu territorio un dos monumentos funerarios megalíticos mais importantes de Galicia: “O Dolmen de Axeitos”.

Dolmen-de-Axeitos

O Dolmen de Axeitos tamén é coñecido polo nome de “A Pedra do Mouro”.

No Barbanza, para falar de agocharse ou de mirar para outro lado, úsase moito o término “foi dar unha volta pola Pedra do Mouro”. Perderse pola Pedra do Mouro e moi similar a “irse polos cerros de Úbeda”.

Resultado de imaxes para ubeda

Casa do concello de Úbeda (Xaén) -patrimonio da humanidade-, que conta con 24.655 habitantes aproximadamente.

Mais, que pasa con “irse polos cerros de Úbeda”?

Batalla de las Navas de Tolosa, por Francisco van Halen.jpg

Batalla de Las Navas de Tolosa, óleo de Van Halen exposto no pazo do Senado (Madrid).

Poucos anos despois da importante batalla das Navas de Tolosa e tan só a unhas ducias de quilómetros máis ó sur de España, tivo lugar outro enfrontamento en Úbeda entre os cristiáns e os almohades. Exactamente en 1233 loitaron ambos exércitos e, ademais de morrer centos de persoas, tivo lugar un curioso feito que pasaría á historia en forma de frase popular.

Xusto antes de comenzar o combate, un dos altos mandos do rei Fernando III, o Santo, Álvar Fáñez, coñecido como “o Mozo” desapareceu sen que ninguén supera onde fora. Horas máis tarde, unha vez conquistada a cidade e pasado o perigo da loita “o Mozo” reapareceu e ó preguntarlle o rei onde carallo se metera durante a contenda contestou que se perdera nos cerros de Úbeda.

Fernando III de Castilla 02.jpg

O rei Fernando III de Castela, representado no Tumbo A ou Índice dos Privilexios Reais de Santiago de Compostela.

Fernando III, alcumado “o Santo”, foi fillo do rei Alfonso IX de León e da raíña Berenguela I de Castela. Durante o seu reinado reunificáronse definitivamente os reinos de León e Castela e foron conquistadas a os musulmáns as cidades de Xaén, Córdoba, Sevilla e Murcia, entre outras. Faleceu en 1252 e foi sucedido polo seu  fillo, Alfonso X o Sabio. En 1671 foi canonizado polo Papa Clemente X e os sus restos mortais, que se conservan incorruptos, venéranse na catedral de Sevilla.

A polos tres puntos…ALA FURIA!!

TERCEIRA GALEGA

FURIA – GALICIA DE BEALO

DOMINGO 17, CAMPO MUNICIPAL R. D. DE PORTO (PONTE CESURES)

ENTRADA ÚNICA TRES (3) EUROS.

Resultado de imaxes para galicia de bealo

O MeteoGalicia di que hai unha posibilidade de chuvia dun 80% para domingo. Vós veredes.

San Pedro de Bealo, cuns 718 habitantes, é unha das oito parroquias que compoñen o concello de Boiro.

Resultado de imaxes para san pedro de bealo San Pedro de Bealo.

A parroquia de Bealo é coñecida internacionalmente pola romaría do San Ramón, que se celebra cada 31 de agosto con centos e centos de romeiros.

Aínda que vinculada a ritos pagáns, trátase dunha das festas mais antigas de Galicia e a romaría campestre mais antiga que se celebra ininterrompidamente dende o ano 1756.                                          Esta é unha festa protagonizada polas parturientes. Unha das súas singularidades é que a romaría boirense acoden mulleres a pedirlle a San Ramón un fillo.

Ermida de San Ramón de Bealo, Boiro.jpg                                                                              Ermida de San Ramón de Bealo.

Non queremos deixar escapar esta oportunidade para lembrar que este luns 11 de marzo cumpriu 80 anos ó noso querido e admirado Leonardo “Flaco” Jiménez, compoñente e fundador dun dos grupos mais emblemáticos da música “tex-mex”: os “TEXAS TORNADOS”.

Resultado de imaxes para Leonardo "Flaco" Jiménez

O “Flaco” Jimenez

Aquí vos deixamos con ADIÓS MÉXICO; o Flaco é o acordeonista. Un fenómeno.

Os Texas Tornados tamén son do Furia.

Domingo a polos tres puntos…Ala Furia!!

 

COPA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA -TRINTAEDOUSAVOS DE FINAL-

FURIA (3ª galega / 2º clas. 39 ptos.)

ESTUDIANTIL (Pref. Galicia Gru. Norte / 20º clas. 4 ptos.)

MARTES 12 DE MARZO, ÁS NOVE E MEDIA DA NOITE, NO CAMPO DE CAMPAÑA.

A Agrupación Estudiantil é un equipo de fútbol fundado e con sede na parroquia estradense de Santa María de Loimil (+/- 218 habitantes), partido xudicial da Estrada e arciprestado de Santiago de Compostela.

Actualmente xoga os seus encontros como local no campo municipal de San Martiño de Berres (A Estrada).

Resultado de imaxes para loimil

Igrexa románica de Santa María de Loimil.

A eliminatoria Furia – Estudiantil é todo un clásico na Copa Deputación: esta é a cuarta.

A primeira vez que se enfrontaron foi o venres 6 de abril de 2012 no campo de Figueroa da Estrada, co resultado final de Estudiantil – 4 / Furia – 1.

A segunda vez xogouse o venres 15 de marzo de 2013 no campo de Campaña, rematando o encontro con empate a ceros no electrónico. Pasou o Furia a penaltis por 4 tantos a 2.

O derradeiro enfrontamento entre estes emblemáticos clubs foi o mércores 1 de marzo de 2017. Gañou con comodidade o Estudiantil por 0 a 5 no campo de Campaña.

Resultado de imaxes para CSD arzua

A Agrupación Estudiantil aínda está pendente da resolución dun recurso federativo por aliñación indebida do Arzúa nun  partido da liga de Preferente da temporada 16/17 que, de gañalo, acabaría por darlle dereito a xogar no grupo 1 da Terceira División.

Por certo, este fin de semana celebrase na Arzúa a XLIVº edición da Festa do Queixo, unha festa que ben o merece.

http://www.festadoqueixo.org/wp-content/uploads/2014/10/2019_banner_programacioncompleta_festival_1500x555px-REDES2019.jpg

O partido xogarase cas “portas abertas”, para que os gorróns poidan velo “in situ” sen ter que mirar por fora da rede.

a Copa Deputación é nosa…ALA FURIA!! Emoticon informatica pc

TERCEIRA GALEGA

PORTO DO SON – FURIA

DOMINGO 10, ÁS 17.00 HORAS, NO CAMPO MUNICIPAL EMILIO GARCÍA.

Escudo de Porto do Son

Porto do Son é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia, ó arciprestado de Posmarcos de Arriba e ó partido xudicial de Noia. A capital do concello é a vila homónima, situada na parroquia de San Vicente de Noal. É a boca sur da ría de Muros e Noia. Conta con aproximadamente 9241 veciñas e veciños.

Un magnifico territorio formado por dez parroquias, cunha chea de historia centenaria. Todas están bañadas pola auga exceptuando San Fins de Ribasieira (uns 90 habitantes) que non dá ó mar.

Resultado de imaxes para porto do son concello

Casa do Concello de Porto do Son, de discutible gusto arquitectónico.

 

O Castro de Baroña (s. I a. C. – S. I d. C.) é unha das construcións mais emblemáticas de Galicia.

Literatura popular

Miña nai non me casedes/ nese portiño do Son,/ que están os demos metidos/ nas covas de Fonforrón.

Resultado de imaxes para porto do son festa hortera

O primeiro fin de semana de agosto Porto do Son celebra a “Festa Hortera”.

A polos tres puntos…ALA FURIA!!

COPA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA -FASE PREVIA-

FURIA – 2 (Iago, 1 – 0; Diego -p-, 2 – 1)

VILATUXE – 1

Seguinte ronda contra o vencedor da eliminatoria Agolada – Estudiantil, en hora, campo e día por determinar.

Foto de Furia AC.

FURIA AC

Foto de Furia AC.

VILATUXE CF

Foto de Furia AC.

O capitán do Furia, Pepe Touceda, entregando un agasallo ó capitán do Vilatuxe, Álex Lorenzo, diante do colexiado do encontro Arturo Díaz Álvarez.

A COPA DEPUTACIÓN É NOSA…ALA FURIA!!