SEGUNDA AUTONÓMICA

O Furia xogará como local os encontros que restan de liga no Campo Municipal Ramón Diéguez de Pontecesures, o que se fai público para xeral coñecemento.

O Furia agradece a boa disposición do Concello de Pontecesures.

 

XORNADA DO VENRES, SÁBADO E DOMINGO “FARALEIRO”

BENXAMÍNS :

Fútbol – Sala (Dodro) : Rois “B” – 1 / Furia – 4 (Marco, 2; Runi e Salva) Venres, 13

F – 8 : Furia – 0 / Unión “B” – 2 # Sábado 14 # Colexiado : Rives Pena. Ben.

 

INFANTÍS :

Furia – 1 (Samuel) / Ribeira – 1 # Sábado 14 # Colexiado : Rives Pena. Ben.

 

XUVENÍS :

Furia – 0 / Sp. Estrada – 2 # Sábado, 14 # Colexiado : Álex Álvarez. Ben.

 

PREBENXAMÍNS :

Cordeiro – 16 / Furia – 2 (Runi, 2) # Domingo, 15                                                           “Os goles do Furia moi celebrados, como se ganásemos o mundial”

Colexiado : Claudio Castro. Ben.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA :

FURIA – 3 / PORTO DO SON – 1

Campo Ramón Diéguez de Pontecesures, perfecto. Sobre 100 espectadores que puxeron a cantina a 100 por hora. Marabillosa afición.

Colexiado : Miguel Anxo Piñeiro “O Doutor”, de Santiago. Ben en linas xerais, aínda que un pouco lento. Amosou dúas amarelas por bando.

Alineacións :

FURIA : Peixe, Salva, Miguel, Santi, Juanjo, Xabi, Roberto, Tito, Manolo, Diego e Álvaro ……..Maleko, Moncho, Adrián Ferro e Toñito.

PORTO DO SON : Manolo, Pedro, Serxio, Óscar, Anxo, Dani, Queiruga, Ismael, Iván, Blanco e Alberte …… García, Santos e Podoviaye.

Un gran partido o disputado na solleira tarde do domingo no Municipal de Pontecesures. Un Porto do Son que non tivo fortuna en dúas ocasións aisladas ó enviar sendos balóns ó poste da portería de Peixe que, sen dubida algunha, foi un dos mellores xogadores do Furia. Roberto “de Nai” puido marcar de falta dende fora da area pero paroulla o Manolo e Álvaro, que non anda nada fino, fallou un par delas contra o porteiro man a man de xeito incrible (ó mellor era por que estaba seu sogro no partido).

Descanso, 0 a 0, todos para a cantina e sorteo do lacón que lle tocou ó pai de Tito; haberá “changüi” ?

Comenza a segunda parte e sigue facendo frío. Pronto, na primeira xogada de ataque, Roberto internase pola banda, fai o pase da morte e un defensa ó intentar despexar o esférico introdúceo na súa porta aínda que o árbitro anotoullo ó propio “de Nai”.

Despois deste gol o Furia gaña confianza e, dalí a uns minutos, marcaría un precioso gol Juanjo ó controlar un balón co peito, baixalo sen tocar o chan e disparar o fondo da meta visitante sen paliativos. 2 a 0 e todos contentos.

Cambios no Furia e cambios no Porto do Son. Aquí está o dilema, non sen antes volver a fallar Álvaro a porta baleira outro gol enviando o balón fora. Entra polos visitantes un chaval de nome Popoviaye que foi o revulsivo total ademais de ser un gran xogador que anotaría o 2 a 1. Faltaban 20 minutos e os aficionados xa temían o peor : Esclavitud, Cacheiras ……. que conseguiran no seu día remontar marcadores semellantes. Moitos nervios nas bancadas e o Porto do Son que seguía achuchando sen compasión. A falta de cinco minutos fixo outra gran intervención Peixe ó deter case na liña de gol un remate de cabeza a boca de xerro dun dianteiro visitante cando xa se cantaba o empate pero, o fútbol e así, cando mellor estaba a xogar o equipo visitante, o Furia, por medio de Adrián Ferro, montou un contraataque perfecto no minuto 94, que chegou a altura da area disparando con moita potencia e rechazando o porteiro deixándolla a “huevo” a Manolo que non tivo mais que empuxala.

Pasouse mal pero, a verdade, é que o Porto do Son e moi bo equipo, boa xente e así o demostra na clasificación. Sorte.

O seguinte partido será o sábado de entroido contra o Bertamiráns no seu campo.

…………………………………HALA FURIA   !!!!!!!!!!!!!!!!

 

 

 

 

HORARIOS, CAMPOS E ENCONTROS

PREBENXAMÍNS :

 (F – 8 ) : Cordeiro – Furia; domingo 12, hora 13.00, Campo de Campaña.

FÚTBOL – SALA : Rois “B” – Furia; venres 10, hora 19.30, Pavillón de Dodro.

 

BENXAMÍNS (F – 8) :

Furia – Unión “B”; sábado 11, hora 10.45, Campo de Campaña.

 

INFANTÍS :

Furia – Ribeira; sábado 11, hora 12.00, Campo de Campaña.

 

XUVENÍS :

Furia – Sp. Estrada “B”; sábado 11, hora 16.30, Campo de Campaña.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA :

Furia – Porto do Son; domingo 12, hora 17.00, Campo Municipal “Ramón Diéguez” de Porto – Ponte Cesures.

Entradas a catro euros. Os socios do Furia non pagan. Non se abrirán as portas ata que remate o partido.

GRACIAS Ó CONCELLO DE PONTECESURES E HALA FURIA

SEGUNDA AUTONÓMICA

SAR- 2 / FURIA – 2

Campo de Extramundi; menos de 100 espectadores, a maioría seareiros do Furia.

Colexiado : Marco Recigliano, de Santiago. moi protestado polos dous equipos. Expulsou ó adestrador do Furia con dobre amarela, 30′ e 52′, e ó xogador Patxi Salinas tamén con dúas amarelas, 45′ e 58′.

Alineacións :

SAR : García, Pérez, Viaño, Rodríguez, Pesado, Lorenzo, Santos, Blanco, González, Lamas e Pardal ……Gómez, Sayáns e Castro.

FURIA : Peixe, Miguel, Patxi, Santi, Manuel, Roberto, Tito, Toñito, Diego, Álvaro e Salva…..Juanjo e Adrián Ferro.

Partido moi igualado onde o Furia sempre foi a remolque no marcador. O primeiro gol marcouno o Sar dunha bonita xogada entre Anxo (exFuria) e Gonzalo que anotou un precioso tanto no minuto 15 logo dun saque de banda na area do Sar. O empate tardaría 20 minutos en chegar ó aproveitar Tito un barullo na area local enchufando o esférico ó fondo das mallas.

Descanso e todos para vestiarios (Coco “Bonachón” tamén).

Comenza a segunda parte e mais do mesmo. O Sar volve á adiantarse no “electrónico” por medio de Pesado polo minuto 10. Empataría Juanjo ó rematar coa cabeza un saque de falta lateral no minuto 30 facendo as delicias da nosa estupenda afición. Pouco mais que contar, salvo as expulsións de Mac e Patxi, e “ata logo Lucas”.

Agora o Furia é octavo a tres puntos do cuarto e a sete “mais un” do descenso.

……………. HALA FURIA     !!!!!!!!

XORNADA DO SÁBADO 4 DE FEBREIRO

PREBENXAMÍNS :

FURIA – 2 / ABANQUEIRO – 4

Campo de Campaña; partido disputado ás sete da tarde do xoves 2.

Colexiado : Piñeiro Prol, de Boiro. Moi ben.

Goles : Furia (Aaron e Darvin); Abanqueiro (Álex, 2 e Manuel, 2).

 

BENXAMÍNS :

Fútbol – Sala Dodro (Venres 3, hora 18.00)

DODRO – 0 / FURIA – 12 (Isaac, 5; Leandro, 5; Martín Cavo e Martín Freiría)

F-8 : Descanso

 

INFANTÍS :

PUEBLA – 6 / FURIA – 3

Campo de Cadreche (A Poboa); mañá fresca.

Colexiado : Abel San Pedro, de Boiro. Espléndido.

Goles : Puebla (Ángel,2 e Afonso, 4); Furia (Samuel,2 e Paja)

 

XUVENÍS :

CALLOBRE – 3 / FURIA – 0

Campo de San Martiño – Callobre; terreo de xogo en perfectas condicións.

Colexiado : Pepe Miguélez, de Laín. Un pouco fondón.

Goles : Callobre (Xurxo, 2 e Xacobe)

 

PARTIDOS, HORARIOS E CAMPOS

PREBENXAMÍNS :

 (F – 8) : Furia – Abanqueiro; xoves 2, hora 19.15, Campo de Campaña.

BENXAMÍNS :

F – 7 : Descanso

Fútbol – Sala : Dodro – Furia; venres 3, hora 18.00, Pavillón de Dodro.

 

INFANTÍS :

Puebla – Furia; sábado 4, hora 11.30, Campo de Cadreche (A Poboa).

 

XUVENÍS :

Callobre – Furia; sábado 4, hora 17.00, Campo de Callobre (A Estrada).

 

SEGUNDA AUTONÓMICA :

Sar – Furia; domingo 5, hora 16.15, Campo de Extramundi (Padrón).

Que non pare a festa !!!!!!!!!                 HALA FURIA   !!!!!!!!!!!!!!!