SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – 2 / CALO – 2

 

Campo Ramón Diéguez. Moita calor. Terreo de xogo un pouco seco.

 

Colexiado : Alberto Figueira, de Boiro. Concedeulle validez ó segundo gol do Calo despois da saír o balón pola banda do lado da tribuna e logo de recibir o primeiro pase o dianteiro mais adiantado en claro fora de xogo.

 

Alineacións :

 

FURIA : Peixe, Miguel (84′), Patxi, Manolito, Juanjo, Moncho (58′), Adrián Ferro (86′), Xabi (76′), Manolo, Diego e Álvaro…………………………….. Maleko (84′), Jóse, Santi (58′), Marcos (86′) e Rodrigo (76′).

 

CALO :Blas, Asier, Iván (62′), Mera, Álex, David, Alberto (63′), Pedro (58′), Axel (58′), Ponte e Adrián (73′) ……………….Quintela (58′), Aldo(63′), Ander (73′), Luís (58′) e Mouzo (62′).

 

A CRÓNICA :

 

 

Unha parte para cada equipo, posiblemente sexa a mellor maneira de explicar o acontecido este domingo no campo de Porto.

 

A pesar de seguir o Furia con numerosas baixas (levamos sete partidos a trancas e barrancas), non pode ser desculpa para empatar na casa diante do colista Calo, que nos puxo na segunda metade en grandes apuros.

 

O Furia empezou moi ben o partido. Pronto disporía dun penalti para inaugurar o marcador. Lanzouno Manolito ás mans do porteiro provocando este a xogada do contraataque ó enviar rapidamente o balón arriba a un compañeiro que acabou pasándollo a David para que este anotase o 0 a 1. Outra vez, todos con cara de parvo.

 

 Minutos mais tarde, volvería o Furia a dispoñer doutro penalti. Esta vez o responsable de executalo é Manolo que, con gran mestría, anota o merecido 1 a 1.

 

A falta de dez minutos para o descanso unha gran parede de Diego con Patxi provocou que este centrara á area visitante onde Álvaro non tivo mais que empuxala. Un bonito gol. 2 a 1 e tempo de descanso.

 

Na segunda parte as cousas cambian. Un Calo moito mais agresivo, acabou con catro dianteiros, ante un Furia cuns dianteiros demasiado individualistas que non conseguían superar á defensa do Calo.

 

Unha perda estúpida dun balón no medio do campo logo dunha falta favorable ó Furia, favoreceu a saída do Calo pola banda dereita, que a pesar de ter rebasado o esférico a lina lateral, provocando que os nosos xogadores se quedaran quietos levantando as mans co típico : “arbi, arbi”!!!!! seguindo a xogada e recibindo o primeiro dianteiro en claro fora de xogo, collendo ó árbitro moi lonxe, móntanse un pequena melé na area que acabou resolvendo dun bo disparo Axel, poñendo o merecido 2 a 2 no marcador.

 

O Furia, que seguía cás súas individualidades, non era quen de adiantarse, cousa que si puido facer o Calo que, gracias a dúas moi boas intervencións de Peixe, non marcaron o terceiro porque era Domingo de Ramos.

 

Remate do encontro e moita deportividade entre todos os asistentes.

 

Agora quedan cinco partidos para o remate da liga. Son 15 puntos, dos cales demos facer nove para non ter problemas. Esperamos contar xa para o seguinte xornada, Domingo de Pascuilla, ca maioría dos efectivos lesionados e poder acabar a competición no mais alto posible.

 

 

…………………. HALA FURIA   !!!!!!!!!!!!!!!