SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – 0 / URDILDE – 2

 

 https://scontent-b-mad.xx.fbcdn.net/hphotos-xpf1/v/t1.0-9/10868156_826353164069880_96853377976750550_n.jpg?oh=67894b3207ccb594ef7095360ec89b81&oe=55449205

De pé, de esquerda a dereita : Diego Fernando, Álex, Javier, Mani Isorna, Pimen, Nacho e Manu Pontellón.

Aniñados, de esquerda a dereita : Rubén Canle, Martín, Pepe. Manu Carro, Quique e Adrián.

Partido disputado no Municipal de Porto ante menos de 200 espectadores. Tarde moi fría e moi gris. Non choveu.

O colexiado Javier Bao tivo unha actuación determinante ó anular un gol legal a Álex por unha suposta falta ó porteiro. Sería o empate a uns.                                        Na segunda metade concedeulle validez ó 0 – 2 a pesar de encontrarse o dianteiro visitante en claro fora de xogo.

Con todo, non foi o mellor día para os xogadores do Furia que viron como se lle escaparon os tres puntos para Urdilde de xeito meritorio.

 

DOMINGO A RECESENDE A POLOS TRES PUNTOS !!!!!!

RESULTADO DA OPERACIÓN DE DIEGO SEOANE “MALEKO”

Despois da exitosa operación levada a cabo polo ilustre doutor  ALBERTO VILLARES SANTOS sobre o xeonllo de Maleko, temos que decir que o xogador xa se atopa na casa familiar na procura dunha pronta recuperación.

Moitas gracias a todas e a todos polo apoio mostrado ó propio Diego Seoane “Maleko”, ós seus familiares e ó Furia en particular.

http://www.grupohmd.com/sites/default/files/styles/slideshow_home/public/hospital_516_368.jpg

Hospital Domínguez de Pontevedra, onde se celebrou a operación.

 

 

OUTRA OPERACIÓN DE XIONLLO

Mañá, no Sanatorio Domínguez de Pontevedra, operaran dunha ruptura de ligamento interno do xeonllo dereito ó noso xogador Diego Seoane “Maleko” (O Carballiño – Xanza), un chaval fenomenal.

Ánimo, forza e moita sorte.

 

 https://fbcdn-sphotos-f-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xap1/v/t1.0-9/p240x240/10846303_824331687605361_2305465540893514612_n.jpg?oh=4b1c8185c8eaa41877bb7731faf00a0a&oe=550D442F&__gda__=1426523249_4c5d94187b58cdd2c4068911099d590b

Diego Seoane Saborido “Maleko”, un fenómeno.

PRÓXIMA XORNADA “LXXº cabodano do pasamento de Wassily Kandinsky,pintor e teórico da arte rusa, precursor da abstracción na pintura e un dos artistas de mais sona do século XX”

BENXAMÍNS

Cabo da Cruz “B” – Furia; sábado 13, hora 11:00, Vista Alegre (Boiro).

 

ALEVÍNS

Portosín – Furia; sábado 13, hora 11:00, campo da Trapa (Portosín).

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

Furia – Urdilde; domingo 14, hora 16:00, campo R. Diéguez (Ponte Cesures).

 

Que é Urdilde? Pois aquí temos a resposta:

Santa María de Urdilde é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta con 851 habitantes (416 homes e 435 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 870 habitantes.

A parroquia ten unha superficie de 15,8 Km2.

Forman o núcleo parroquial catorce aldeas :

Agrafoxo | A Cabanela | A Calle | Caraveles | Casal de Gonzalo | Casal de Poño | O Castro | Macedos | Pazos | Pedre | O Pumar | Quintáns | Vilariño | Xallas

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/thumb/c/c7/Igrexa_de_Urdilde.jpg/300px-Igrexa_de_Urdilde.jpg  Igrexa parroquial de Santa María, afeada polo forte impacto visual da parella de altofalantes que coroan o campanario.

 

https://fbcdn-profile-a.akamaihd.net/hprofile-ak-xpf1/v/t1.0-1/p148x148/1509113_625803547506628_4678499029464809778_n.jpg?oh=e090ba735309958daf22d5fccc56f70e&oe=54FA63EE&__gda__=1430594433_a052f6d1b31a599844b3554216926b6f Escudo do Urdilde, onde sobresae o orgullo rural co pote de figura mais sobranceira.

 

E como estamos no ano de Wassly Kandinsky, (unha das persoas redactoras desta páxina non para de visitar o Museo  Thyssen – Bornemisza), imos pechar cunha obra mestra do abstracto ruso :

http://www.revistaimprescindibles.com/wp-content/uploads/2012/09/kandinsky1.jpg

“Estudio de color.Cadrados con círculos concéntricos” 

 

A POLOS TRES PUNTOS E HALA FURIA !!!!!

 

 

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

Porto do Son – 3

Furia – 3 (Rubén Lorenzo, 0 – 1 ; Rubén Marín, 2 – 2 e Manu Carro 3 – 3)

Gardouse un minuto de silencio polo pasamento da nosa querida veciña Isolina Blanco,viuda de Vitoriano Rodríguez.                                                                                                                                            Tódolos  goles na primeira metade. Partido moi serio do Furia que con dez baixas moi importantes presentouse no Emilio García a por todas. Posiblemente un dos mellores partidos de cara ó espectáculo público, xa que non se ven tódolos días seis goles en 45 minutos.

Moita sorte para o equipo que preside a magnifica Inma Torres e para nos tamén que boa falta nos fai.

https://fbcdn-sphotos-h-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xap1/v/t1.0-9/10805623_822245557813974_5560454073930218559_n.jpg?oh=72bf129621bcdb4076ded7330c8ae94b&oe=55026D70&__gda__=1426298540_f99ab0e260167b9d66d0a9a10925596c

Membros do núcleo duro da peña do Furia “Os Radicais da Cantina” no Emilio García.

 

 https://scontent-a-cdg.xx.fbcdn.net/hphotos-xpa1/v/l/t1.0-9/s403x403/10734233_822245214480675_4690478779511452064_n.jpg?oh=527bea8d650f0e4e24f49aa20f5c6811&oe=55175C1A

 Os “Radicais da Cantina”, o adestrador do Furia Marcos Jamardo “Polo” e a estupenda presidenta do CF Porto do Son Inma Torres posando para a eternidade.

 

¡¡HALA FURIA !!  ¡¡ HALA PORTO DO SON !!

 

FESTA DE NADAL DO FURIA AC SÁBADO 27 DE DECEMBRO

MERENDA – CEA – BAILE

RUTA : CAMPAÑA – CATOIRA – VILAGARCÍA – VILANOVA – CAMBADOS – RIBADUMIA – MEIS – PORTAS – CALDAS DE REIS – VALGA – PONTECESURES – CAMPAÑA.

SAÍDA BUS : 17:30 HORAS / VOLTA : 00:00

XOGADORES, CORPO TÉCNICO, DIRECTIVOS, NAIS, PAIS, SOCIOS E AFICIONADOS.

MÁXIMO : 50 PRAZAS (POR RIGOROSO ORDEN DE INSCRICIÓN)

TOTAL : 20 €

https://encrypted-tbn1.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcQkVWEqq8wrk5jpQpwQ1LTgtzkcj8WdbI55rm8d4ETMn8GMgqekbA https://encrypted-tbn3.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcRTZzOLbTgN7Lgit-dP6IKhkSYv20ZWH5sYr-AIEvJuFxO3_B-T

https://encrypted-tbn3.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcREyJ_33ZI_CZzi2zHnKOEZ0hHfCHeFzk13vYmGDmiTkuH94mNzCQ https://encrypted-tbn2.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcQATiXiB2NCXkmW9dtV5iC-MDlZQq2DGrJwjUnbwxz3ioaNg5vgMw

 

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!!!

ALEVÍNS (ENCONTRO ADIANTADO)

FURIA – 1 (Gaël)  / ULLA “B” – 2

https://scontent-a-cdg.xx.fbcdn.net/hphotos-xaf1/v/t1.0-9/10636014_821523907886139_3646875292714891185_n.jpg?oh=758c9a4471b12864008ade42dc9b1988&oe=551EADD7

Equipo do Furia que ven de ser derrotado polo Ulla “B” hoxe pola tardiña.

De pé, de esquerda a dereita : Aarón, Runni, Isaac, Salva e Álex.

Aniñados, de esquerda a dereita : Rafa, Gaël, Pedriño e Manoliño.

 

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!!!! 😉

 

 

 

 

 

 

XORNADA DA PRIMEIRA SEMANA DE DECEMBRO

BENXAMÍNS

DESCANSO

 

ALEVÍNS

Furia – Ulla “B”; xoves 4, hora 18:45, campo de Campaña.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

Porto do Son – Furia; sábado 5, hora 16:30, Campo Emilio García

 

O Concello de Porto do Son é un territorio cheo de contrastes o que fai que sexa un dos lugares mais fermosos de toda Galicia.

https://encrypted-tbn3.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcTDjp0GNzOk7_FNc0XZB_T2qgx10WV01EvJkG8bmnw4642NsRxlEscudo do concello de Porto do Son, o cal figura orgulloso sen a coroa borbónica.

O territorio sonense está dividido en dez parroquias : Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Pedro) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña); a maior das cales é Nebra e a máis poboada Noal onde se atopa a capital do concello. Todas elas están bañadas polas augas da ría de Muros e Noia, excepto Ribasieira.

 

As mellores praias do mundo : As Furnas, A de Coira, A do Pazo, A de Aguieira, A de Caveiro, A de Arnela …… Pero a lenda viva é a praia dos Castros de Baroña.

 

http://www.berenguela.com/wp-content/uploads/Castros-de-Baro%C3%B1a1.jpg

 

Baroña, orgullo galego. Orixe, loita e resistencia de todo un pobo.

A praia dos Castros, en tempos recentes, fíxose famosa polas primeiras prácticas nudistas auspiciadas, entre outros, por Miguel Cancio, controvertido sociólogo que no seu día foi pregoeiro da XVI Festa da Casa Vella de Campaña – Valga, a mediados dos 70 causando unha tremenda fonte de trifulcas.

http://www.laopinioncoruna.es/estaticos/domingo/20080824/imagenes/03f1.jpg

Aquí podemos observar como unha veciña intenta zumbarlle cunha gran tranca a estes pioneiros do coirismo.

Hoxe, estamos seguros de que todo o anterior foi unha marabillosa etapa da nosa vida.

http://1.bp.blogspot.com/_5nmgKuHcEwc/S_5ZQDu02jI/AAAAAAAADMU/iYUP1D_Y62I/s400/Arias1vtmk.jpg

A esquerda, cun paraugas, Miguel Cancio. Á dereita, cunha maletiña, Pedro Arias actual parlamentario do Partido Popular e número dous pola Coruña.

Mais información : http://www.laopinioncoruna.es/estaticos/domingo/20080824/domingo.html

https://encrypted-tbn3.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcQHLsro7VfeJWN8jMz2CtOFw5HEPTXvCpDrW10KeMOr4MhF3PH0Emblema do Porto do Son CF ca pelotiña, ca barquiña no mar, ca Atalaia e os colores do club.

http://media.lavozdegalicia.es/scale.php?i=/default/2014/06/30/0012_201406B30C6F1jpg/Foto/B30C6F1.jpg&w=465px

Ocupa actualmente a presidencia a “holandesa” Inma Torres, muller estupenda e traballadora sempre na procura do mellor para o seu Porto do Son CF.

   – SON DO SON “OS MORDECÁNS” – https://www.youtube.com/watch?v=5WI9I7UxYg4

A POLOS TRES PUNTOS E HALA FURIA !!!!