SEGUNDA AUTONÓMICA

SÁLVORA – 4

FURIA – 2 (Manu Isorna, 0 – 1 e Rubén Marín , 2 – 2)

https://fbcdn-sphotos-g-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xpa1/v/t1.0-9/10704195_845806865457843_3606037602372364620_n.jpg?oh=6b4b3723e6d55459ce889821b8d63f54&oe=55220C4B&__gda__=1432810739_b54802ec6cbe255ba591cfc6c695ebd2 Joaquín Ventoso Noal, colexiado que nos roubou o partido hoxe en Riveira contra o Sálvora de xeito miserable, sabendo conscientemente o que facía en todo o momento (queremos pensar que non é parvo de todo).

Sabemos que non vale de nada poñernos aquí a contar historias ( o que queira saber algo que veña ós partidos); pero, insistimos, un auténtico impresentable.

Que a sorte che acompañe machote, sabes que nos fixeches moito dano.

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!!!!!!

 

 

 

 

BENXAMÍNS E ALEVÍNS

ALEVÍNS

Furia – 3 / At. Riveira “B” – 2

 

BENXAMÍNS

Furia – 2 (Carliños, 2) / Dodro “B” – 0

 https://scontent-a-mad.xx.fbcdn.net/hphotos-xpa1/v/t1.0-9/10917075_557906997645301_4749237324684788111_n.jpg?oh=cdd0fd834a3c97ce3abd1afb833deaa8&oe=5523DB62
 

Equipo que se presentou contra o Dodro “B” con notable éxito.

De pé, de esquerda a dereita : Rubén Marín (corpo técnico), Dani, Xabi, Iker, Roi, Ainhoa, Fran e Rubén Canle (corpo técnico).

Aniñados, de esquerda a dereita : Jacobo, David, Carliños, Luquiñas, Iaguiño e Anxiño.

 

   ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!!!!!

 
 
 
 

COPA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2015

PRIMEIRA VOLTA (A PARTIDO ÚNICO)

 

LARO C.F. – FURIA A.C. : xoves 22, hora 21:30                                                                                                                                                                                                            “Campo do Outeiriño – Silleda” (ó lado do recinto da feira).

 

http://www.lapreferente.com/imagenes/escudos/escudo-5035.jpg?f=20140821  http://www.moranacf.com/wp-content/uploads/2015/01/COPA-FEDERACI%C3%93N.jpg                                                                                                                                           Partido histórico. Nunca antes se enfrontaron Laro e Furia.

 

    ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!

PRÓXIMA XORNADA

FÚTBOL SALA COMUNIDADE INTERMUNICIPAL TERRAS DE IRIA

BENXAMÍNS

FURIA – EDM DODRO “B”, venres 16, hora 17:40, pavillón de Dodro.

 

FÚTBOL 8

BENXAMÍNS

Furia – Dodro “B”; hora 12:45, sábado 17, campo de Campaña.

 

ALEVÍNS

Furia – AT. Riveira “B”; sábado 17, hora 11:30, campo de Campaña.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

Sálvora – Furia; domingo 18, hora 16:30, campo da Fieiteira – Riveira.

 

A Illa de Sálvora na música popular galega :

NOS CANEIROS (Ai, Pepiño adiós)

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,
ai Pepiño, por Dios non te vaias,
non te vaias afogar á praia,
como nos pasou a nós
e havos de pasar a vós.

Ai Sálvora, ai San Vicente, BIS
as nenas bonitas hainas en Ourense. (as nenas bonitas hainas en Mourente)

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,

Ai Sálvora, ai San Vicente
Ai Sálvora, adiós Mourente
Ai Sálvora, ollos da ría
para boas mozas, en Vilagarcía BIS

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,

Ai Sálvora, vento norteiro.
Ai Salvora, meu compañeiro,
Ai Sálvora, vento ventiño
xa están as rapazas na punta de Aguiño BIS

 

A POLOS TRES PUNTOS E HALA FURIA !!!!!

 

 

 

PRÓXIMOS ENCONTROS

BENXAMÍNS

Sar – Furia; sábado 10, hora 16:00, campo de Extramundi – Padrón.

 

ALEVÍNS

Sálvora – Furia; sábado 10, hora 10:00, campo da Fieiteira – Ribeira.

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

Furia – Taragoña; domingo 11, hora 16:00, campo municipal de Porto – Ponte Cesures.

San Salvador de Taragoña é unha parroquia situada ao norte do concello de Rianxo, na comarca da Barbanza. Linda ó norte co concello de Boiro e a parroquia de Araño, ó oeste co concello de Boiro, ó leste coas parroquias de Asados e Rianxo e ó sur coa ría de Arousa.

O alcume que reciben as xentes de Taragoña é o de “Cangrexeiros”. Este sobrenome é orixinario dunha peculiar historia dun veciño da parroquia chamado Felipe “O Delgado” que vivía no Burato, unha persoa de familia adiñeirada, que foi vendendo todo o seu capital e gastando os cartos ata que quedou sen un real, logo o home ía comer ás casas dos veciños e borralleiras. Asemade nos días de marea ía á ribeira á praia da Torre para mariscar e botar algo á boca, sendo naquela época moi abondosos os cangrexos na zona do río, e fixo unha empanada botándolle masa por riba dos crustáceos aínda vivos, escapando estes coa masa ó lombo cando lles chegou a quentura do lume.

 

http://fotosderianxo.files.wordpress.com/2013/11/cangrexo.jpg

 Ó non dispoñer dunha foto de Felipe “O Delgado”, mostramos a dun cangrexo común (Carcinus maenas) na honra de tan ilustre personaxe.

 

http://veredes.es/blog/wp-content/uploads/2013/10/pva_01_sans.jpg San Salvador de Taragoña.

 

A POLOS TRES PUNTOS E HALA FURIA !!!!!!

 

 

LOTERÍA DA NENA E DO NENO 2015

Xa podedes cobrar a lotería da Nena e do Neno en http://4.bp.blogspot.com/-8WbCDAjRvzo/U6nBChSQ_eI/AAAAAAAAVsM/kvjH0Kq0Os4/s1600/aban.jpg a partir do xoves 8 de xaneiro.

Como sabedes, cóbrannos comisión por todo; así que se queredes, e podedes, agradecemos a vosa colaboración económica.

https://fbcdn-sphotos-h-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xpf1/v/t1.0-9/10922503_518373194969264_8344310938916106199_n.jpg?oh=1a6b6e7361ba71afe2f2d3847d7ab8b9&oe=553BB2FD&__gda__=1430468759_a9158c56480f3a2278eb01f490ca5b0c

Que ben se vive.

 ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ HALA FURIA !!!!!!!!!!!!!!!!!!!