PRÓXIMA XORNADA

PREBENXAMÍNS

FÚTBOL SALA

Rois – Furia : aprazado.

 

F8

ALEVÍNS : DESCANSO

BENXAMÍNS

Furia – Noia “B”; sábado 7, hora 11:15, Campo de Campaña.

 

MODESTOS

COPA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (SEGUNDA RONDA)

Furia – Cordeiro; venres 6, hora 21:00, Campo Municipal de Pontecesures.

Entrada : 2 euros.

                                                                                                                                           Absterse curiosos. Non se abrirán as portas ó público ata o remate do encontro.

 

XORNADA 18 DE LIGA

Bastavales – Furia; domingo 8, hora 16:30, Campo Municipal de Brión.

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d4/Bastabales_Igrexa_05eue.jpg/1024px-Bastabales_Igrexa_05eue.jpg San Xulián de Bastavales quedou perpetuada para a eternidade gracias á xenerosidade de Rosalía de Castro na súa inmortal obra “CANTARES GALLEGOS”. Foi reconstruída a mediados do século XVII.

http://3.bp.blogspot.com/-j7joYaY6mkM/UJYzQ_1Vi1I/AAAAAAAADNk/tqpsuANqeVU/s1600/Rosalia-de-Castro.jpg  Rosalía de Castro

 

Campanas de Bastavales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio,
Elas tocan pra que rece;
penso que por min chamades,
E das entrañas me doio
Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.
solo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron
as soidades viñeron…
De pena me consumiron.

a polos tres puntos e HALA FURIA !!!!!!!!!!

 

 

SEGUNDA AUTONÓMICA

DODRO – 3

FURIA – 3 (Manu Carro, 1 – 1; Manu Isorna, 1 – 2 e Nacho, 2 – 3).

Campo de Chenlo, Laíño – Dodro. Tarde xélida. Ambiente hostil. Tremendo vocabulario o utilizado polas seguidoras e seguidores do Dodro : para enmarcar.

Dous puntos que nos voaron de xeito inxusto. No minuto 80, co 2 a 3 no electrónico, o porteiro local Iván Pesado,o heroe do encontro, cometeu un terrible penalti sobre o hábil Manu Carro. Cando todo o mundo contaba co típico “penalti e expulsión” o colexiado Pedro Mirazo, que  tivo bastante traballo, sinalou falta en contra. Na seguinte xogada o Dodro empataría o encontro co definitivo 3 a 3.

Aínda tería dúas ocasións o Furia para ganar o partido : unha por medio de Mario e outra, mais clara aínda, nas botas de Nacho, mais, insistimos, o gran porteiro Iván Pesado desbaratounas.                                                                                  

https://scontent-a-mad.xx.fbcdn.net/hphotos-xfa1/v/t1.0-9/10171925_852529124785617_3691002755069230494_n.jpg?oh=99efe7a14a1b96afe67be25f6c96bed0&oe=555127C8  Manu Carro, un dos protagonistas do encontro.

 

Domingo viaxamos a Bastavales …….. a polos

tres puntos e HALA FURIA !!!!!!!!