SEGUNDA AUTONÓMICA

FURIA – 2 / ABANQUEIRO -1

CAMPO DE CAMPAÑA; practicamente cheo. Quedaba un pequeno oco xunto ó córner onde está o pino. Outra vez problemas ca persoa (empresa) encargada de “coidar o campo”. Non nos abriu os baños, non hai auga quente, non hai banderíns de esquina, non se rega o campo …… e así constantemente. Chamouse ó “funcionario multiusos” e non podía vir ata que acabara o partido do Cordeiro….. Unha pena. Non nos estraña que o pillaran o outro día cunha boa “cogorza” na rotonda da Terroeira en horario de traballo e conducindo un coche municipal. Campión, que es un campión !!!!!! Resumindo, entre a tipiña da cantina e o susodito funcionario  están a provocarnos constantemente. Esperemos que baixen da burra e se adiquen ó que teñen que facer que para iso lles pagamos e máis ben.

COLEXIADO: Agustín Hernández, Colexio de Santiago. Moi mal. Amosou seis cartóns amarelos e tres vermellos ó Furia e outros seis amarelos ó Abanqueiro.

ALINEACIÓNS :

FURIA :Peixe, Salva, Patxi, Juanjo, Manuel, Tito, Adrián Ferro, Moncho, Álvaro, Cassano e de Nai……….. Marcos, Pipe e Adrián Martínez.

DELEGADO :  Xoán M. Loureiro “Flores”

ADESTRADOR : Martín Busto “Mac”

GOLES FURIA : Álvaro e de Nai

 

ABANQUEIRO : Dani, Dami, Alberte, Toni, Luís, David, Toño, Hugo, Daniel, Breogán e Manolo ………. Rubén.

DELEGADO : Manolo Fernández

ADESTRADOR : Moncho Álvarez

GOL ABANQUEIRO : Breogán

A CRÓNICA:

Merecida vitoria do noso equipo, nun partido que resultou máis cómodo do que se prevía. Unha sólida primeira metade onde os chavales de Mac, foron superiores en tódolos aspectos ó Abanqueiro, e que rematou cun quizais corto resultado de 1 a cero, cun bonito gol de Alvarito.Na segunda metade máis do mesmo. Xa mediada a segunda metade, un penalti a favor do Furia foi transformado por “The Night”, poñía a tranquilidade no marcador. Pero unha vez máis unha controvertida actuación do colexiado, que deixou ó Furia con 9 homes (inxustamente na nosa opinión), e pitou dous penaltis a favor do Abanqueiro (o primeiro fallado, e o segundo convertido no gol dos visitantes), puxeron certa incertidumbre no marcador; pero esta vez os nosos xogadores controlaron o xogo e conseguiron levarse os tres puntos merecidamente. O vindeiro domingo, visitamos a Póboa do Caramiñal, para medirnos a un dos equipos punteiros da categoría: o Puebla. Podemos colleitar un resultado positivo, que nos consolidaría na zona nobre da táboa clasificatoria. Todos á Poboa, para animar ós chavales.

 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *