Con 27 participantes celebrouse con moito éxito o tradicional campionato no bar “A Casa Vella” sendo a “campiona de honra” a carismática e simpatiquísima Tania Mata de Carcacía,a cal foi convidada pola organización a un estupendo refrixerio.
A final foi disputada por Roxelio Losas “Asturiano” (Campaña), Anxo Cotón “Cacharrito” (Xanza), Alberto Busto “Patxi Salinas” (Campaña) e Xoan Manuel Piñeiro “Flores” (Xanza) que acabou sendo o vencedor.
Tania Mata
Anxo Cotón “Cacharrito”
Alberto Busto “Patxi Salinas”
Roxelio Losas “Asturiano”
Xoan Manuel Loureiro”Flores”
Os campións co árbitro, Sir Francis Big.