XORNADAS DO SÁBADO 20 E DO DOMINGO 21 DE FEBREIRO

AFECCIONADOS: FURIA-RARÍS (1-1)

Alineacións:

Furia: Peixe (1), Pincho (3), Patxi (2), Rañó (1), Nevero (2), Xabi (1), Ferro (1), Manolito (2), Tito (0), Perreta (1), Álvaro (1)——Rubén (1), Toñito (2), Flores (1), Paja (1) e Lilu (1)

Rarís: Marcos, Pepe, Óscar, Diego, Toni, Xurxo, Suso, Rarís, Vales, Miguel, Carreira—–Pablo.

Colexiado: Xosé Gude González. Moi boa arbitraxe, demostrando que ten moito futuro neste difícil cometido.

Incidencias: Chuvia e frío, o que fixo que hubese menos de 250 persoas no campo de Campo de Campaña. Mención especial para os recollepelotas que se incharon a traballar, para que non se perdese tempo.

O mesmo de sempre. O Furia adoleceu, adolece e esta temporada adolecerá de gol. Un partido que a pesar de non ser moi bo, o Furia puido gañar comodamente. Pero si se erran nove ocasións clarísimas, é case imposible gañar. Adiantouse o Rarís, e logo xa na segunda metade, Toñito fixo o gol do empate. Mereceu a victoria, pero non puido ser. Están xogando moi ben, pero a sorte non acompaña. O vindeiro domingo, teñen un partido moi bonito contra o Herbón, na terra dos pementos, ás 4 e cuarto da tarde. Facer dende esta páxina, unha mención especial á Moncho “pistolas” para que teña unha pronta recuperación da súa enfermidade.

XUVENÍS: FURIA-SAN MARCOS B (11-0)

Alineacións:

Furia: Carlitos (1), David (2), Pepe (1), Pipe (2), Borja (1), Adriansinho (1), Brais Calvo (1), Pó (2), Brais Kuric (2), Diego Fernando (2), Pascolo (1)——Dani (1), Paco (2), Serxio (1), Potel (1) e Jonnys (1)

San Marcos B: Basilio, Nacho, David, Álvaro, Hernán, Xacobe, Adais e Daniel.

Colexiado: Claudio Castro. Formidable. Un portento físico.

Incidencias: Dezaseis espectadores. Partido disputado en Campaña.

O partido estivo condicionado porque o equipo visitante chegou solamente con oito xogadores. Polo tanto non houbo partido. O Furia, evidentemente, abusou do rival. E xa ó inicio da segunda metade, dous xogadores do equipo rival “lesionáronse” e así o encontro tivo que ser dado por rematado. Os goles do noso equipo foron anotados por Carlitos (que xogou de dianteiro na segunda metade), Pepe, Pipe, Pascolo (que logrou un novo hat-trick -o primeiro esta temporada-, e que parece que volve pola senda do gol. E iso que na segunda metade xogou de porteiro), Brais Calvo, Adriansinho, Brais Kuric e Pó (por partida doble). O vindeiro sábado descansan, xa que o partido que se tiña que disputar contra o Esclavitude, queda aprazado para o 13 de Marzo ás 12 da mañán.

CADETES: Fin de temporada.

Parte do plantel dos cadetes da temporada 2009-2010

De pé (de esquerda a dereita): Antón, Miguel, Lucas (Superpichichi), Jonnys, Álex Barreiro, Dani Castro, Xosé, Adrián Casal, Adrián Santos, Cristian, Brais.

Aniñados (de esquerda a dereita): Anxo, Suso Bousón-adestrador-, Peke-adestrador-, Manu, Fran, Luis David, Melanie e Álex Rial.

Faltan: Xosé Manuel, Danieliño, Samuel, Kevin, Víctor e Álvarito.

ALEVÍNS: FURIA-CACHEIRAS (10-6)

Alineacións:

Furia: Borja (1), Salvador (2), Xoan (2), Brais (1), Álex (1), Serxio (3), Samuel (3) e Manu Meniño (3)

Cacheiras: Eloi, Andrés, Gonzalo, Paco, Adrián, Pablo, Navila e Edu.

Colexiado: Ricardo Silva. Bo chaval, pero un pouco despistado.

Incidencias: Pouco público, nunha mañán encantadora en Campaña.

Que gran partido. Dezaseis goles din moito do fútbol de ataque practicado polos dous equipos. Pero os nosos chavales parece que lle están collendo a onda e barreron ó sempre correoso Cacheiras. Con goles de Serxio (4, e realizando un espléndido encontro), Samuel (3, e tamén destacando), Manu Meniño (2, e que gran encontro o seu) e Álex (1). O próximo encontro serán un novo derbi, que se antoxa apasionante. Será o sábado, ás 11 da mañá, evidentemente en Campaña; aínda que xogan de visitantes. Ésperase un gran ambiente.

BENXAMÍNS: CORDEIRO-FURIA (5-3)

Alineacións:

Cordeiro: Alejandro, Del Río, Iván Fuentes, Ismael, Iván, Xoan, Brian, Raúl, Lois, Hugo e Kevin.

Furia: Jonathan (1), Xabi (1), Nerea (1), Anxo (3), Leandro (1), Xabi Domínguez (1), Toni (1), Xosé (1), Brais (1) e Franco (1).

Colexiado: Xosé Luis Rives Pena. Arbitraxe nefasto e moi casero, que perxudicou constantemente ó Furia e favoreu ó equipo do tándem Niki-Marselo.

Incidencias: Bastante xente e animando constantemente ós seus respectivos equipos.

Encontro moi igualado e disputado, e que foi definido- ademáis dos numerosos erros arbitrais- polo gran partido do padronés Brian que marcou os 5 goles do Cordeiro, e que contrarrestou os tres goles e o gran encontro feito por Anxo, que marcou os tres goles do Furia. O vindeiro xoves xogan en Campaña contra o Pontecesures, si a climatoloxía o permite.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *