DOMINGO 9, HORA 17.00, CAMPO EMILIO GARCÍA DE PORTO DO SON.
No concello de Porto do Son nin todo é marisco ou peixe, nin todo é costa arriba ou costa abaixo, nin todo é fermosas praias ou monte abrupto. En Porto do Son está unha obra exemplar da cultura castrexa: o Castro de Baroña.
O castro de Baroña é un castro situado na parroquia de San Pedro de Baroña, no concello de Porto do Son, provincia da Coruña. O asentamento está construído nunha península, situándose a súa ocupación nos séculos I a.C. e I d.C.
Posuía dúas murallas ao seu redor e consérvanse 20 vivendas circulares ou alongadas. Merece a pena.
Tamén é berce de gaiteiros e músicos. Aquí vos deixamos cos Mordecáns, Peret e Gayoso e a súa rumba “SON DE PORTO DO SON”: