DOMINGO 23, HORA 16.30, CAMPO DA CHARCA (ABANQUEIRO)
San Cristovo de Abanqueiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Boiro na comarca do Barbanza, cuia festividade celebrase o 10 de xullo.
Igrexa románica de San Cristovo de Abanqueiro construída entre os séculos XII e XIII, e reformada e ampliada no ano 1708 segundo consta no van das arquivoltas do pórtico.
Praias de Abanqueiro: Quintáns, Portomouro, A Fontenla e Mañóns, esta última recoñecida coa Bandeira Azul.
O Abanqueiro Sociedade Deportiva é un equipo galego de fútbol fundado en 1985 na parroquia de Abanqueiro (Boiro). Xoga como local no campo da Charca, propiedade da igrexa. Estivo a piques de desaparecer no ano 1993 por mor da dimisión do presidente, encargándose algúns socios da xunta directiva.
Domingo iremos a polos tres puntos …. HALA FURIA !!!!