SEGUNDA AUTONÓMICA 8 DE XANEIRO “DÍA DA INDEPENDENCIA DE MÓNACO (1297)”

Imaxe relacionada                           Resultado de imaxes para furia ac

DOMINGO 8 DE XANEIRO DE 2017 – 16.00 H.

CAMPO DA LOMBA – TARAGOÑA (RIANXO)

http://static.panoramio.com/photos/original/2663025.jpg     A parroquia do Divino Salvador de Taragoña está situada ao norte do concello de Rianxo, na comarca da Barbanza. Linda ó norte co concello de Boiro e a parroquia de Araño, ó oeste co concello de Boiro, ó leste coas parroquias de Asados e Rianxo e ó sur coa ría de Arousa.

Taragoña protestante?

Polo ano 1968, chegara a Taragoña un cura que se gañou a todos os veciños e a toda a parroquia: Vicente Sampedro. Só botou alí dous anos, porque a Igrexa o mandou para Sobrado dos Monxes. E iso foi tomado coma unha afrenta, como unha mensaxe de que a xerarquía eclesiástica non aceptaba ese tipo de curas, de que non se querían clérigos que non cobrasen, que mirasen pola xente, que botasen unha man aos máis necesitados. E Taragoña reaccionou, como era lóxico, dando as costas á Igrexa.

http://media.lavozdegalicia.es/default/2008/11/02/0012_2451432/Foto/b2c6f1.jpg    Era un cura xove e con unha “metodoloxía” ben diferente á acostumada polos seus “colegas”. Parece ser que non acostumaba a cobrar por enterros, misas, bautizos… Plantaba patacas que logo ofrecía ós pobres. Instalou unha televisión para os seus parroquianos. Se o enterro era de alguén con escasos medios, non chamaba ós outros curas para oficiar. Toda esta maneira de facer creou un profundo malestar no resto de curas da redonda. Estes protestaron e presionaron ó Bispado para que expulsara a este sacerdote. Como non, o Bispado atendeu a estas piadosas protestas, enviando ó novo cura a Sobrado dos Monxes.

Igrexa Evanxélica

Como medida de presión, iniciáronse contactos coa Igrexa Evanxélica para construír unha capela protestante, e ata se fixo unha colecta popular a tal fin. Foi unha medida moi intelixente, buscando a competencia directa: se ti non me fas caso, non te preocupes que chamamos a outro que me queira.

Taragoña era unha especie de Fuenteovejuna. E así, cando a Igrexa mandaba xente investigar para saber quen era o “armadanzas”, quen instigara aquilo, a xente da parroquia dicía que foran “todos”.

Continuará ……

a polos tres puntos e HALA FURIA !!!!!

BENVIDO 2017 GREGORIANO !!!!! 4714 ANO DO “GALO BERMELLO” CHINO     Imaxe relacionada

Ata sempre  Georgios Kyriacos Panayiotou (25-VI-63 / 25-XII-16)

     😎 

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *