O pasado venres 18 de Xuño tivo lugar a Asemblea Anual de Soci@s do Furia. Na primeira convocatoria que foi ás 21:30 na Casa de Cultura de Campaña, non houbo “quorum”, pero en segunda convocatoria ás 10:00 da noite xa o había.
Foi unha asemblea típica, sen sobresaltos, en que a orde do día foi o seguinte:
1º.- Aprobación da acta da asemblea anterior.
. Aprobada por unanimidade.
2º.- Aprobación das contas do clube.
. Aprobouse por unanimidade, vendo ademais os socios que a xestión económica foi ben esta temporada.
3º.- Informe dos resultados deportivos da temporada.
4º.- Demisión da actual directiva.
5º.- Eleición da nova directiva.
. Non se presentou ningunha candidatura, polo que a asemblea decidiu por maioría que continuase a directiva saínte, con algún cambio; como foi a renuncia do anterior vogal, Martín Busto, (que deixa as súas funcións directivas), e coa incorporación de dous novos membros, como son Xerardo Piñeiro e Serxio Campaña como novos vogais. Así a composición da nova directiva quedou da seguinte maneira:
Presidente: Antonio Martínez Vázquez.
Vicepresidente 1º: Francisco Cancela.
Vicepresidente 2º e Responsable de Relacións Institucíonais: Xenaro Barreiro Ferro.
Tesoureiro: Óscar Cotón González.
Secretario: Xosé Manuel Martínez López.
Vogales:
Xesús Bouzón Castroagudín.
Anxo Cotón González.
Marcos Jamardo Pérez.
Manuel Castroagudín.
Xerardo Piñeiro.
Serxio Campaña.
6º.- Rogos, Preguntas e proxectos para a nova temporada.
. Logo de falar de varios asuntos importantes, o máis relevante foi que foi nombrado novo Responsable Xeral Deportivo a Martín Busto Santalla, que será o coordinador deportivo de tódalas categorías do clube.
E sen ningunha cousa máis, douse por rematada a asemblea, acabando a noite tódolos soci@s asistentes, tomando unha caña nun coñecido local da zona.