DOMINGO 5 DE NOVEMBRO, HORA 17:00, CAMPO MUNICIPAL R. D. DE PORTO (PONTE CESURES).
ENTRADA ÚNICA: TRES (3) EUROS.
FURIA – X. AGUIÑO
Aguiño e Sálvora
AGUIÑO (RIVEIRA)
Nosa Señora do Carme de Aguiño é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Riveira. No ano 2013 tiña 2.934 habitantes (1.472 mulleres e 1.462 homes) distribuídos en varias aldeas. A esta parroquia pertence a illa de Sálvora.
Igrexa parroquial da Nosa Señora do Carme de Aguiño.
Ata 1959 pertencía a parroquia de Carreira. Nese mesmo ano comezou a construírse a igrexa parroquial, deseñada por Antonio Tenreiro Bonachón e sendo o primeiro templo da era moderna con inscricións en galego. Foi consagrada o 14 de xullo de 1967 polo cardeal Quiroga Palacios, dando ese día a súa primeira misa en galego. O templo presenta unha disposición moi funcional, sendo máis larga que longa. Nel caben 500 persoas.
Imos pechar esta publicación cun tema tradicional da música galega: Sálvora, interpretado pola Coral Souto do Reiseñor da Fonsagrada (Lugo).
A polos tres puntos e HALA FURIA!!