G. BEALO – FURIA
DOMINGO 18 / HORA: 16.00
CAMPO DE FÚTBOL DA LOMBA (SAN PEDRO DE BEALO – BOIRO)
O domingo 18 cadra ca “Feira do Monte” en Cospeito – Lugo, un lugar que ben merece unha visita. Dáse a casualidade que a Aldea do Monte onde se celebra a feira pertence á parroquia de San Pedro de Xeisas, tocaio do San Pedro de Bealo.
Deixámosvos este vídeo-recordo dos anos 88/90 do programa da Tvg Arestora, para que vexades como cambian os tempos.
Cospeito está situado na comarca da Terra Chá. Destaca a lagoa, con presenza de patos, garzas e outras especies, de interese para os afeccionados á ornitoloxía e amantes da natureza.
Lagos de Cospeito.
Igrexa de San Pedro de Seixas.
Igrexa de San Pedro de Bealo
Viva San Pedro de Xeisas!! Viva San Pedro de Bealo!!
a polos tres puntos….ALA FURIA!!