ESTUDIANTIL (Pref. Galicia Gru. Norte / 20º clas. 4 ptos.)
MARTES 12 DE MARZO, ÁS NOVE E MEDIA DA NOITE, NO CAMPO DE CAMPAÑA.
A Agrupación Estudiantil é un equipo de fútbol fundado e con sede na parroquia estradense de Santa María de Loimil (+/- 218 habitantes), partido xudicial da Estrada e arciprestado de Santiago de Compostela.
Actualmente xoga os seus encontros como local no campo municipal de San Martiño de Berres (A Estrada).
Igrexa románica de Santa María de Loimil.
A eliminatoria Furia – Estudiantil é todo un clásico na Copa Deputación: esta é a cuarta.
A primeira vez que se enfrontaron foi o venres 6 de abril de 2012 no campo de Figueroa da Estrada, co resultado final de Estudiantil – 4 / Furia – 1.
A segunda vez xogouse o venres 15 de marzo de 2013 no campo de Campaña, rematando o encontro con empate a ceros no electrónico. Pasou o Furia a penaltis por 4 tantos a 2.
O derradeiro enfrontamento entre estes emblemáticos clubs foi o mércores 1 de marzo de 2017. Gañou con comodidade o Estudiantil por 0 a 5 no campo de Campaña.
A Agrupación Estudiantil aínda está pendente da resolución dun recurso federativo por aliñación indebida do Arzúa nun partido da liga de Preferente da temporada 16/17 que, de gañalo, acabaría por darlle dereito a xogar no grupo 1 da Terceira División.
Por certo, este fin de semana celebrase na Arzúa a XLIVº edición da Festa do Queixo, unha festa que ben o merece.
O partido xogarase cas “portas abertas”, para que os gorróns poidan velo “in situ” sen ter que mirar por fora da rede.