XORNADAS DO 14 E 15 DE FEBREIRO

AFECCIONADOS: FURIA-CARCACÍA (3-3)

Impresionante encontro o celebrado o domingo en Campaña. Un gran día, un gran ambiente, moito público nas gradas e dous equipos que se deixaron todo no campo e deleitaron a afección cun magnífico partido de fútbol. Alternativas no marcador, 6 goles e un sinfín de oportunidades que puideron rematar cun resultado grandioso. O Furia marchou ó descanso cun 2 a 0 (goles de Perreta e Álvaro), que facía presaxiar un partido plácido; pero incomprensiblemente, nos nove minutos da reanudación o equipo visitante doulle a volta ó marcador. Pero en lugar de virse abaixo, os homes de Mac; sacaron a casta e dominaron o resto do encontro, empatando por medio de Rubén; e despois o propio Rubén (cun balón o pau), Paja, e Flores dispuxeron de clarísimas oportunidades que a deusa Fortuna non quixo que entrasen. Podemos destacar a actuación de tódolos xogadores pero en especial de Flores que tivo unha tarde moi afortunada recordando vellos tempos, e que parece que volve a estar de dulce. O próximo domingo viaxamos a Rois.

FÚTBOL SALA FEMININO: DESCANSARON

A próxima xornada viaxan a Boqueixón para enfrontarse ó equipo desa localidade.

XUVENÍS: ESCLAVITUDE-FURIA (0-4)

Enorme o encontro dos mozos na Esclavitude. Foron netamente superiores e con goles de Adrián Ferro, Pó, e dous de Brais; conseguiron a victoria; co que enlazan a segunda consecutiva. Como di o refrán, “non hai dous sen tres” e a ver si o próximo sábado en Campaña fronte ó Ames enlazan outra victoria.

CADETES: FURIA-CACHEIRAS (0-9)

Non houbo nada que facer. Infinitamente superiores os rapaces de Cacheiras que arrollaron ó equipo dos cadetes. Cabe destacar unha gran oportunidade do Furia para marcar o gol do honor cun gran remate de testa de Titovichenko.  O próximo día descansarán.

INFANTÍS: DUBRA-FURIA (4-2)

Unha mágoa. Partido disputadísimo que puido caer do lado de calquera; e que ó final decantouse do lado do equipo local. Os goles de Alex Barreiro e unha vez máis do goleador Yupi, déronlle chance ós chavales, pero ó final non puido ser. O sábado teñen un rival duro enfronte: o Sporting Estrada. Será ás 11 e media da mañá.

ALEVÍNS:ESCLAVITUDE-FURIA (3-2)

A sorte non está de cara. Logo de ir gañando 2 a cero (con goles de Samuel Castiñeiras), os rapaces e rapazas do Furia deixáronse remontar un encontro que tiñan controlado e gañado. A mala sorte decideu o resultado. Outro día será. O próximo sábado enfróntanse ó líder, o Val do Ulla, que ven a Campaña ás 10 e media da mañá.

BENXAMÍNS:DESCANSARON

O próximo xoves xogan en Pazos, contra o Flavia, sobre as 6 da tarde. Moita sorte.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *