XORNADAS DO 21 E 22 DE FEBREIRO

GRAN FESTA DE ANTROIDO ORGANIZADA POLO FURIA NA CASA DE CULTURA DE CAMPAÑA O SÁBADO 21.

¡Como nos gusta a troula! Pero hai que dicir que somos moi bos. Pasámolo todos e todas moi ben, e todos os que pertencemos ó clube dunha maneira ou outra disfrutamos “de carallo” dunha das festas máis bonitas que hai na nosa terra e no mundo enteiro. Gracias a tod@s e o ano que ven tentaremos sorprendervos con algo especial. Xa veremos. Podedes ver tódalas fotos na páxina (entrade na sección de fotos, na subsección do antroido 2009).

Aquí vemos ós famosos “capullos” no tradicional entroido do Furia, que nunca faltan.

AFECCIONADOS: ROIS-FURIA (3-5)

Gran partido dos nosos maiores. Foron netamente superiores a un Rois en horas baixas. Dous goles de Flores, outros dous de Rañosinho e un máis Alvarito puxeron tres puntos máis no casilleiro do noso equipo, que aínda así o ten moi difícil para ascender. Pero mentres hai vida hai esperanza, e como se di vulgarmente “hai que seguir remando”. Destacar por segundo domingo consecutivo o gran partido de Flores, que parece que se está encontrando en plena forma nas últimas xornadas; e tamén a gran actuación de Rañosinho, que fixo o seu mellor encontro dende que se atopa nas filas do Furia. O domingo hai un gran encontro en Campaña, xa que nos visita outro recén descendido de 2ª: O Praíña; que como o Furia, parece que o vai ter difícil para retornar á categoría superior. A hora do encontro serán as 4 e media da tarde.

FÚTBOL SALA FEMININO: BOQUEIXÓN-FURIA (6-1)

Inxusto o resultado acadado polas nosas mozas no feudo do segundo clasificado. A pesar de adiantarse no marcador cun gol de Vanesa, as locais empataron ó borde do tempo de lecer; e xa na segunda metade déronlle a volta ó marcador; aínda que os segundos vintecinco minutos, tamén estiveron moi igualados. Hai que salientar a mala educación dalgunhas xogadoras e dos afeccionados do Boqueixón, que non estiveron a altura do encontro; e solamente unha perfecta labor da parella arbitral, evitou que o encontro acabase nunha tangana. O próximo domingo, ás 12 e media da mañán, desprázanse á Coruña para celebrar o partido atrasado contra o líder da categoría: o “simpático” Drako. Moita sorte.

XUVENÍS: FURIA-AMES (2-0)

Partido moi traballado e victoria xusta dos chavales. Con goles de Adriansinho e novamente de Pascolo (que xa levaba tempo sen marcar- xa se pensaba si lle poidera afectar o virus Fifa-), acabaron coa resistencia dos chavales das terras santiaguesas. O sábado ás 5 da tarde, terán un nova reválida, nun derbi que se espera apaixoante; e onde unha vez máis poderemos asistir a un duelo táctico entre a parella Polo-Scotter e Oscar-Manolo do Xastre. Interesantísimo.

CADETES:Descansaron:

O próximo domingo pola mañán disputan o seu último encontro de liga en Dubra. Moita sorte chavales.

INFANTÍS: FURIA-SPORTING ESTRADA (4-4)

A sorpresa da xornada. Impresionante o encontro realizado polos rapaces. Foron capaces de empatar ante un dos galiños da categoría, e  poden dar as gracias. Dous novos goles de Yupi (que este ano está que se sale- de feito hai xente que xa lle chama o “novo Raúl” do fútbol patrio-), un de Adrián Casal e un auténtico golazo de Lucas “Brasi” (que si o marca alguén de primeira, inchámonos de velo pola “tele”), déronlle outro punto para o seu casilleiro. A pena foi a nefasta actuación (e xa non é a primeira) do colexiado Vicente Fiel, que deixou ó noso equipo con dous homes menos; ó expulsar de maneira inxustísima a Xose e a Alex Barreiro. Si o colexiado fose xusto, seguramente outro resultado sería o máis normal. O próximo sábado desprázanse a Cesures para medirse ós nosos veciños, ás 10 e media da mañá.

ALEVÍNS: FURIA-VAL DO ULLA (1-11)

Non puido ser. O resultado reflexa o acontecido no encontro. O único destacable nesta xornada do equipo do Furia foi o bonito gol anotado por Samuel Castiñeiras. O Venres ás 6 da tarde teñen tamén un bonito derbi contra o Cordeiro. Forza chaval@s e a por eles.

BENXAMÍNS: FLAVIA-FURIA (11-1)

Nada que facer. Os de Padrón foron netamente superiores. Parece que os rapaces e rapazas de Diego Fernandez están atravesando un profundo bache. O gol, novamente do goleador Serxio Rico. Sairán adiante. O próximo rival será o Tordoia, en Campaña o sábado, ás 3 da tarde.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *