HOMENAXE Ó SR. CURA PÁRROCO DE CAMPAÑA

Os veciños e veciñas de Campaña organizaron para este sábado unha homenaxe ó noso ben querido” socio número un” D. Manuel Miguez Lodeiros ( O Pino, 28 de abril de 1936 ) cura-párroco da parroquia de Santa Cristina de Campaña,Arciprestado de Iria-Flavia, Partido Xudicial de Caldas de Reis, Provincia de Pontevedra ( Reino de Galicia ), bañada polos rios Valga e Ulla, e habitada, aproximadamente, por 998 persoas de todo tipo. O Furia, dende esta humilde páxina, quere unirse a mesma e desexarlle o mellor para D. Manuel e que siga disfrutando moito tempo da vida. ¡¡¡ Longa vida a D. Manuel !!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *