XORNADA DO 16 E 17 DE OUTUBRO (VÍSPERA DE AS SAN LUCAS EN MONDOÑEDO)

AFECCIONADOS: FURIA-RARÍS (1-0)

Alineacións:

Furia: Peixe (2), Rubén (3), Patxi (2), Juanjo (2), Manolito (2), Nevero (2), Ferro (2), Lilu (3), Marcos (2), Melenas (2), Tito (3)—–Xabi (2), Álvaro (2) e Parru (2).

Rarís: Marcos, Martín, Óscar, Diego, Antonio, Pepe, Suso, Manolo, David, Rubén, Carreira—–Toni, Óscar, Carlos, Xurxo e Alejandro.

Colexiado:

Antonio Vázquez Dieste. Regular arbitraxe. Todo o encontro bastante ben, pero complicouse as cousas nos dez últimos minutos con varias cartulinas e non pitando un penalti como unha casa a favor do Furia, que veu todo o campo menos el.

Incidencias:

Bastante xente nun día primaveral. Moi animosos, aínda que non houbo lanzamentos de pétalos de flor.

A crónica:

Bo partido de fútbol por parte de ámbolos equipos. Demostraron o porqué se atopan nos primeiros postos da clasificación a estas alturas da temporada. Así e todo o noso equipo foi bastante superior en todo momento. Buscou sempre a victoria, aínda despois de adiantarse cun gol de Tito, logo dunha marabillosa xogada de Diego; resultado co que se chegou ó descanso. Na segunda metade, sigueu o equipo ó ataque, e só nos últimos minutos as gañas do Rarís e que tiñan o aire a favor, crearon algunha incertidume no marcador, que puidera terse disipado se os nosos dianteiros non fallaran algunhas das claras ocasións de que dispuxeron, ou si o árbitro pitara un penalti clarísimo na área do Rarís. Enorme encontro de Rubén de Cuntis, de Tito e de todo o equipo en xeral que se mereceron ampliamente a victoria. O vindeiro domingo, posiblemente ás 5 da tarde en Extramundi, o equipo ten que lidiar con outro “oso duro de roer”, como é o Rois, que este ano parece máis forte que nunca. Partido sempre difícil e complicado.

O PARTIDO VISTO POR….

MANTECA MARTÍNES

Para min un gran partido do noso equipo. Incluso con momentos de gran fútbol, ben trenzado, con toque e con moi boas combinacións. Vese que o equipo empeza a estar conxuntado, aínda que falta un pouco de definición arriba. Chegamos moi ben, pero para marcar necesitamos oito ocasións. Si eso mellora, creo que se pode aspirar a facer unha gran campaña.

XUVENÍS: FURIA-CRUCES (4-5)

Alineacións:

Furia: David (0), Kike (2), David López (2), Brais Kuric (2), Álex (2), Brais (2), Pepe (3), Pascolo (3), Jonni (1), Pipe (3), Adriansinho (3)——Adrián (2) e Miguel (1).

Cruces: Lourenzo, David, Pepe, Xabier, Paulo, Damián, Álex, Manolo, Xoan, Berto, Eloi—-Diego, Fidel e César.

Colexiado:

Anxo Antón Domínguez Vidal. Boa arbitraxe, aínda que deixou de pitar un clarísimo penalti na área do Cruces, co catro a catro no marcador e faltando 7 minutos, para o remate.

Incidencias:

Pouca xente no debut dos xuvenís, pero moi animosa.

A Crónica:

Tolería total no debut. O noso equipo fixo un auténtico partidazo. Puxéronse 3 a 1 por diante, pero logo o Cruces veu a debilidade que tiña o Furia na portería e en 5 disparos marcou 5 goles. O Furia pelexou ata o último instante pero non puido ser. O noso equipo ten que arreglar o problema da portería e xa están o staff técnico buscando no mercado guatemalteco. Os goles foron anotados por Adriansinho, Brais e Pascolo (2) que fixo un auténtico partidazo. Do mellorciño que se lle recorda. Parece que volve polos seus fueros. O próximo sábado desprázanse ó campo de San Mamede, para enfrontarse ó equipo local, as 10 da mañá. Esperemos que haxa máis sorte.

Recreación en 3D do gol olímpico de Brais (requírense gafas especiais para velo en Full-Definition)

Equipo xuvenil que debutou fronte ó Cruces.

De pé (de esquerda a dereita): Danieliño, David, Pablo, Álex, Pepe, Pipe, Pascolo, Brais, Adrián e Suso-adestrador-.

Aniñados (de esquerda a dereita): Peke (adestrador), Miguel, David López, Brais Kuric, Adriansinho, Jonni, Kike e Paco.

INFANTÍS: FURIA-DUBRA (0-13)

Campo de Campaña. Nin moita nin pouca xente. Mañá fría e soleada.

Colexiado : Daniel Salgueiro Rei. Parece bo chaval. É da Serra de Outes.

Alineacións :

Furia : Dani (3), Joni C. (1), Xoán Pi. (1), Manu Busto (1), Salvador (1), Paja (1), Franco (1), Brais (1), Lucho (1), Manu Meniño (1) e Samuel (1)………Toni (1), Joni B. (1) e Xabi (1).

O que parecía que ía a ser un dia de alegría futboleira acabou sendo como o “rosario da aurora”. Moita ilusión por parte dos adestradores do Furia, Adrián Ferro e Tito Magariños, para o comezo da temporada e moito traballo por diante cunha plantilla plagada de xogadores alevíns. Intentaremos mellorar este sábado as 11.00 en Sigüeiro diante do Oroso “B”. Moita sorte e a disfrutar.

Equipo infantil que debutou fronte ó Dubra.

De pé (de esquerda a dereita): Tito-adestrador-, Danieliño, Pi, Salva, Manu Meniño, Álex, Toni, Jonni B., Manu Busto e Ferro -adestrador-.

Aniñados (de esquerda a dereita): Jonni C., Samuel, Lucho, Franco, Xabi e Brais.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *