XORNADAS DO 13 E 14 DE NOVEMBRO (DIA MUNDIAL DA DIABETES)

AFECCIONADOS: FURIA-LESTEDO (3-1)

Alineacións:

Furia: Peixe (1), Rubén Ferro (2), Malekinho (1), Juanjo (3), Manolito (2), Nevero (1), Ferro (1), Xabi (1), Tito (2), Diego (2), Álvarito (3)—-Lilu (2), Martín Varela (2), Marcos (1), Patxi (2) e Parru (1)

Lestedo: Óscar, Álvaro, César, Marcos, Sebastián, David, Silva, Alberto, Fernando, Dimas, Manolo—-Bargo, Xosé, Rubén e Rosende.

Colexiado:

Segundo Piñeiro Tubío. Demostrou unha vez a súa calidade. Un partido sen problemas e que supo levar moi ben. Sen complicacións.

Incidencias:

Tarde desagradable, o que restou público nas bancadas. Aínda así houbo unha entrada aceptable e cun público que animou moito ós dous equipos. O noso público aplaudiu moito ó equipo polo seu esforzo.

O adestrador e o seu axudante en perfecta sintonía durante varias fases do encontro

A crónica:

Primeiro susto da temporada. Posiblemente a relaxación influiu no devir do encontro, para os nosos. Comezaron maravillosamente, xogando moi ben e fallando clarísimas ocasións de gol. Todo parecía presaxiar un partido cómodo e con vitoria segura, pero no único disparo a porta do equipo visitante marcaron un gol inmerecido. Certo é que Peixe puido facer algo máis, pero o fútbol é así. A partir de entón o Furia, sen poñerse nervioso seguiu atacando, pero os minutos pasaban, o gol non chegaba, e o rival comezaba a crecerse e a estar cada vez mellor colocado defensivamente. Na reanudación, os cambios realizados polo corpo técnico deron o seu resultado e o equipo reactivouse. O agobio era cada vez maior, e así pouco a pouco foron chegando os goles: O primeiro de Álvaro que non tivo máis que empurrar un magnífico centro de Tito; logo un gran remate de cabeza nun córner de Juanjo poñía por diante ó Furia; e por último unha obra mestra de Álvaro que marcou un gol espléndido de vaselina, digno dun gran xogador. Fin do encontro, pero como manifestaron os propios xogadores, destes partidos vai haber moitos e hai que saber ter a cabeza fría e sufrir durante toda a temporada. Tres puntos máis e un novo partido invictos. O vindeiro domingo, visitan ó Terras do Ulla. Teoricamente e segundo a clasificación partido bastante asequible (primeiro contra último), pero o de onte debería servirlle ós xogadores para non relaxarse e saír moi concentrados para poder conseguir tres puntos máis. Pero como xa queda demostrado, non hai ningún partido fácil. Outra noticia e que perdemos a Rubén Ferro polos vindeiros catro meses, xa que se vai traballar para Italia. Unha mágoa, agora que estaba poñéndose en forma. Moita sorte Rubén e coidado cos espaghettis. Esperámoste cando voltes.

O PARTIDO VISTO POR…

MANOLO DO XASTRE

Hoxe o equipo xogou bastante atascado, sobre todo no medio do campo, onde houbo cachos que os outros dominaron esa parcela do terreo. Pero os cambios que fixo o meu amigo Martin foron moi bos. Este ano tedes un equipiño moi apañado que pode ascender, incluso eu diría que ten mellor equipo que o Cordeiro. Bueno a ver si hai sorte.

XUVENÍS: FURIA-CALLOBRE (0-2)

Alineacións:

Furia: Temperán (0), Kike (2), David (2), Kuric (2), Pablo (2), Álex (1), Pepe (2), Pascolo (1), Adriansinho (1), Pipe (1), Jonni (1)—Santos (1), e Miguel (1).

Callobre: Marcos, Carlos, Miguel, Esteban, Andrés, Iván, Alejandro, Adrián, De Tena, Diego, Jacobo—-Iago, Rafa, Ero e Xurxo.

Colexiado:

Óscar Mancebo Veleiro. Boa arbitraxe. Sen problemas.

Incidencias:

Día infernal e con pouco público. O normal nun día onde caeron chuzos de punta.

A crónica:

Máis do mesmo. O equipo realizou un encontro aceptable. Dominando durante moito tempo o encontro e incluso fallando claras ocasións de adiantarse no marcador; pero no minuto 75, un fallo garrafal do noso porteiro, permitiu ó Callobre adiantarse cun gol inverosímil. O Furia lanzouse á desesperada para poder lograr polo menos a igualada que fixera xustiza. Pero nun contragolpe o Callobre sentenciou o choque. Mala sorte, unha vez máis. Teñen que seguir traballando e aprendendo, e xa chegarán os resultados. O vindeiro sábado pola tarde chega o primeiro derbi da temporada, xa que se enfrontan como visitantes ó Cordeiro en Campaña. Teoricamente é un dos derbis máis desiguais xa que se enfrontan o primeiro da tabla, o Cordeiro; contra o último, o Furia; pero xa se sabe que nos derbis todo é posible. Esperemos ver un bo e deportivo encontro.

INFANTÍS: FURIA-AMES (1-3)

Alineacións:

Furia: Dani (2), Nico (1), Xabi (1), Manu Busto (1), Salvador (2), Álex (1), Xoan Manuel (1), Manu Meniño (2), Luis David (2), Samuel (2), Xosé Luis (1)——-Tomi (1), Jonathan (1), Rubén (1) e Brais (1).

Ames: Raúl, Martín, Iván, Alejandro, Xabier, Brais, Xoan, Jonathan, Daniel, Iago, Diego, Brañas, Ignacio e Amaro.

Colexiado:

Adrián Fernández Lodeiro. Sen traballo. Ben.

Incidencias:

Chuvia e moito frío en Campaña. Pouco público pero moi ruidoso.

A crónica:

Bo partido dos chavales. Cada vez máis achéganse máis á conseguir o primeiro resultado positivo do ano. Están mellorando pouco a pouco e seguro que van ir cara arriba en poucas xornadas. Unha primeira parte mala, fixo que o equipo tivese que tentar remontar, e case o consegue. O gol do equipo foi marcado por Luis David, que inaugura así o seu casilleiro anotador esta temporada. O vindeiro sábado pola mañán visitan ó Cacheiras B. Boa oportunidade para comezar a remontar o vo.

BENXAMÍNS: FURIA-BERTAMIRÁNS A (1-16)

Alineacións:

Furia: Matías(1), Álex (1), Edgar (1), Laura (1), Álex Rodríguez (1), Leandro (2), Isaac (1), Brais (1), Jessica (1), Gustavo (1), Miguéns (1), Xabier (1)

Bertamiráns A: Xabier, David, Pablo, Mario, Martín, Anxo, Álvarez, Nicolás, Daniel, Iván, Fernando e Felipe.

Colexiado:

Adrián Fernández Lodeiro. Tivo unha mañá apacible.

Incidencias:

Moitos pais  e nais vendo o encontro e que animaron con moitas gañas os seus pequech@s.

A crónica:

O resultado é o suficientemente expresivo para comentar nada. Enorme superioridade do equipo do Bertamiráns. O noso equipo o que si fixeron foi loitar como leóns e leonas. Ánimo chaval@s que todo mellorará. Destacar que no equipo contrario xogou Anxo Muñíz, que este ano deixou o Furia e fichou polo Bertamiráns. Xogou moi ben, como sempre. Moita sorte Anxo. O vindeiro sábado volven a xogar co Bertamiráns, pero esta vez co equipo C, e como visitantes.

Alineación : Álex Vidal,  Brais, Laura, Leandro, Matías, Fabián e Polo (adestrador).

Aniñados : Edgar, Xavi, Isaac, Álex Serramito e Jessica.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

14 thoughts on “XORNADAS DO 13 E 14 DE NOVEMBRO (DIA MUNDIAL DA DIABETES)

  1. Manuel, ay manuelito. Martin ya está así, porque las palabras llanas o graves no llevan tilde si no terminan (o rematan, como decís vosotros)en n,s o vocal. Pues, si no hiciste el comentario, los de la página, te hicieron quedar muy bien.

  2. Mac podía rapar o pelo e sería como Guardiola. Só lle queda ir de traxe ós partidos.
    Polo en cambio cada vez parécese máis a Luis Aragonés

  3. uuummmmmm,invito a todos os do furia a Neverland a celebrar o titulo e a durmir conmigo na miña casa. Que ben o imos pasar!!!!!!Un bikiño a todosssssss

  4. Que pasa agora o FURIA vai de sobrao non cobran entrada nos partidos,ou os da porta tiñan frío nas PELOTAS.(entraron mais de 50 persoas sin pagar…)DIMISION OS DA PORTA FUERA JEJE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Connect with Facebook