CATEGORÍA INFANTIL : P.CESURES (8) – FURIA (0)

Campo de Porto : Presenciaron o encontro os adestradores e pouco mais. Xogouse as 16.30 horas do venres 17.

Colexiado : Vicente Fiel. Xa a el non lle gusta correr, pero se llo poñen fácil pois mellor. Sen problemas.

Alineacións :

Cesures : Xurxo, Dani, Fran, Rubén, loren, Álex, Ricardo, Saborido, Samuel, Manu e Aaron……Marcos, castro, Potel, Dopazo e Iván.

Furia : Dani, Franco, Xabi, Manu Meniño, Salva, Rubén, Xoán, Joni C., Lucho, Samuel E luis…..Brais e Joni B.

Comentario : Un gran marcaxe ó home por parte do Cesures, sobre todo ó noso “abrelatas” Lucho, fixo posible que o Furia non fose quen de rondar a area rival, polo que pasamos a usar unha táctica defensiva que nos valeu de nada. Ata o 8 de xaneiro do  ano que ven non xogamos, así que pasádeo ben e non se esquecer de vender toda a lotería da Nena e do Neno. Moitos bicos desta directiva que vos quere un montón.

CATEGORÍA BENXAMÍN : ROIS B (5) – FURIA (2)

Campo de Pazos : Partido as 10 da mañá, aínda bo que estabamos nos.

Colexiado : Ricardo Silva, un chaval estupendo. Nótase que lle gusta comer ben.

Alineacións :

Rois B : Jeni, Miguel, Ismael, Iván, Ramón, Mateo F., Alberto, Brais, Iker, Isidro, Mateo O. e Raúl.

Furia : Matías, Álex V., Edgar, Laura, Isaac, Álex R., Leandro, Brais, Álex T. e Salva.

Comentario : A pesar das grandes ausencias cas que nos presentamos a esa hora a xogar, fixemos un partido bastante completo que, de estar mais atinados na defensa, outro galo cantaría. Bueno, non hai moita queixa. Os goles do Furia foron materializados por Leandro. Veña, nenas e nenos, nais e pais, avós e avoas, e toda a xente que rodea a estes cativos, que os de marras vos enchan de felicidade. Ata o 8 de xaneiro !!!!

XUVENÍS : ESCRAVITUDE (2) – FURIA (0)

Campo do Doce : A ver se pasa dunha vez o tren.

Colexiado : O noso amigo Rives Pena. Este non ten remedio : É para nos o que Clos Gómez para o “Madri”, segundo a prensa? deportiva madrileña. Outro expulsado e xa van uns cuantos. Mais euros para Julio Meana, que volve a ser presidente da Federación.

Alineacións :

Escravitude : Suso, Martín, Serxio, Alberte, Félix, Carlos, Xosé, Xurxo, Abel, Rubén e Ismael…….Grela, Tarrío e Revillas.

Furia : Tempi, Quique, David, Pablo, Brais A., Álex, Pepe, Santos, Adrián, Pipe e Brais C…….Serxio, Diego e Miguel.

Comentario : O Furia, que se presentou con case toda a súa artillería, non foi quen de sacar nada positivo neste terrible terreo de xogo, a pesares de ir igualados ó descanso. Un par de fallos no marcaxe individual permitiulle o Escravitude marcar os dous goles o cal, ó noso entender, foi excesivo castigo para uns e moito premio para outros. Nótese, na alineación, a falta de Pascolo, o que aproveitou o corpo técnico local para darlle mais alegría ós defensas. Volve axiña Pascolo, necesitámoste. Pois o dito. Ata o oito de xaneiro non xogamos. Boas festas e non se esquecer da lotería. Sorte.

TERCEIRA AUTONÓMICA : DESCANSAMOS.

Volveremos para o nove de xaneiro de 2011, que manda carallo, a xogar en Campaña, as 16.00, contra o Tordoia.

Seguiremos informando; quedan as fotos da cea; queda o partido benéfico; queda o resultado da lotería; queda a cea de noite boa; queda a cea de noite vella; queda saber a quen lle toca a cesta……. Queda toda unha historia por diante. Bicos para todas e para todos. Para os que nos queredes ben, para os que non nos queredes e para os que nos queredes mal. Para vos tamén.