XORNADAS DO 22 E 23 DE XANEIRO (SAN ILDEFONSO – O SANTO DA LOTERÍA)

AFECCIONADOS: PAZOS-FURIA (0-3)

Alineacións:

Pazos: Fran “pistolas”, Serxio, Adrián, Carlos, Rubén, Xaime, Noel, Víctor, David,Héctor, Antonio—–Xoan e Xosé Ramón.

Furia: Peixe (2), Brais Kuric (2), Patxi (2), Manolito (2), Martín(2), Nevero (2), Ferro (2), Malekinho (2), Parru (2), Diego (2), Alvarito (2)—-Marcos (1), Pipe (1) e Pepe (1).

Colexiado:

Árbitro: Marcos Quintela Balota.

Asistente 1: Nicolás Tireus Eleste

Asistente 2: Xoan Sánchez Rodríguez

Ogallá houbera moitos árbitros tan serios e que se tomen o seu cometido tan profesionalmente. Gran labor e sen problemas. Si sigue por ese camiño pode chegar moi lexos no mundo arbitral.

Incidencias:

Campo municipal de Pazos. A pesar do frío intenso, unha gran entrada e con moi bo rollito das afeccións.

A crónica:

Partido sen moita historia. O noso equipo amosouse moi superior en todo momento ó Pazos, que a pesar de que o intentou durante os 90 minutos, non puido co actual líder da categoria. As cousas parecía que se podían complicar cando Manolito errou un penalti, ó pouco de comezar o encontro; pero xa pronto, Parru encauzou o encontro. Despois sería unha vez máis Alvarito o que poría a tranquilidade no partido con dous goles máis. Logo un partido plácido. Destacar o debut de Brais kuriña cos maiores, e tamén que xogaron dous xuvenís máis como Pipe e Pepe. Fixérono os tres con gran acerto. O vindeiro domingo o Furia recibe ó Vea en Campaña, seguramente ás 4 da tarde. Ala afección que xa falta menos.

O PARTIDO VISTO POR….

CACHARRITO

Bueno, o partido foi un pouco soso, porque o Furia foi moi superior. Pero o importante son os tres puntos, e salvar un partido, que parecía complicado. A pesar de que o noso equipo tiña moitas baixas, demostrouse que todos teñen sitio no equipo e que o nivel non baixa, xogue quen xogue. Hai que seguir remando pero xa queda menos para o obxetivo. A ver que pasa.

XUVENÍS: DESCANSARON.

O vindeiro sábado visitan ó Cruces. Sorte na viaxe.

INFANTÍS: FURIA-BASTAVALES (0-16)

Alineacións:

Furia: Dani (1), Franco (1), Xabier (1), Manu Busto (1), Álex (1), Rubén (1), Xoan (1), Manu Meniño (1),Pablo (1), Samuel (1), Xosé Luis (1), Brais (1), Jonathan Baleirón (1) e Jonathan Campos(1).

Bastavales: Sebastián, Miguel, Simón, Xosé, Joel, Iago,Manuel, Antonio, Adrián, Matheus, Garrido, Michael, Roberto, Alejandro, Robert e Carlos.

Árbitro:

Xosé Vicente Fiel Torres. Coma sempre.

Incidencias:

Pouco público, moito debido ó frío que facía. Partido que se disputou en Campaña.

A crónica:

Pouco hai que dicir, si lle votamos un vistazo ó resultado. Non foi o mellor día dos nosos infantís. Teñen que seguir mellorando. O vindeiro sábado viaxan a Dubra. Esperemos que teñan mellor sorte.

BENXAMÍNS: FURIA-BERTAMIRÁNS D (2-8)

Alineacións:

Furia: Matías, Álex, Isaac, Brais, Xabier, Álex Rodríguez, Edgar, Laura, Yessica, Xosé, Álex Tarrío e Salvador.

Bertamiráns D: Diego, Xulio, Xaime, Guillermo, Brais, Valentín, Jan, Ramón, Hugo, Cristián, Pablo e Eva.

Árbitro:

Xosé Vicente Fiel Torres. Votou a mañá en Campaña.

Incidencias:

Partido disputado en Campaña, contando coma sempre co apoio incondicional de todos os familiares dos máis pequechos.

A crónica:

A pesar do que pareza polo marcador final, o encontro foi moi disputado e o noso equipo puido conseguir un mellor resultado, pero os astros non se alinearon esta vez co Furia. Siguen mellorando cada día e estamos convencidos que pronto chegarán os bos resultados. Ánimo.  A vindeira xornada teñen un viaxe largo a Tordoia, con día e horario sen confirmar.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *