XORNADA DO 23 DE OUTUBRO (O LEVANTE É LIDER, QUE SE AMOLEN OS DO “MADRÍ”)

SEGUNDA AUTONÓMICA :

Furia -2 / Cacheiras – 2

Campo de Campaña; tarde infernal. Día de portas abertas.Non sacamos nin para pipas. Tivemos que poñer cartos do bolsillo para pagarlle ós árbitros. Case perdemos un balón, era o que faltaba.

Árbitro : Vicente Fiel, auxiliado por Xulián Buxán e Miguel Ferrol. Ben, sen complicacións. Moi boa a actitude dos xogadores. Amoestou a Peixe, Santi e Álvaro e expulsou a Manolito no minuto 3 da segunda metade. Polo Cacheiras amosoulle amarela a David García. Fixo constar na acta que non había agua quente nin banderíns de esquina; non é culpa nosa e xa estamos cansados de explicalo. O campo é municipal.

Alineacións :

FURIA : Peixe, Salva, Patxi, Juanjo, Manolito, Santi, de Nai, Moncho, Álvaro (Ferro, 78′), Manolo (Lilu, 82′) e Xavi (Tito, 63′).

DELEGADO :  Xoán Manuel Loureiro”Flores”.

ADESTRADOR : Martín Busto “Mac”.

CACHEIRAS : Adrián, Iván, Hugo (Iago, 69′), Manolo, David (Blanco, 56′), Pepe, Óscar, Álvaro (Mella, 46′), Xoán (Álex, 58′), Diego (Pedro, 46′) e Moncho.

DELEGADO : Manolo Rodríguez.

ADESTRADOR : César Pedreira.

A CRÓNICA :

Moi bo partido o disputado en Campaña este domingo. O Furia saíu dende o primeiro momento moi motivado e enseguida encarrilaba o marcador ó marcar Manolito de penalti cometido sobre Álvaro no minuto 6. Pero, se isto era pouco, no minuto 18, Roberto “de Nai” marcou un gol antolóxico dende 45,40 metros  ó meter pola escuadra a pelota dun perfecto canonazo. Unha tremenda alegría nas gradas e o partido controlado. O Cacheiras intentouno cunha algunha contra pero tanto a defensa como Peixe estaban moi concentrados. Seguía chovendo e así fomos para o descanso.

Comenza a segunda parte e sigue chovendo. Primeira xogada de ataque e Álvaro, nun man a man contra o porteiro, falla estrepitosamente o que podía ser o 3 a 0. Saca o Cacheiras de meta, colle á defensa do Furia descolocada e Manolito, que xogaba de central, comete un claro penalti polo que é expulsado. Lanza o penalti David Mella e pon o marcador 2 a 1 no minuto 3.

As cousas parecían que se ían a complicar pero o Furia tíñalle gañas ó partido e seguiu pelexando con dez, ata que noutro contraataque Santi “Nevero” cometeu penalti ó agarrar a un dianteiro rival dentro da area. Cartón amarelo. Executa o lanzamento outra vez David Mella poñendo o resultado en tablas no minuto 20. A partir deste momento o adestrador introduce no terreo de xogo a Tito que revolucionou o encontro dándolle mais alas ós seus compañeiros. Non estaba o partido para xente nerviosa e entre os ataques do Furia e os ataques do Cacheiras podía pasar calquera cousa. Tívoa Manolo nunha falta ó borde da area que parou Adrián e tívoa David Mella noutra falta ó borde da area que rozou o longueiro da meta defendida por Peixe. Xa, no tempo de desconto, Lilu puido sentenciar o encontro pero atrancouse el solo. Agora ben, a de Adrián Ferro é para escarallalo. Minuto 49, fai unha xogada perfecta, encara, supera, encara, supera …. a tres metros o porteiro e a portería en vez de mátalo pegoulle co nortello mandando o balón case á Rúa Nova estando na boca do xerro Patxi e Lilu que quedaron estupefactos. Demasiado premio para o Cacheiras e pouca fortuna para o Furia que, desta vez si, fixo un gran partido merecedor dos tres puntos.

O Abanqueiro, un duro rival, será quen nos visite o domingo as 16.30 horas. A ver se chove menos e todos ó campo.

 

 IDE PAGANDO OS CARNÉS E HALA FURIA  !!!!

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *