SEGUNDA AUTONÓMICA (15-I-12)

FURIA – 2 / CROCHA – 0

Campo Municipal “Ramón Diéguez” de Pontecesures; instalacións en perfectas condicións.

Colexiado : Honorino Raña, de Santiago. Non tivo problemas, aínda así amoestou con 10 amarelas os xogadores do equipo do Caramiñal e catro ós do Furia.

Alineacións :

FURIA : Peixe, Maleko, Juanjo, Salva, Manuel, Manolito, Robertiño, Tito, Manolo, Diego e Álvaro ……. Liluu, Ferro, Moncho e Marcos.

CROCHA : Roberto, Rodrigo, David, Pablo, Luías, Loxo, Estevo, Ángel, Benigno, Carlos e Héctor …….Xosé, Santi, Pepe, Xurxo e Xosé.

Dous golazos marcados na primeira parte foron suficientes para dobregar ó bo equipo da Poboa dirixido maxistralmente por Bautista Pérez, un vello coñecido do Furia.

Moi superior o noso equipo que de estar un pouco atinado Álvaro a goleada puido ser de escándalo.

O Primeiro tanto foi unha obra mestra de Diego ó golpear o balón dende fora da area,  na saída dun córner, coa esquerda o metela a presión na meta defendida por Roberto que é o xenro dun bo paisano de Bealo que ven pola nosa terra a vender pipas.

Roberto “de Nai” foi o autor do segundo e fermoso gol ó marcar de vaselina un pase perfecto de Diego.

Tiveron varias oportunidades Álvaro, Manolo, Tito, de Nai, Manolito ….. mais non foron quen de concretalas mentres o Crocha limitábase a defender e a saír a algunha contra sen moito éxito. Co 2 a 0 fomos ó descanso.

Todo o mundo a tomar café á cantina axudando a facer uns pesos para poder pagarlle ó árbitro.

Na segunda metade mais do mesmo. O Furia arriba e o Crocha defendendo e intentando saír ó contragolpe sen moito éxito. Peixe, Maleko, Juanjo e Salvador formaron unha lina defensiva insuperable.

Pero a partir do minuto 83 a cousa cambia un pouco. Tito ponse a facer unha chambonada no medio do campo roubando a pelota o Crocha e non marcando gol por pouco ó salvar Maleko debaixo dos paus co peito o disparo do dianteiro visitante desviando o balón a córner.

No minuto 89 o árbitro sinala penalti a prol do Crocha por unhas mans de Salvador ó defender un balón aéreo. Peixe, que tivo un día marabilloso, parou o lanzamento dedicándolle a parada a Pepe Zoco que, á vez, foi o agraciado cun lacón.

Púxosenos o corazón nun puño pero saímos ben parados.

Aínda houbo tempo para dúas ocasións mais. Un remate de cabeza de Juanjo e un disparo de Adrián Ferro que desviou moi ben Roberto.

Final do partido e aplausos mutuos dos xogadores e afección.

Dos nove puntos disputados en Porto conseguimos sete, que non están nada mal. Se gañamos domingo en Oleiros e despois ós nosos veciños o presidente ofrece unha mariscada. Veña, a pola mariscada.

VIVA O PRESIDENTE !!!!

VIVAN AS MARISCADAS !!!!!

VIVA O FURIA !!!!!!!!!