SEGUNDA AUTONÓMICA

Furia– 4 / Crocha– 2

Despois de varios domingos con tempo invernal por fin puidemos vivir unha tarde agradable, aínda que algo fría na recta final do partido. Foron aproximadamente 150 persoas as que asistiron o encontro, é de destacar o bo número de aficionados visitantes que se achegaron dende a Pobra.

 Empezou o partido e o Crocha parecía estar mellor colocado e controlando o xogo, froito deste dominio chegaría o primeiro gol visitante despois dun centro pola esquerda que remataba de cabeza o seu dianteiro sen oposición por parte dos defensores locais. Na primeira media hora o Furia non encontraba o seu sitio no campo e as perdidas de balóns eran constantes. A ocasión de gol máis clara neste primeiro acto foi un remate de Salva de cabeza despois do lanzamento dun saque de esquina. O último cuarto de hora empezaría a cambiar o partido e o Furia tería un maior control da pelota aínda que sen chegar con ocasións claras.

 Aínda non se cumprira o primeiro minuto de xogo da segunda parte e Manu Isorna puido empatar ó rematar dentro da área un balón morto pero o seu tiro sairía fora. No minuto 58 o Furia acadaría dous goles de forma consecutiva e ámbolos dous de Manolo, o primeiro un auténtico golazo xa que colleu o balón no medio do campo foise de tres contrarios e dende fora da área sacou un tiro imparable para o porteiro, o segundo o rematar un centro de Alvaro despois dunha internada pola dereita. Aínda así o Crocha non baixou os ánimos e dispuxo dunha ocasión clarísima para empatar pero Peixe con dúas intervencións maxistrais evitouno.

O Crocha apretaba e acadou o gol do empate no minuto 65 dun tiro de mais de trinta metros. O noso equipo súpose repoñer a este contratempo e continuou loitando para acadar os tres puntos. Sería Lula o que ó conseguiría acadando outros dou goles, o primeiro o rematar de cabeza un córner no minuto 80 e o segundo no derradeiro suspiro do partido ó roubar un balón no medio do campo regatear ó último defensa e meter o balón pola escuadra.

 En canto o Sr. colexiado dicir que estivo ben en termos xerais aínda que moi rigoroso ca expulsión de Ferro por dobre cartón amarelo. Por parte do Furia reclamóuselle un penalti por mans dun defensor do Crocha e por parte visitante pedirían a expulsión de Peixe por cortar un balón ca man, supostamente, fora da área.

 Conseguimos unha nova vitoria que parece que nos aloxa dos postos de descenso e pouco a pouco vámonos asomando a parte alta da táboa. Así as cousas estamos de 8 na clasificación con dous partidos menos. Por certo, xa temos datas para a disputa destes encontros: xogaremos os 35 minutos que restan do partido contra o Abanqueiro o sábado día 9 de marzo as 16:30 no campo da Charca de Boiro (recordamos que o resultado ata ese momento era de 0 – 2); o enfrontamento contra o Ribasar, que foi suspendido no seu día por motivos climatolóxicos, disputarase o xoves 28 de marzo (Xoves Santo) ás 17:00 en Ribasar.

XX TROFEO RÍAS BAIXAS

“TRES POR UN” XX TROFEO RÍAS BAIXAS “O SOL DA AROUSA”

Campo Municipal “Ramón Diéguez” de Pontecesures

18.00 | SD CARCACÍA – 2 / CD MOSTEIRO – 2 (Gañador a penaltis)

19.00 | FURIA AC – 1 “Tito” (Gañador a penaltis) / SD CARCACÍA – 1

20.00 | FURIA AC-1 “Cachenas” / CD MOSTEIRO – 0

ENTRADA GRATUÍTA …… SERVIZO DE CANTINA

CLASIFICACIÓN FINAL :

TERCEIRO CLASIFICADO : CD MOSTEIRO (1 PUNTO)

SEGUNDO CLASIFICADO : SD CARCACÍA (2 PUNTOS)

PRIMEIROS E CAMPIÓNS : FURIA AC (4 PUNTOS)

GRACIAS A TODOS POR PARTICIPAR DE XEITO ESPLÉNDIDO

Plantel xuvenil

De pé: Flores (Asesor Técnico), Bille, Miguel, Pablo, Temperán, Santos, Alex, Perreta (2º Adestrador), Carlos (Adestrador)

Aniñados: Javier, Alberto, David, Josiño, Jonathan, Quique, Luis David.